- Interactivo Orzamentos 2025
- Política
Vivenda e débeda protagonizan as subas nos Orzamentos da Xunta para 2025, que caen en ciencia
O Goberno entrega ao Parlamento o proxecto de contas públicas do ano vindeiro cun crecemento de case o 4%, ata os 15.362 millóns de euros. A suba politicamente máis relevante é a de vivenda, que quince anos despois volve estar dotada con máis de 200 millóns de euros nunha área na que son claves os fondos europeos. Sanidade e Educación tamén avanzan, pero por baixo da media do orzamento
Queremos Galego mobilízase ante a "emerxencia lingüística" e censura que a Xunta "bote a culpa á inmigración"
A plataforma convoca un "gran acto aberto" para o 17 de novembro en Santiago baixo o lema 'Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego'. "A Xunta ten que actuar onde ten competencia, no espazo público, coa política", subliñan para reclamar a aplicación do Plan Xeral de Normalización aprobado por unanimidade hai vinte anos como "base para recuperación do galego en todos os espazos"
Educación remite as ANPAs a peticións por lei de transparencia para coñeceren datos dos seus propios colexios
CIG Ensino considera unha "censura intolerable" que a Xefatura de Inspección da provincia de Lugo prohiba ás direccións dos centros facilitar información como número de estudantes ou unidades de cada centro ás asociacións de nais e pais que a solicitan. A Plataforma Galega na Defensa do Ensino Público chama a manifestarse "contra os recortes" nos centros educativos o vindeiro 26 de outubro en Santiago
Bravú XXX: Xurxo Souto volve cara a Chantada nun documental de música, memoria e futuro
Da man de Nós Televisión o escritor e líder dos Diplomáticos de Monte Alto percorre o país para, da man de protagonistas da escena musical presente e pasada, celebrar o trixésimo aniversario do movemento que xuntou os grupos rock que bouraban na Galicia dos 90. A estrea da peza en Chantada, o 25 de outubro, dará paso a semanas de celebración do bravú por diversos puntos de Galicia. Contra finais de ano o documental chegará ás plataformas de Movistar e R
- Datos Dereito á vivenda
- Política
As vivendas protexidas previstas pola Xunta ata 2028 só cobren un 20% da demanda
Os 3.500 pisos protexidos prometidos polo Goberno galego para esta lexislatura contrastan co non feito na década e media anterior e coas máis de 18.000 inscricións do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida, case a metade en Vigo e na Coruña
Xornalistas en Angrois e o que queda por contar
Con David Reinero, xornalista de Praza.gal, e mais con Aida Rosell (Europa Press) e Pablo González (La Voz de Galicia) analizamos as repercusións da sentenza polo accidente do Alvia e o percorrido que aínda fica por diante
- Crónica
- Política
Raíces galegas no aborrecemento ao fiscal xeral polo PP, que celebra a súa imputación
Álvaro García Ortiz, cunha dilatada traxectoria en Galicia como fiscal especializado en incendios e medio ambiente, está investigado no Supremo a instancias da parella de Ayuso, que o acusa de revelación de segredos no seu caso por fraude á Facenda pública. Foi visto como unha figura incómoda para os populares galegos polas súas consideracións sobre o caso Prestige ou ao negar a existencia dunha suposta trama de "terroristas incendiarios" á que se aferrou Feijóo na vaga de incendios forestais de 2017
- Datos Crise de prezos
- Economía
A curva dos prezos acouga tras acadar o seu máximo en catro décadas
O IPC quedou o pasado setembro en Galicia no 1,3% interanual. O custo da vida segue á alza, pero ao menor ritmo dende hai máis de tres anos. A baixada de prezos dos combustibles e a moderación ou mesmo redución nalgúns dos alimentos que máis se dispararan nos últimos anos, coma o aceite ou o azucre, claves do dato
- Datos As cifras do galego
- Acontece
A caída de galegofalantes triplica o descenso da poboación nada en Galicia en vinte anos
A poboación galega que naceu en territorio galego é algo menos dun 8% inferior á que había en 2003 e a que di falar "sempre" ou "máis" en galego retrocedeu máis dun 25%. Mentres, a poboación castelanfalante aumenta 35 puntos menos que o total de habitantes con orixe foránea. Os datos acreditan que é imposible explicar o retroceso no uso da lingua sen a súa caída entre as persoas que naceron en Galicia, especialmente entre a infancia e a adolescencia
- Datos As cifras do galego
- Cultura
Máis da metade da audiencia dos medios de comunicación reclama máis contido en galego
Entre o 51% e o 56% da poboación que consulta medios de comunicación en Galicia responde ao IGE que desexaría maior presenza do galego neles
A Xunta interpreta que o galego "segue a ser maioritario", a RAG urxe "un cambio de rumbo drástico"
O Goberno galego salienta ante os datos do IGE que "sete de cada dez persoas se comunican en lingua galega" e pon o foco na "poboación procedente do exterior" como fonte de "incremento de castelanfalantes" e "nicho de potenciais neofalantes". A Academia alerta de que se "achega un momento no que non se vai poder reverter a situación" e tanto BNG como PSdeG consideran que as cifras reflicten unha "situación límite"
- Datos As cifras do galego
- Acontece
O castelán xa é o idioma predominante en Galicia
A poboación que declara falar acotío "sempre" en castelán achégase ao 30% e a que o fai en galego cae por baixo do 24%, segundo os datos que vén de actualizar o IGE. As persoas que falan sempre ou máis en galego quedan nun 45% e as que optan sempre ou máis polo castelán chegan ao 52,94%