A OPA do BBVA ao Sabadell en Galicia: superpostos en 43 concellos e disolución dos restos do Gallego
Hai tempo que o que noutrora puido ser considerado sistema financeiro galego desapareceu como tal. Se entendemos por sistema un conxunto de varios elementos que forman un todo. En rigor, a única entidade galega que sobreviviu como tal á marxe das quebras, rescates ou compras obrigadas foi a Caixa Rural Galega. Así foi especialmente dende que o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) adxudicou ao venezolano Banesco a poxa de Novagalicia Banco, a entidade resultante do rescate de Novacaixagalicia, froito da fusión fracasada de Caixa Galicia con Caixanova.
Contas volve esixir transparencia e "control público" na empresa coa que a Xunta impulsa o proxecto de Altri
O ente fiscalizador das contas públicas insta por segunda vez o Goberno galego a "arbitrar as medidas oportunas para transparentar a actuación financeira" de Impulsa Galicia, que debe ser tratada como empresa pública porque, aínda que a Xunta a controla directamente nun 40%, a través de Sogama chega ao 50% dos "dereitos de voto". O Executivo rexeita a recomendación
O Constitucional impide á Xunta limitar a 15 anos o prazo para actuar contra obras ilegais na costa
O tribunal de garantías atende o recurso do Goberno de España e anula os artigos da lei de acompañamento dos primeiros orzamentos de Rueda nos que se limitaba a actuar contra obras ilegais no litoral rematadas nun máximo da anterior década e media
- 📺
- Política
O PSdeG pide ser acusación na causa "polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco" que recibiu Montoro
Os socialistas galegos queren ser "parte no procedemento contra Montoro e a súa policía patriótica no Ministerio de Facenda", subliñan que Besteiro e Orozco "foron vítimas dunha longa persecución xudicial que os afastou inxustamente da política" e piden "aclarar se Rueda e Feijóo sabían algo".
O custo real dos recortes de impostos disparouse a 666 millóns na Xunta no ano da marcha de Feijóo
O Consello de Contas certifica que no ano da dimisión do ex-presidente as rebaixas de impostos non se compensaron con subas doutros tributos, dando lugar a ese custo real. O Goberno galego di que agora si acepta a reiterada reclamación do ente fiscalizador para avaliar os efectos dos seus "beneficios fiscais"
A Deputación de Lugo descobre que o PP vendeu 60.000 metros urbanizables públicos a tres días de perder o poder
O socialista José Tomé, actual presidente, asegura que a operación formalizada polo goberno de Cacharro en xullo de 2007 por 3 millóns foi descuberta hai apenas un mes, cando a institución provincial se dispuña a renovar os equipamentos do parque de Paradai, na contorna dos terreos. "Algunhas" das 66 parcelas vendidas "a un particular" mesmo levaban "mobiliario urbano incluído", asegura, que di que o revela "por hixiene democrática"
Case a metade do persoal do Sergas era temporal cando marchou Feijóo
No ano 2022, agora analizado polo Consello de Contas, a temporalidade no Servizo Galego de Saúde aumentou en 1,5 puntos tras baixar notablemente as eventualidades, pero aumentar case un 15% o persoal en réximes como as interinidades. O órgano fiscalizador das contas públicas advirte de que Sanidade orzamenta menos prazas das que finalmente precisa
- Datos
- Economía
O abril con máis cotizantes en década e media marca outro mínimo de inscricións no paro en Galicia
Malia un crecemento menor á media do Estado, onde se acadan os 21 millóns de cotizantes, a afiliación media á Seguridade Social en Galicia é a mellor nun mes de abril dende a caída de Lehman Brothers en 2008. A CIG ve o mercado laboral marcado pola temporalidade, UGT resalta a súa redución grazas á reforma laboral. O Goberno galego do PP congratúlase duns datos de paro rexistrado que considera "histórico" mentres a dirección central do PP os atribúe á "maquillaxe"
O ex-ministro Montoro foi alertado de rexistros do caso Pokémon en Lugo antes de que se producisen
'El Periódico de España' revela correos nos que o daquela xefe de gabinete do ministro adianta intervencións ordenadas pola xuíza De Lara a Vixilancia Aduaneira, corpo dependente do Ministerio de Facenda ao que usaba como policía xudicial, na Deputación e no Concello de Lugo, na altura con gobernos que encabezaban os socialistas Besteiro e Orozco
Europeas 9X: xa están aquí (e poden pactar entre eles)
O debate público en torno ás europeas do 9X está en mínimos absolutos mentres o PP Europeo se abre a través de Von der Leyen a pactos coa extrema dereita que mudarian as alianzas que rexen a política continental dende hai décadas. En Galicia, cando menos de momento, a cuestión segue pasando amplamente desapercibida mentres o PP volve sinalar como referente a Millán Mon. Cabe agardar que tanto o socialista Casares como a nacionalista Miranda si poñan máis o foco no risco dun eventual pacto do PP cos ultras
Día da Liberdade de Prensa en Galicia: das eternas materias pendentes á lei europea que vén
A nova lei europea de Liberdade dos Medios de Comunicación, a piques de entrar en vigor, fixa novas obrigas como a publicación anual do destino dos fondos destinados a publicidade institucional por parte dos gobernos de todos os niveis. Mentres, en Galicia, a dirección xeral dos medios públicos nunca foi escollida coa maioría reforzada que marca a lei e, ao tempo, o ex-presidente Feijóo asegura "representar" o voto para "protexer" a liberdade de prensa
Respostas á arenga de Feijóo pola "prensa libre": "Puido empezar polos medios públicos galegos"
Defende a Galega ironiza co chamamento do líder do PP tras case seis anos de mobilización esixindo o cumprimento íntegro da lei da CRTVG e a fin da "manipulación". Ante o debate aberto no Estado, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lembra que as entidades profesionais levan décadas reclamando medidas como "reformar a lexislación sobre axudas a medios e publicidade institucional" ou "estabelecer organismos reguladores da comunicación".