- 📺
- Política
Sánchez cuestiona que Feijóo dea "leccións" de liberdade de prensa co seu "historial" na TVG
O presidente do Goberno de España reprocha que o líder do PP se presente como "adaíl da liberdade de prensa" tras o seu "control con puño de ferro aos medios tanto públicos como privados" en Galicia. O ex-titular da Xunta agoira que o plan do socialista é "controlar todos" os medios e que o financiamento estatal irá só aos que "publiquen o que lle gusta"
Máis límites aos pisos turísticos na zona histórica de Pontevedra
O goberno pontevedrés estende á zona histórica as restricións ás vivendas turísticas que xa rexían no centro da cidade: só en edificios completos, baixos ou primeiros andares. Inicialmente, a regulamentación nesa área retendeu "favorecer a rehabilitación de vivendas". Agora, indica o edil de Urbanismo, pretende "evitar males maiores" na "convivencia entre residentes e visitantes"
A nova alza de fondos estatais permite á Xunta preparar outro orzamento récord para 2025
Entre as críticas ao Goberno de España, o conselleiro de Facenda admite que a Xunta agarda recibir entre un 2% e un 3% por riba dos 10.576 que o sistema de financiamento autonómico asignou a Galicia para este ano. O límite de gasto para 2025 superará os 13.257 millóns de 2024 mesmo coas renuncias do Goberno galego a ingresar máis vía impostos
O Supremo rexeita o recurso do sector pesqueiro contra os plans do Estado para a eólica mariña
O alto tribunal non ve a "arbitrariedade" e "desviación de poder" dos que a Plataforma en Defensa da Pesca acusaba o Goberno de España ao elaborar os POEM. "Non pode sosterse que ao seleccionar as zonas nas que situar preferentemente instalacións de enerxía eólica mariña (...) esquecese a presenza da actividade pesqueira nin a súa interacción coa eólica", afirma
- Interactivo
- Economía
Medio millón de vacas, vinte por explotación e máis ca persoas en 66 concellos
A actualización do rexistro de gando bovino amosa que en Galicia había 524.340 vacas en 2023, un 0,75% máis que o ano anterior, con notables diferenzas territoriais. A Pastoriza e Lalín son os concellos con máis vacas, ambas con máis de 15.000. Na banda contraria están os sete concellos sen ningunha. Entre as cidades destacan as máis de 9.000 de Lugo e as máis de 2.000 de Santiago
- Datos Coronavirus
- Política
Só un de cada dez euros extra que recibiron as cidades para afrontar a COVID chegou da Xunta
A análise do Consello de Contas sobre a "resposta" dos gobernos urbanos á pandemia reflicte que case o 75% das achegas extraordinarias que obtiveron foi a través do Estado para compensar as perdas dos autobuses urbanos
A data das Medallas de Galicia avanza que a Xunta seguirá ausente do Día Nacional
O actor Luís Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual recibirán a Medalla de Galicia, que volverá entregarse o 24 de xullo. Feijóo mudou en 2014 as Medallas de Galicia para o 24 de xullo tras o accidente de Angrois para dedicalas ás persoas afectadas no sinistro e quen as asistiran malia ao criterio de boa parte das vítimas e só en 2021 volveron entregarse no propio Día Nacional de Galicia
O xuízo ao senador Baltar e o lonxe que queda Ourense
O caso do exceso de velocidade aos mandos do coche oficial polo que agora José Manuel Baltar vai ser xulgado axudou a dirección galega do PP a acelerar a fin do baltarismo mediante o pago de peaxes como o seu envío ao Senado ou o segundo pacto con Jácome, a quen agora volven asentar na alcaldía ourensá mediante a ruptura das conversas con PSdeG e BNG para unha eventual moción de censura
- Datos Crise de prezos
- Economía
A inflación galega segue á cabeza do Estado no inicio do verán
O 3,7% de incremento do IPC interanual en xullo sitúa o dato galego tres décimas por riba do estatal. A inflación galega é superior á española dende hai un ano. A inflación dos alimentos tamén frea un chisco pero está no 4,8%. O relativo acougo débese sobre todo ao menor ritmo na escalada dos prezos do aceite, que así e todo é un 35,9% máis caro que hai un ano
Menores migrantes acollidos en Galicia: poucos e co traballo como prioridade
A Xunta confirmou o acollemento de 26 menores migrantes chegados do colapsado sistema de protección de Canarias. Achegámonos á súa realidade alén da controversia política puntual coa axuda de Deibe Fernández Simo, que acumula dúas décadas de experiencia no acompañamento destes mozos e mozas como educador social, mais tamén como investigador na materia. O "peor inimigo" dos menores migrantes e o maior aliado do odio é a "ignorancia" sobre a súa realidade, advirte
Catro deputados de En Marea figuran nos rastrexos policiais sobre Podemos durante o Goberno de Rajoy
A Policía remite á Audiencia Nacional listados de consultas a bases de datos do corpo no marco da querela interposta por Podemos contra o secretario de Estado de Seguridade do Goberno de Rajoy e outros cargos por "investigacións prospectivas alleas ao control xudicial" sobre o partido. O groso das consultas levan aparellada a referencia "Madrid-Centro" a respecto da orixe da consulta, pero tamén figuran varias ligazóns a instalacións policiais en Galicia
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Galicia sumou 193 vivendas no mercado privado por cada novo piso protexido rematado en 2023
Dende mediados da segunda década do século a vivenda libre recuperou aos poucos mentres a protexida o fixo de maneira moito máis tímida, cun desequilibrio que en Galicia se disparou dende 2014: de 2015 a 2023 quedaron rematadas 750 protexidas e 18.705 do mercado libre. O Rexistro de Demandantes contén máis de 17.000 solicitudes, a metade en Vigo e A Coruña. A Xunta reitera a promesa de 4.000 vivendas protexidas nesa lexislatura mentres a oposición recea de que "fagan o que non fixeron en 15 anos"