A Xunta frea de vez na controvertida autovía á beira do río Rato que 'resucitou' nas municipais de Lugo
En vésperas das pasadas municipais a Xunta reactivou o proxecto da Rolda Leste de Lugo, cuxo primeiro treito foi construído hai década e media a partir dunha avaliación ambiental de 2004, e agromou a oposición a un proxecto que impactaría de cheo en plena Reserva da Biosfera das Terras do Miño. Infraestruturas admite a influencia das alegacións que "consideraban excesiva a afección ambiental" da obra para decidir que "o máis oportuno" é "unha nova avaliación de impacto ambiental" e deixar "sen efecto" todos os trámites
Non só tentar conciliar: o "dereito ao tempo" entra na axenda das eleccións europeas
O manifesto da 'Time Use Initiative' procura a implicación das forzas políticas que concorren ao 9X nun contexto no que unha de cada cinco persoas na UE "non teñen literalmente un minuto para si mesmas". Ana Miranda ou Irene Montero, entre as candidatas que xa asinaron un manifesto que propón medidas como cancelar o cambio horario estacional ou a redución da xornada laboral, xunto a outras como campañas de concienciación ou maior calidade dos datos neste ámbito
Feijóo volve abrir a porta a condicionar a selectividade en Galicia ao ditado pola cúpula estatal do PP
O ex-presidente asegura que "as comunidades autónomas do PP" acordaron implantar unha "EBAU homoxenea" que, defende, sería "xusta" en contraste cos actuais exames. En Galicia a organización da ABAU depende da Comisión Interuniversitaria, na que colaboran as tres universidades e a Xunta. O acceso aos estudos universitarios non depende só dos exames da selectividade, senón tamén do Bacharelato
- Entrevista | Nicolás G. Casares Europeas 9X
- Política
"O PP faille as beiras á ultradereita, en paralos vainos a vida do proxecto europeo e dos dereitos e liberdades"
"Non só pretendemos ser a voz de Galicia en Europa, tamén temos influencia real: lexislei máis nunha lexislatura que todo o resto de eurodeputados galegos xuntos nos últimos quince anos", afirma o referente do PSdeG na candidatura do PSOE ás eleccións europeas. Conversamos con González Casares, que aspira a unha segunda lexislatura como eurodeputado, sobre transición ecolóxica, o papel da UE no conflitos internacionais en marcha ou as repercusións para Galicia de normas comunitarias en ámbitos como a AP-9 ou os medios de comunicación públicos
- Datos
- Política
A pobreza infantil en Galicia: lonxe dos obxectivos da Axenda 2030, pero por baixo da media estatal
Galicia pechou 2023 cunha taxa de risco de pobreza infantil do 25,8%, un crecemento de nove décimas "menos intenso" que a media. Para cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible habería que chegar a 2030 cun 14,4% de risco de pobreza infantil. A Plataforma de Infancia subliña a "clara correlación entre o esforzo económico público en prestacións familiares" e "taxas máis baixas de pobreza infantil"
Fálase | Entrevista con Ana Miranda: "Son unha deputada antifascista e por iso me insultan"
Recibimos neste episodio do Fálase a Ana Miranda, eurodeputada do BNG e candidata a seguir séndoo os vindeiros cinco anos. "O escano do BNG ten unha axenda galega sen render contas: gobernamos nós a nosa casa, tamén no Parlamento Europeo", defende nesta entrevista, na que que subliña a importancia duns comicios que tamén ve clave para frear a extrema dereita
Galicia, última do Estado en gasto social por habitante na fin da 'era Feijóo'
Un informe de Fedea conclúe que o conxunto das autonomías xa recuperou e superou en termos reais o gasto social previo aos recortes cuxa existencia negara Feijóo, aínda que no caso galego o incremento foi inferior á media. Galicia destaca por ter un dos aumentos "máis modestos" no orzamento educativo nun documento que tamén salienta que a "mellora do Estado do Benestar" non "se podería materializar" sen as achegas extraordinarias do Estado pola COVID
Feijóo e Israel: da declaración que virou Galicia en "inimiga" ás mencións dun ministro de Netanyahu
Hai agora dez anos, Israel sinalou o Parlamento galego como parte dos seus "peores e máis extremistas inimigos" por unha declaración institucional de solidariedade co pobo palestino. Como presidente da Xunta, Feijóo atribuírao a unha "mala interpretación". Na actualidade, O ministro de Exteriores israelí inclúe mencións ao agora líder do PP nas mensaxes nas que acusa a a Pedro Sánchez de "premiar a Hamás" e promover un "Estado terrorista" e ameaza con "facer dano en resposta"
Unha mudanza, un concello sen contas e estabilidade: as cidades galegas, un ano tras as municipais
Fronte ao 'tsunami' da dereita que marcou as municipais a nivel estatal, en Galicia a esquerda logrou revalidar o groso do poder local malia ao avance en votos dun PP que tivo en Ferrol e a Deputación de Pontevedra os principais logros. Doce meses despois, Lugo viviu unha remuda na alcaldía e Ourense é a única das sete principais cidades sen orzamentos aprobados
- Entrevista | Ana Miranda Europeas 9X
- Política
"Se Galiza tivo relevancia en Europa nestes anos foi por levar o BNG os temas galegos"
"O escano do BNG ten unha axenda galega sen render contas: gobernamos nós a nosa casa, tamén no Parlamento Europeo", defende a candidata do Bloque ás eleccións do 9X, que subliña a importancia duns comicios que tamén ve clave para frear a extrema dereita. Conversamos con Ana Miranda sobre o seu labor na Eurocámara e as súas prioridades para unha nova lexislatura na que aspira a lograr "escano completo"
O orzamento de acceso á vivenda aséntase entre os menos gastados da Xunta: 32 millóns parados en tres anos
O Goberno galego admite ao Consello de Contas que a partida de acceso á vivenda está entre "os programas cun nivel de execución máis baixa" dos seus Orzamentos, ata quedar en 2022 nun 8,8%. Cando menos en 2020, 2021 e 2022 este programa das contas públicas estivo entre as escasas partidas que non chegaron ao 50% de gasto comprometido
A Xunta asume que volverá faltar persoal médico de familia no verán e pide que o Estado o solucione
O conselleiro Caamaño defende que a falta de persoal médico de Primaria no verán é "un asunto de competencia estatal" e pide unha reunión "urxente" á ministra de Sanidade. En realidade, o emprazamento parte da dirección estatal do PP como reproche a Mónica García. tras participar nunha manifestación contra a xestión sanitaria de Ayuso. Hai dous anos, o Sergas e o Concello de Sanxenxo ofreceron pisos de balde a persoal médico de fóra de Galicia que fose traballar a centros de saúde da vila durante o verán