O Congreso inicia por terceira vez o trámite do traspaso da AP-9
A lei galega reinicia percorrido no Congreso cunha maioría tan ampla como as incertezas que a rodean e entre reproches á prórroga da concesión aprobada por Aznar no 2000 que agora cuestiona a UE. Pazos (PP), Pontón (BNG) e Besteiro (PSdeG) poñen voz á demanda da Cámara galega e cadran na petición tanto do traspaso como nos avances cara á fin das peaxes
O PSdeG de Ourense concreta en 14 puntos a oferta a PP e BNG para botar a Jácome
Os socialistas aseguran que detectaron en populares e nacionalistas "vontade política" para acordaren unha moción de censura e por iso dan "o seguinte paso" propoñendo un plan de 14 medidas que inclúen orzamentos ou o novo PXOM, pero que obvia a cor política que tería a nova alcaldía. Ante os primeiros movementos, Jácome asegurou propoñer a PSdeG e BNG outra censura: na Deputación para desbancar ao PP
- Análise Europeas 9X
- Política
O BNG impera na esquerda alén PSdeG dez anos despois de xermolar as mareas
Nas europeas de hai dez anos a irrupción de Podemos e o ascenso das forzas que participaban en AGE fora clave nun contexto de devalo do bipartidismo e de crise do BNG. O Bloque obtén o seu mellor resultado nunhas europeas dende 1999 e o maior apoio cidadáns nestes comicios ao celebrarse sen cadrar na mesma data ca outros, como as municipais. Santiago é a cidade onde as forzas á esquerda do PSdeG obteñen máis apoio nun contexto marcado polo relevante ascenso do Bloque, que exerce a alcaldía dende hai un ano
- Crónica Europeas 9X
- Política
O PP gaña pero Feijóo non esmaga, o PSOE resiste, o BNG sorrí
A dirección estatal do PP, que en boa medida é a antiga cúpula do PPdeG, non logra reproducir en España a hexemonía que tivo en Galicia malia facerlle a parcelaria a C's mentre ascenden os ultras. Tras os paus de 2014 e 2019, os populares galegos volven celebrar sen reservas nunhas europeas nas que o PSdeG cre que emprendeu a "senda da reactivación". O BNG, o que máis medra na súa coalición, dá por cumprido o obxectivo do "escano galego"
O PP vence con amplitude en Galicia e o BNG logra escano de seu
O PSdeG perde a súa inusual primeira posición de 2019 tras retroceder oito puntos; o Bloque avanza máis de catro e celebra a consecución do escano para Ana Miranda. Consulta aquí os resultados do 9X concello a concello
O PP, primeiro nas europeas con dous escanos máis que o PSOE
O PP gaña sen esmagar tras avanzar 9 escanos, o PSOE perde un só escano e a extrema dereita pasa 4 a 9 representantes. O BNG principiará a lexislatura con escano na Eurocámara ao repetir a coalición Agora Repúblicas con tres representantes
- Crónica Europeas 9X
- Política
Fin de campaña e de ciclo electoral con Europa ao fondo
O 9X pecha o ciclo electoral aberto polas municipais de hai apenas un ano. A sensación de campaña non foi especialmente elevada entre a poboación malia á forte tensión entre as principais forzas de ámbito estatal nunha campaña na que, por veces, Europa semellou pouco máis ca un pano de fondo malia á transcendencia dos comicios. Repasamos as mensaxes das principais forzas na recta final da carreira ás urnas
Os desafiuzamentos multiplicaron por 19 os novos casos de ocupacións en Galicia no inicio de 2024
Nos primeiros tres meses do ano os xulgados rexistraron apenas 17 casos novos de ocupacións ilegais fronte a 277 desafiuzamentos por impagamentos de alugueiro e 47 desaloxos en vivendas hipotecadas. Dende que hai datos comparables, os desafiuzamentos son entre once e vinte veces máis que os novos casos de ocupacións en Galicia
O PP promete "velar" por cumprir a lei europea de medios de comunicación só en RTVE e na Axencia EFE
No seu programa para as europeas, presentado a cinco días dos comiciós, os de Feijóo prometen "velar pola correcta aplicación" da nova lei europea de medios para "defender a independencia de RTVE e da Axencia EFE" e "corrixir os abusos do Goberno na publicidade institucional" tras impedir que a Eurocámara abordase a situación da CRTVG. O programa popular inclúe tamén un "rexistro europeo de okupas" e suxire a equiparación dos impagamentos de alugueiro con ocupacións ilegais
Fálase | Nicolás G. Casares: "Lexislei máis nunha lexislatura que o resto de eurodeputados galegos en 15 anos"
Entrevistamos o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, referente do PSdeG na candidatura do PSOE para as eleccións europeas do 9X. Con el conversamos sobre o balance do seu labor na Eurocámara en áreas como a reforma do mercado eléctrico e abordamos asuntos como a transición ecolóxica, o proxecto de Altri ou os riscos dun continente gobernado pola dereita e a extrema dereita
Sen 'indulto' aos centos de pisos turísticos irregulares en Santiago: "É unha aposta polo interese xeral"
Só 24 pisos turísticos que operan en Compostela teñen licenza municipal e cumpren as limitacións urbanísticas vixentes. Mentres, só no rexistro turístico da Xunta están inscritos na cidade máis de 800. Alén dos pisos turísticos a tempo completo que son legais, só é posible o alugueiro turístico un máximo de 60 días por ano se o resto do tempo o uso é de vivenda habitual. "Non son a única causa da escaseza de vivendas dispoñibles para uso residencial nin da suba de prezos, pero intensifican o problema", advirte a alcaldesa
- Datos
- Economía
O mercado laboral galego rolda xa en maio o máximo de cotizantes que logrou o pasado verán
O incremento interanual dun 1,72% de cotizantes na Seguridade Social rexístrase mentres diminúe o número de contratos asinados nun mes no que o 34% das contratacións rexistradas en Galicia foron indefinidas e o desemprego rexistrado, con apenas 122.000 persoas, rexistrou outro mínimo dende que hai datos comparables. Xunta e Goberno de España celebran os datos de paro e emprego de maio, que a dirección central do PP volve atribuír á "maquillaxe" e á "precariedade"