Outro calendario electoral en marcha: voto por correo e sen inauguracións ata despois do 23X
Coa publicación no BOE da convocatoria das eleccións xerais do 23 de xullo abriu o prazo para solicitar o voto por correo, vixente dende este 30 de maio ata o 13 de xullo. Tamén ratifica o número de escanos no Congreso por circunscrición, que no caso das galegas seguen sumando 23
Un resultado coma o do 28M daría á esquerda a Xunta e a maioría dos escanos galegos no Congreso
Se o electorado votase nunhas eleccións galegas exactamente igual que o fixo nas municipais, o PP quedaría tres escanos por baixo dunha maioría absoluta que si lograría a suma de PSdeG e BNG malia á entrada de DO nese hipotético Parlamento. Nas eleccións xerais, o PP tería un escano máis por Galicia que en 2019, o PSdeG perdería 2 e o BNG gañaría 3
Sánchez envorca o taboleiro político estatal cun adianto das xerais tras o pau do PSOE o 28M
"Só hai un método infalible para disipar as dúbidas: a democracia", alega Sánchez, que asegura asumir "en primeira persoa" os resultados das municipais e das autonómicas que tamén se celebraron este 28M. Rueda desbota adiantar as eleccións galegas a ese 23 de xullo para facelos cadrar cos comicios xerais
- Datos | Crónica Municipais 28M
- Política
A esquerda volve ter o groso do poder nas principais institucións locais galegas malia ao pulo do PP
O PP só ten garantidos 2 dos 11 principais postos do poder local galego tras as eleccións municipais deste 28 de maio fronte aos 7 que suman PSdeG e BNG e outros 2 que quedan nas mans de Jácome
PSdeG e BNG revalidan o goberno de Lugo malia ao ascenso do PP
O PP de Candia absorbe os 2 edís que tiña Ciudadanos e queda con 12 fronte aos 13 que suman socialistas e nacionalistas
- Guía Municipais 28M
- Política
Maioría absoluta ou forza máis votada: as dúas vías para lograr a alcaldía tras o 28M
A diferenza do que acontece nalgúns parlamentos, nos concellos non abonda con que a candidatura á alcaldía obteña máis votos a prol que en contra. Se ningunha logra a maioría absoluta no pleno da corporación, que se constituirá o vindeiro 17 de xuño, o posto é para a persoa que encabezase a lista máis votada nas eleccións
A CRTVG defende os debates electorais ás 10 da mañá e sinala baixa audiencia dos emitidos á noite noutras canles
Rodil (BNG) subliña que os debates do 28M programados pola TVG están tendo unha audiencia media dunhas 11.000 persoas na TVG e que o 'prime time' da televisión é arredor das dez da noite: "Negan á cidadanía un dereito fundamental". O director xeral, Sánchez Izquierdo, considera que a crítica da deputada non está "á altura dos seus coñecementos en materia audiovisual" porque os debates tamén son emitidos pola radio e internet
O BNG, "convencido" de que Goretti Sanmartín pode ser a vindeira alcaldesa de Santiago
Os cálculos do Bloque pasan por lograr reter o groso do electorado que votou por Pontón en Santiago nas eleccións galegas e mais arrastrar electorado do PSdeG e CA en 2019. Economía, vivenda ou regulación do turismo, exemplifica Sanmartín, centrarían algunhas das súas primeiras medidas se logra o bastón de mando
Zapatero aguilloa a campaña do PSdeG lucense con Besteiro e Orozco para que Lara Méndez recunque na alcaldía
Nun concorrido mitin a medio camiño entre a celebración, a reivindicación e a inxección de folgos, o ex-presidente, o ex-alcalde e o posible candidato socialista á Xunta arroupan á alcaldesa e candidata socialista á reelección, que pide "un último esforzo" para continuar a "segunda transformación" da cidade e advirte de que "hai moita diferenza" entre"gobernos coa boa xente" ou as "malas praxes que só practican as que non son boas persoas". Os anónimos achegados pola actual candidata do PP que incriminaron a Orozco e Besteiro "pertencen á historia da infamia" e "pesarán toda a vida sobre a conciencia dos que maquinaron para facer dano político e persoal" a "dous homes decentes", di Zapatero
Rueda axita en campaña dende a Xunta o medo á ocupación ilegal de vivendas
Tras recibir apenas trinta consultas nun ano, a Xunta renovou por 50.000 euros o teléfono 'antiocupacións' que encomendara ao Consello da Avogacía, pero engadindo consultas sobre desafiuzamentos. O pasado febreiro volveuno renovar por outros 50.000 euros, incluíndo o compromiso de actualizar unha guía con eventuais novidades lexislativas. A seis días do 28M, Rueda anuncia un novo acordo para "elaborar unha guía informativa" sobre "vivendas ocupadas ilegalmente" e atribúeo á "incerteza" que atribúe á nova lei estatal de vivenda
Baltar tamén foi multado por conducir o coche oficial a 173 km/h na mesma viaxe na que o interceptaron a 215
Apenas unha hora antes de ser interceptado en Zamora por ir a 215 km/h, o presidente da Deputación e do PP ourensán foi captado a 173 km/h na mesma autovía en Allariz, segundo revela Radio Ourense. Tras transcender a primeira infracción, pola que está á espera do xuízo do día 31, atribuíra o exceso de velocidade a un "erro illado". A nova información acredita que conduciu a unha velocidade media non inferior a 158,9 km/h cando menos nos 143 quilómetros que separan ambos puntos
Lugo, a gran batalla electoral da memoria
A memoria é peza clave na carreira do 28M en Lugo, unha das batallas centrais nas municipais en Galicia, onde a maioría gobernante de PSdeG e BNG, encabezados por Lara Méndez e Rubén Arroxo, aspira a recuncar fronte a un PP que non toca o bastón de mando dende 1999 e que busca erguelo apoiándose no desgaste de dúas décadas de gobernos da esquerda e nunha eventual desaparición de C's, cuxa candidata insta a non dar por descontado que, de ser o caso, apoiaría mecanicamente a popular Elena Candia