O PP priva a Galicia de 75 millóns de euros ao bloquear no Senado o obxectivo de déficit do Estado
O plan do Goberno de España permitía á Xunta gastar uns 75 millóns máis dos que ingrese en 2024, pero o veto dos populares no Senado obriga a pechar este ano "en equilibrio orzamentario". A decisión tamén afecta aos concellos, obrigados agora a lograren este ano un superávit do 0,2%
- Datos
- Economía
O traballo na hostalaría segue por riba das 40 horas semanais malia unha década de diminución
Os traballadores da hostalaría remataron 2023 cunha media dunhas 43 horas semanais en Galicia, mentres que as traballadoras roldaron as 38, segundo a EPA. É un dos sectores con máis horas traballadas, segundo os datos oficiais, aínda que o superan outros como agricultura ou construción. Entre as recomendacións do informe para a futura Lei de Usos do Tempo e Racionalización Horaria inclúese "promover o adianto dos horarios de peche da restauración" e tamén do comercio
As peticións de vivenda protexida á Xunta caen en 1.500 nun mes sen un só piso novo por caducidade das solicitudes
As inscricións no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida caeron dende case 18.200 a finais de xaneiro a algo menos de 16.600 no comezo de marzo. As solicitudes caducan aos tres anos e a renovación debe ser solicitada tres meses antes da caducidade nun contexto de escaseza de oferta que a Xunta di estar en condicións de remontar na nova lexislatura
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
O BNG, tras o 18F: pisar territorio co seu programa mentres procura máis fendas no PP
Oito anos despois da chegada de Pontón á portavocía nacional o BNG coida que, alén da evidencia da nova absoluta do PP, os resultados do 18F amosan correntes de fondos que, ben interpretadas, poden acabar coa formación no Goberno galego. A dirección observa un "novo ciclo" e dá por desaparecido o seu suposto "teito electoral" da formación que, cren, tamén logrou unha primeira entrada en electorado que nalgunha ocasión elixira os populares
- Datos
- Economía
A metade dos solicitantes de cortas de madeira nos montes galegos son pensionistas
Durante o ano 2022 cortáronse dez millóns e medio de metros cúbicos de madeira, case a metade tramitadas por persoas que percibían unah pensión. O 60% da madeira obtida é de eucalipto nun contexto no que Ortigueira é o concello con máis madeira cortada e as solicitudes tramitadas dende a cidade da Coruña, as que suman un maior volume de aproveitamento forestal
O Xacobeo segue aí: Ano Santo para o novo gabinete de Rueda no inicio do vindeiro ciclo electoral
Os patrocinios adxudicados por Turismo durante o Xacobeo 21-22 superaron os 25 millóns de euros. Volveranse intensificar cara ao ano electoral municipal de 2027, que tamén é Ano Santo e, polo tanto, ano de Xacobeo que o Goberno do PP asegura estar xa "preparando"
Fálase | O que votaron os barrios
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos con Vanesa Vázquez e Miguel Pardo aos barrios máis mozos do país, en Vigo e na Coruña, onde o amplo apoio do BNG levou a non pouca veciñanza a pensar, por unhas horas, que o 18F trouxera consigo o cambio político para Galicia
- Datos Crise de prezos
- Acontece
A poboación galega que non pode pagar por ter a casa á temperatura axeitada é a maior en quince anos
As dificultades económicas para poñer a calefacción chegan ao 21,5% da poboación, segundo a Enquisa de Condicións de Vida que vén de actualizar o INE e segundo a cal o risco de pobreza ou exclusión ascende ata o 25,5% no noso país, case dous puntos máis que un ano antes malia seguir por baixo da media estatal
15 anos no cargo e 75 de idade: máis olladas sobre a posible remuda do blindado director da CRTVG
Sánchez Izquierdo foi nomeado por Feijóo en 2009 ao abeiro da lei de 1984 que outorgaba ao Goberno a competencia de designar a direcció xeral dos medios públicos sen consultar o Parlamento. En 2015 a Xunta promoveu unha reforma da lei de medios que lle permitiu continuar no posto por tempo indefinido. Fontes consultadas apuntan á súa idade, ao cambio de lexislatura ou á necesidade de aliviar presión polos diversos conflitos abertos como motivos dunha eventual marcha
Consellos á esquerda galega tras non dar gobernado outra vez
David Lombao- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
O PSdeG aspira con Besteiro á ollada a medio prazo que logrou o BNG con Pontón
A interinidade nos liderados vén sendo unha das principais eivas do PSdeG nesta longa travesía de oposición. As primeiras reaccións orgánicas tras o pau electoral do 18F apuntan a que o lucense terá a oportunidade de construción dun proxecto galego para o partido que non puido culminar antes de verse obrigado a abandonar a política en 2016
- Análise 18F Eleccións galegas
- Política
O PP tamén lograría a absoluta o 18F sen a sobrerrepresentación de Lugo e Ourense
O sistema electoral outorga un mínimo de 10 escanos a todas as provincias e os restantes repártense en función da poboación, o que sobrerrepresenta a Lugo e Ourense. Se o mínimo provincial fose de 5 escanos e non de 10, o PP finalizaría a noite electoral con 38 escanos e non con 40, mentres que o PSdeG tería 11 e non 9. O BNG mantería os 25 que logrou e DO tamén obtería un representante