- 📺 Video Caso Villares
- Política
Dimite o conselleiro do Mar ao ser imputado tras unha denuncia por agresión sexual
Alfonso Villares declárase como "absolutamente inocente" e di confiar en que o caso se "resolva" o "máis rápido posible" e "poida reincorporarme á miña vida política". BNG e PSdeG esixen explicacións ao presidente da Xunta
A Xunta frea a súa residencia de maiores 'estrela' alegando restricións polas riadas de València
O histórico cambio político que situou en 2023 ao BNG na alcaldía de Ribeira é un contexto imprescindible para entender a controversia xerada pola repentina renuncia de Política Social a construír o primeiro centro do seu "novo modelo de coidados" no terreo que o Concello lle cedeu hai catro anos. A Consellería de Fabiola García baséase en que o Goberno de España amosou a intención de endurecer as condicións para poder construír en contornas coma esta, con risco futuro de inundación.
- Datos
- Economía
Galicia acada tras 17 anos tantos cotizantes como antes da caída de Lehman Brothers
As 1,095 millóns de persoas cotizando á Seguridade Social durante o pasado maio supoñen igualar unha cifra á que o mercado laboral galego non daba chegado dende xullo de 2008. As 111.641 inscricións no paro rexistrado son outro mínimo da serie histórica iniciada en 1996. Os dez meses con menos desemprego dende que hai rexistros comparables concéntranse entre 2024 e 2025
- Crónica
- Política
"Manifestación e alboroto"
Conscientes das claves do histórico resultado do BNG en 2024, os populares veñen despregando unha estratexia encamiñada a facer ver que "só propoñen manifestación e alboroto" para "lograr o que non conseguiron nas urnas a través de esaxeración e conflitividade social". Ao tempo, dende Madrid proclama que "á espera de encher as urnas", cómpre "encher as rúas" contra o Goberno de España e Pedro Sánchez, a quen atribúe "prácticas mafiosas"
Medicina de familia en Burela, derradeira do Estado en dar cuberto as prazas MIR
Ao contrario que en anos anteriores Galicia logra asignar todas as prazas de formación sanitaria especializada, o mesmo que as demais autonomías, tras axustes no sistema de elección como a volta á presencialidade. As doce prazas finais escollidas polos MIR de todo o Estado foron en Medicina Familiar na provincia de Lugo e só unha área sanitaria galega, a da Coruña, completou as súas prazas días antes do remate do proceso de elección
Costas nega á parella de Feijóo a concesión do acceso á praia do seu chalé en Moaña
A Dirección Xeral de Costas do Goberno de España vén de rexeitar a solicitude de Eva Cárdenas para o acceso directo á praia do Con desde a súa vivenda en Moaña
Pontón sinala Pazo de Vilane como "exemplo perfecto" de "riqueza no rural" fronte á "bomba" de Altri
A empresa fundada pola familia Varela-Portas rolda os 90 postos de traballo e pon no mercado uns cinco millóns de ducias de ovos campeiros ao ano. "Inexplicablemente, esta riqueza e este emprego, este rural vivo e activo, está ameazado pola teima do PP en impoñer Altri", di a portavoz nacional do Bloque para animar a participar este domingo na "marcha contra as macrocelulosas" en Pontevedra
A Xunta recibe o embaixador de Israel en pleno masacre de Gaza
O director xeral de Relacións Exteriores conversa sobre "actualidade política, económica e comercial" con Dan Poraz, encargado de negocios da embaixada israelí e actual responsable en funcións da legación diplomática, nun encontro non incluído na axenda pública e só divulgado a posteriori
A candidata do PP á CRTVG esgrime as súas "decisións capitais" nos informativos como aval para o posto
Os populares eloxian a súa aspirante como "impecable" e con "excelente praxe profesional" e aseguran que son nacionalistas e socialistas quen "tratan de interferir no traballo dos xornalistas". Rodil (BNG) pide a Concha Pombo que "free a deriva" da que participou como directiva "dunha das etapas máis nefastas para o pluralismo" nos medios públicos. "Había tres candidatos: Feijóo, Rueda e vostede e elixiron á máis radical", ironiza Longueira (PSdeG)
- 📺 Crónica
- Política
Medra a indisimulada hostilidade do PP contra o (seu?) presidente do Parlamento
Unha cuestión formal na votación de emendas a unha iniciativa do PSdeG fai emerxer novos reproches da cúpula do PP contra Miguel Santalices, con quen a número dous do partido xa mantivera un enfrontamento público hai poucos meses. As novas tensións chegan pouco despois dos enésimos rumores sobre unha eventual marcha do xefe do lexislativo, que el mesmo se afanou en arrefriar
Absolto o condenado por cómplice do asasinato de Samuel Luiz e ratificadas as penas dos autores do crime
O Tribunal Superior de Xustiza sentencia que o xurado condenou sen probas a Alejandro M.R. porque "ningún dos testemuños" nin as gravacións de vídeo acreditan que golpease a Samuel, "impedise que o axudasen" ou non se "desvinculase" do grupo agresor. O ditame ve probado que o principal acusado "interpretou" que Samuel "era homosexual" e a "súa animadversión" cara a esa "condición" foi a que "desencadeou a reacción totalmente agresiva" na malleira mortal á que se sumaron os outros condenados
Política Social asegura que crea agora o rexistro de familias monoparentais anunciado dende 2010
A Xunta anunciou por primeira vez hai 15 anos a inminente aprobación do Rexistro de Familias Monoparentais, regulado por lei en 2011 e outra volta en 2021, cando o volveu lanzar. Agora, ao instaurar o trámite para solicitar o certificado para estas unidades familiares por vía electrónica, afirma que si o vai abrir