Sito Sedes, historia de Los Satélites e emblema da música popular galega
O histórico vocalista da orquestra coruñesa por excelencia faleceu aos 78 anos. Considerado discípulo musical do seu admirado Pucho Boedo, Sedes chegou a encabezar a Los Tamara e nos últimos anos recibiu diversas homenaxes, en varias das cales volveu cantar con Los Satélites
Vítimas de Angrois alertan en vésperas da sentenza de que "o Estado volveu ao pacto da curva para sinalar o maquinista"
A Plataforma Víctimas Alvia 04155 volve manifestarse en Santiago no undécimo aniversario do accidente. O colectivo agarda unha "sentenza xusta" que sinale a "maior responsabilidade" do xefe de seguridade do Adif acusado no proceso e exculpado polo fiscal: "Non cumpriu co seu deber de garantir que a liña era segura"
Undécimo aniversario do accidente de Angrois coa expectativa dunha sentenza inminente
Hai case un ano que rematou o xuízo polo accidente do Alvia. Á xuíza correspóndelle sentenciar a responsabilidade dos dous acusados e a complexa concreción das indemnizacións de cada persoa afectada entre manobras das compañías de seguros para tentar aforrar nos pagamentos. No medio da espera, a principal plataforma de vítimas vólvese mobilizar en Santiago para lembrar as 80 persoas falecidas e as 144 feridas no descarrilamento
A Xustiza advirte o Sergas de "reiterados erros" ao diagnosticar torsións testiculares que obrigan á extirpación
Un xulgado de Pontevedra condena a Sanidade a indemnizar con 35.000 euros un mozo pola "mala praxe" ao atendelo dunha torsión dun testículo e advirte varios "supostos idénticos" noutros casos recentes. O paciente acudiu ao PAC de Silleda "cunha intensa dor testicular" e receitáronlle analxésicos e antiinflamatorios. Catro días despois, no CHUS de Santiago, ratificaron a torsión que obrigaba á extirpación
- Interactivo Cambio climático
- Acontece
Menos de dez anos para "comezar a perder praias" galegas e nova alerta pola contaminación litoral
Greenpeace presenta a edición 2024 do seu informe 'Crise a toda costa' cunha advertencia sobre os riscos de perder "a función de barreira protectora" que supoñen as praias ameazadas pola suba do nivel do mar. Vigo e A Coruña, a ría de Arousa ou puntos da Mariña destacan nas proxeccións de risco de asolagamentos costeiros no horizonte de 2030
A fundación coa que a Xunta tutela miles de persoas adultas seguirá sen dirección cando menos ata setembro
Ás constatadas eivas na atención a persoas tuteladas engadiuse o pasado xuño a marcha do director, antigo cargo de confianza do actual alcalde de Ferrol, para ser delegado da Consellería de Emprego na Coruña. En xuño Política Social asegurou que cubriría a vacante "no máis breve espazo de tempo posible". Agora vén de responder ao BNG que convocará "unha xuntanza extraordinaria" do padroado da Funga a comezos de setembro para abordar a remuda
Feijóo liga inmigración e delincuencia no acto do PP polo que Rueda faltou ao Consello da Xunta
O ex-titular da Xunta apela ao "dereito a saír tranquilos á rúa" e a "sentirse seguro un na súa casa" ao abordar as migracións nun discurso sobre política migratoria ante a cúpula do PP nun acto convocado cadrando coa reunión semanal do Goberno galego, que encabezou o conselleiro Diego Calvo en ausencia do presidente
- 📺 Crónica
- Política
O BNG procura termar do seu espírito do 18F con nova banda sonora
Mondra e Nadie González ao son das pandeireteiras Bouba poñen voz a 'Somos máis', a composición de Xosé Lois Romero que servirá como nova sintonía ao Bloque. Pretende ser a "banda sonora dos galegos e galegas que teñen depositadas as súas esperanzas nun país mellor", di Ana Pontón
Monbus perde (de momento) a batalla coa veciñanza do Barbanza
A finais de 2020 a Xunta culminou a reestruturación do mapa de buses que acometeu por orde do Supremo. Moitas das novas concesións deron lugar a recorrentes protestas por deficiencias no servizo. As das comarcas barbanzás veñen de lograr que o Goberno galego anuncie a rescisión do contrato ás empresas de Monbus
- Crónica
- Política
Cen días de entusiasmo e autoemenda
O Goberno de Rueda non deixa marxe aritmética para dubidar. "Xa cumpriu o 100% das medidas anunciadas para os primeiros cen días", asegura. Entre as promesas que dá por cumpridas destacan algunhas das materias nas que os catro anteriores Gobernos do PP máis deixaron a deber, caso da vivenda ou das residencias da terceira idade. Mentres, o BNG obsérvao como "campión da propaganda" e o PSdeG, con "nula ambición de país"
O Estado ultima a chegada de medio milleiro de refuxiados a Galicia e arrefría o enésimo tirapuxa coa Xunta
O Goberno de España prevé o acollemento dunhas 470 persoas migrantes en Galicia e a Xunta esgrime que soubo por vía "extraoficial" que serán "máis de 700". A Delegación gobernamental dá por aberta unha "canle de comunicación constante" coa Xunta e confirma que o primeiro grupo de persoas acollidas chegará a Santiago. Outros destinos serán Monforte, Allariz ou Becerreá, cuxo Concello expresa a esperanza de que os migrantes poidan ficar na contorna
Probas da confabulación de gardas civís con proxenetas e penas menores na fin do caso Carioca
Os pactos de conformidade coa Fiscalía marcan a fin da peza central do caso Carioca, que se remonta a hai case dúas décadas. O principal procesado, un Garda Civil do Equipo de Muller e Menores, foi condenado a cinco anos de cadea e non volverá á prisión. "Abusou da súa condición" de garda para "satisfacer os seus instintos sexuais" e cobraba dos proxenetas para evitarlles inspeccións