Rueda, investido presidente para a lexislatura do récord do PP
Sen abandonar o ton de campaña contra BNG e PSdeG, o líder popular culmina a súa investidura afirmando que agora "toca remar todos xuntos". Asegura que vai gobernar "con humildade, con firmeza e por Galicia" mentres Pontón e Besteiro se brindan a acordos para "defender" o país
Pontón erixe o BNG en "goberno alternativo" e ofrece acordos en sanidade, vivenda, enerxía e "rexeneración democrática"
A líder do Bloque pide a Rueda non "desprezar a man tendida" dun grupo parlamentario que procurará "política de luces longas, "lonxe da crispación que o PP está instalando na vida pública"
O goberno do PP en Ferrol cancela o galego nos contratos do Concello e despois recúa
O consistorio ferrolán pasa a redactar os contratos "exclusivamente en lingua española" aludindo motivos de "axilidade", segundo unha instrución interna que entra en vigor este 11 de abril
Promesas "enlatadas" dun candidato sen "ambición": o discurso de Rueda na ollada de BNG e PSdeG
Pontón ve a Rueda instalado no "día da marmota", sen ningún "proxecto de país" e "confundindo a realidade coa visión idílica que constrúe a TVG". Besteiro lamenta que o líder popular bosquexe unha lexislatura baseada no "ataque constante ao Goberno de España" e pon o foco en que "evitase deliberadamente" falar da transferencia das competencias pendentes
Rueda promete máis "sentidiño" fronte ao Estado e recoloca competencias económicas da Xunta
Nun discurso con máis ton de trámite que de paixón, o candidato do PP anuncia traslados de competencias de solo industrial, enerxía ou emigración entre consellerías e, en clave de confrontación co Goberno de España, a creación dunha dirección "de asuntos constitucionais". No inicio da investidura reitera promesas xa lanzadas en campaña como a gratuidade de matrículas universitarias para "alumnos que se esforcen e superen as materias" ou novas rebaixas de impostos ás herdanzas
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Rueda, investidura e "un pouco de paciencia"
Nas semanas previas á convocatoria electoral os partidos manexaban enquisas segundo as cales o conselleiro máis coñecido era descoñecido para medio país e que a maioría do Consello da Xunta eran persoas ignotas para arredor do 70% da poboación. Nos anos de Feijóo Xunta e PP esforzáronse por potenciar un único nome, o do presidente, nun Goberno cuxa "estrutura" di Rueda que agora si vai mudar tras a investidura que principia este martes. Nomes coma os de Valentín García ou José López Campos soan para entrar nun gabinete do que só é seguro que sae Ethel Vázquez
Anatomía dos fondos Next en Galicia: 1.545 millóns, a metade xa asignados e o 76% para empresas
Contando as convocatorias xestionadas dende o Goberno de España, os fondos Next Generation chegados a Galicia ascenden ata case 3.300 millóns. Euskadi é a autonomía que máis fondos adxudicou dentro do total asignado e Galicia, a que máis distribuíu dos que xa convocou. Os regadíos da Limia ou iniciativas en materia enerxética, entre os "proxectos emblemáticos" galegos que destaca o Estado
- Datos
- Economía
Os impostos cos que Feijóo acusa a Sánchez de "forrarse" disparan un 20% os ingresos da Xunta
Segundo o Ministerio de Facenda, a recadación de impostos da Xunta aumentou nuns 1.255 millóns durante o pasado ano, na liña do estimado polo Goberno galego ao elaborar os seus orzamentos
Fálase | Da anestesia política galega ao doutor Slump
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, tentamos pasar á sección de espertar para ver se, entre a anestesia, temos algo que falar sobre o panorama político do país saído das eleccións que (lembran?) se celebraron hai xa case dous meses. Ademais, Vanesa Vázquez preséntanos os primeiros contidos da nova xeira de VINTE, unha revista en transición
A memoria histórica e a Xunta: só por orde do Estado e como "actividades culturais"
As políticas de memoria histórica activadas na Xunta co Goberno PSdeG-BNG foron canceladas co retorno do PP en 2009. A decisión ecoa agora nas derrogacións de leis de memoria por gobernos autonómicos dos populares con Vox. Os sucesivos Executivos do PP ignoráronas ata que o actual Goberno de España impuxo obrigas económicas co Plan Cuadrienal de Memoria Democrática para labores como a exhumación de vítimas, que a Xunta canaliza mediante convenios coa USC, cuxo grupo de investigación Histagra asume as tarefas integramente
- Datos
- Economía
O marzo con máis cotizantes á Seguridade Social en Galicia dende hai 16 anos
Galicia chegou en marzo ás 1,06 millóns de persoas afiliadas á Seguridade Social. Co obvio impulso da Semana Santa, as cifras de emprego melloran mentres caen as de contratos asinados e o desemprego rexistrado descende a mínimos da serie histórica. A dirección central do PP atribúe os bos datos de emprego e paro á "maquillaxe" e a cifras "enganosas" mentres a Xunta aplaude o resultado e destaca a caída do desemprego rexistrado "en todos os sectores" e especialmente entre mulleres e menores de 30 anos
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Do 18F á pugna contra a anestesia
43 días despois das eleccións, o calendario e a continuidade emanada das urnas contribuíron a reducir as pulsacións da esfera política e institucional galega a practicamente cero. Tras as constitucións da Deputación Permanente e das comisións, celebradas este luns, o presidente do Parlamento recibe este martes os grupos e proclama a Rueda como candidato á Xunta mentres emerxen os primeiros tirapuxas da lexislatura