David Lombao

David Lombao

Xornalista galego. De Lugo. Traballei e aprendín na Cadena SER, Radio Voz e Xornal de Galicia. Director de Praza.gal. 

  • O PP pon no albo o Consello da Cultura polo seu crítico informe sobre Altri

    Os populares reeditan, a conta do informe do CCG sobre Altri, posturas ensaiadas tras retornaren á Xunta en 2009, cando racharon tabús como cargar abertamente contra a RAG ou o propio CCG por opoñérense ao seu decreto lingüístico. "Que fai un órgano especializado na cultura valorando unha instalación industrial", cuestionan, reducindo as persoas expertas que o elaboraron a membros da "órbita do BNG"

  • Menos emprego do prometido, máis eucalipto e riscos: duro informe do Consello da Cultura sobre Altri

    Unha decena de persoas expertas elaboran para o CCG un documento tan amplo coma crítico sobre a fábrica de celulosa que Altri promove da man da Xunta e Greenalia. Estima que xeraría uns 550 empregos na economía galega, 281 directos, cifras "moi inferiores ás anunciadas" pola compañía, que fala de medio milleiro directos e uns 2.000 indirectos. Advirte de que "non sería posible abastecer a nova planta sen incrementar substancialmente a área ocupada por plantacións de eucalipto en Galicia" ou, no seu defecto, sen importar madeira

  • Galicia sofre a menor destrución de emprego na fin de agosto no que vai de década

    A diferenza entre a media mensual de cotizantes á Seguridade Social e o derradeiro día do mes reduciuse a apenas 3.000 persoas en agosto. O total queda nuns 1,092 millóns, o que implica seguir nas maiores cifras dende o estoupido da crise de 2008. Mentres, as inscricións nas oficinas de emprego soben apenas un 0,54% e o paro rexistrado queda un 7,08% por baixo do de hai un ano

  • Queimar o lixo sae caro: claves do novo tarifazo de Sogama

    As dúas subas do canon de Sogama disparan o 'recibo' do lixo da Xunta aos concellos un 60%. Na liña do marcado pola UE para fomentar a reciclaxe, a normativa estatal grava dende 2023 con novos impostos a incineración do lixo, clave do modelo de Sogama, que queima máis da metade dos refugallos urbanos que recibe para xerar electricidade da man de Naturgy

  • 15.000 mexillóns de río, de mudanza en Lugo

    A Confederación Hidrográfica Miño-Sil principia o traslado destes exemplares, considerados especies vulnerables, como paso previo á reparación do caneiro da Acea de Olga e do antigo muíño que durante décadas acolleu un restaurante. Os mergulladores localizan os mexillóns e recóllenos "un por un". A continuación son trasladados en recipientes isotermos en lotes de 750 ata doce treitos do río augas abaixo

  • A nova lei da CRTVG permitirá nomear a dirección só cos votos do PP

    A Xunta lanza unha nova lei para os medios públicos tras máis dunha década sen cumprir a vixente en aspectos como nomear por maioría parlamentaria reforzada ao director xeral'. A CRTVG pasará a denominarse "Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia" e Rueda asegura que seguirá con "programas e servizos 100% en lingua galega", se ben a nova lei abre a porta ao "uso doutras linguas" para "dar a coñecer a identidade cultural de Galicia fóra da comunidade autónoma". "Castelán e inglés, basicamente", especifica

  • Galicia ten as mellores taxas laborais dende a gran recesión con máis emprego e paro que hai un ano

    As taxas de emprego e paro en Galicia son as mellores dende a gran recesión. Pero, ao contrario que a media estatal, ningunha delas é aínda máis positiva que antes daquel crack global. Hai máis xente traballando e tamén máis buscando emprego. Explícase, sobre todo, polo incremento de poboación de orixe estranxeira no mercado laboral galego, onde así e todo segue sendo escasa con apenas 95.000 persoas. O 86% da poboación ocupada traballa a xornada completa, un nivel moi estable dende hai anos nun contexto no que o sector servizos segue sendo clave

  • A gran simulación

    A ofrenda rexia ao Apóstolo é ben anterior ás Irmandades e á súa elección do 25 de xullo como "Día de Galicia" e á autonomía política galega e, en todo caso, allea a ambas. Mesmo as ditaduras do século XX a empregaron como contraposición ou parte da represión contra o galeguismo político. A abdicación do Goberno galego a respecto do Día Nacional de Galicia contribúe a acrecentar unha caste de simulacro no que se presentan como parte da celebración da personalidade política do país eventos que non son tal

  • "A sentenza de Angrois é un triunfo de todos, antes de inaugurar unha liña sen seguridade vano pensar"

    "Agora hai unha sentenza que di que aparte do maquinista o responsable é Adif. O ridículo dos nosos gobernantes cos seus enganos foi terrible", afirma o presidente da Plataforma Víctimas Alvia 04155 tras o primeiro ditame xudicial sobre o sinistro. A "verdade oficial", salienta, sinalou unicamente o condutor do tren "para eludir responsabilidades políticas. Había présas por inaugurar e por que os trens tardasen o menos posible. E de aí o denominado pacto da curva de Ana Pastor e Rubalcaba"

  • A principal plataforma de vítimas de Angrois ve "impecable" a sentenza: "Dinamita a verdade oficial"

    "Once anos despois demóstrase xuridicamente que isto foi unha traxedia evitable debida á cobiza, ás présas, á covardía, ás mentiras e a neglixencias de moita xente e institucións moi poderosas", afirma a Plataforma Víctimas Alvia 04155 tras o ditame xudicial, e esixe "que pidan perdón todas as persoas e institucións que non fixeron o seu traballo, que nos mentiron dicindo que a liña contaba cos sistemas de protección" ou "terxiversaron e tentaron ocultar a verdade, engadindo máis dor e sufrimento"