O PP encomenda a Candia dirixir a investigación dos contratos da Xunta que forzou o BNG
O Bloque conserva o foco sobre o sobrecusto do hospital de Vigo e os contratos que ve irregulares e os populares comezan a exercer o control da comisión. Pontón e Besteiro reiteran que chamarán a comparecer a Feijóo e Rueda. O PP, de quen depende que o fagan, continúa gardando silencio sobre se o permitirá
Seis cousas que debe saber se vai polo San Froilán a Lugo
As barracas, as casetas, o Domingo das Mozas, Pelúdez, a Horta do Seminario... Velaquí unha guía para aterrar nas festas lucenses e non perder nada tamén este ano, no que á manchea de elementos tradicionais se xunta un menú musical no que destacan Fillas de Cassandra, Milladoiro, Coque Malla, La Perra Blanco, Triángulo de Amor Bizarro ou Mondra
Novas evidencias de que colexios concertados galegos cobran malia ser ilegal
Unha organización de centros de ensino privados sen subvención volve investigar a concertada para sinalar que continúa cobrando cun informe que inclúe unha trintena de colexios galegos. En case o 70% dos centros galegos investigados as achegas económicas son obrigatorias de facto, segundo o informe, que cifra as cotas nunha media de 50 euros mensuais e detecta unha de ata 245
A Xunta ratifica o "non" a intervir nos alugueiros coa lei de vivenda da man dos demais gobernos do PP
Nun texto encabezado polo logotipo do Goberno galego e dos demais gabinetes do PP, os conservadores cargan contra a ministra por advertir da retirada de fondos se non aplican integramente as medidas da lei estatal de vivenda concibidas para frear os prezos e axitan o medo ás ocupacións. Os concellos da Coruña e Santiago manifestaran o seu interese na declaración de zonas tensionadas e Rueda dixera estar disposto a aceptalas se estaban "debidamente argumentadas"
- Obituario
- Acontece
Josefa de Bastavales, a avoa pandeireteira do bravú
A histórica pandeireteira, falecida este 2 de outubro aos 92 anos, viviu unha segunda mocidade vital e musical da man de músicas e músicos aos que inspirou nun momentos máis vivos e creativos da cultura e da música galegas na década de 1990.
- Datos
- Economía
O paro galego sobe en setembro por riba da media con máis cotizantes que antes da gran recesión
As inscricións nas oficinas de emprego son 2.314 máis que en agosto, pero 9.651menos que hai un ano. Malia reflectir destrución de emprego pola fin do verán, a cifra de afiliación é a mellor para un mes de setembro dende 2007
- Datos
- Acontece
Quince anos da fin da primacía da Igrexa nos matrimonios galegos
Galicia rexistra uns 9.000 matrimonios anuais. O 2008 foi o último ano no que se celebraron máis unións católicas ca civís e, dende aquela, a diferenza non deixa de aumentar a prol das alleas ao rito relixioso, que tamén son menos que as inscricións no rexistro de parellas de feito
A eléctrica da Xunta: subvención da luz a empresas á espera de eólicos con participación pública
Unha comercializadora como a que impulsa o Goberno galego é unha empresa que merca a enerxía eléctrica ás produtoras e a vende ao consumidor final. Rueda avanza que RDG ofrecerá enerxía a prezos "por baixo do mercado" o que, alén da súa capacidade de compra a maior escala, implica unha subvención, toda vez que a sociedade na que a Xunta controla o 30% das accións non opera no ámbito da produción eléctrica
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
País de propietarios, rendismo popular e alugueiro disparado á espera dos gobernos
Tres de cada catro fogares en Galicia son vivendas e propiedade e apenas un 15%, alugadas. O 'país de propietarios' confórmano máis de 800.000 fogares e o 'país de inquilinos', uns 160.000. No medio, arredor de 200.000 caseiros, un rendismo popular ao que se engaden varias grandes empresas, dende inmobiliarias a un fondo voitre. Mentres, os alugueiros xa son máis caros que a hipoteca media galega en catro cidades
- Crónica
- Política
O que me gusta de Meloni e traballar dez horas diarias
A batalla pola hexemonía na dereita española seis anos despois da fin da era Rajoy segue a desprazar o eixo dos debates, centímetro a centímetro, en sentido contrario á viaxe ao centro onde disque se logran as vitorias
Rescatar a AP-9 custaría 904 millóns e aforraría 953: os resultados do estudo encargado polo BNG
O Goberno de España, con Rajoy e na actualidade, cifrara en arredor e 4.000 millóns o rescate e un informe contratado pola Xunta situouno recentemente na contorna dos 2.000. O traballo para o Bloque subliña que non cumpriría compensar a Audasa con indemnización ningunha polo que deixaría de gañar ao estar beneficiándose dun contrato "ilegal" pola prórroga de Aznar ata 2048, en liña do sostido pola Comisión Europea
"Máxima tensión" nunha CRTVG con persoal a camiñar cara á folga indefinida
O comité intercentros dos medios públicos lanza un calendario de paros contra a "entrega da produción a mans privadas". A representación do persoal pon o foco no novo programa 'O termómetro', substituto do histórico 'A revista', unha coprodución con empresas privadas "no que a participación do persoal da CRTVG se limita á parte técnica"