David Lombao

David Lombao

Xornalista galego. De Lugo. Traballei e aprendín na Cadena SER, Radio Voz e Xornal de Galicia. Director de Praza.gal. 

@davidlombao.bsky.social

  • Panxoliñas e trolls no Nadal político galego

    O PP felicita as festas cun vídeo no que Rueda dirixe un coro de dirixentes do partido á procura, afirma, dun Nadal que "soe ben para todos" cunha mensaxe de harmonía que combinan con outras estratexias para caricaturizar a nacionalistas e socialistas aproveitando as festas. Na felicitación do BNG Ana Pontón canta unha panxoliña tradicional xunto a 'Mini'

  • Contraste político nunha Galicia empatada

    En plena 'resaca' da enorme manifestación contra Altri, a demoscopia apuntou a un mantemento do PP con maioría absoluta. Ese contraste vén marcando unha vida política na que apenas tres puntos separaron as dúas medias Galicias nas urnas o pasado febreiro. Olladas na esquerda ven claro que un eventual cambio pasa por que a media Galicia que se ve representada na oposición á dereita pesque no estremo máis centrista e galeguista do caladoiro do PP. Mentres, os populares afánanse no enganche dalgunhas bandeiras políticas da exitosa campaña do BNG para evitalo

  • Lugo estrea o seu novo auditorio oito anos despois de que Feijóo o dese por inaugurado

    O descubrimento dunha placa por membros de Fuxan os Ventos, que dan nome ao recinto, e un concerto de Ainhoa Arteta abren o agardado recinto cultural lucense e pechan unha espera de case tres décadas. Ata seis conselleiros diferentes, un deles o propio ex-presidente, estiveron implicados nun proxecto que mentres a Xunta tivo rematado, pero sen equipar e pechado, supuxo un gasto mensual de 6.000 euros, e ao que o Concello tivo que achegar case un millón para reparar eivas tras recibilo en 2020

  • O PP conclúe a investigación só: nin sobrecusto no Cunqueiro nin familiares beneficiados con contratos

    "Non se conclúe que existise relación causa-efecto entre a facturación da empresa" na que a irmá de Feijóo é ostenta un alto cargo "e a identidade dos distintos cargos directivos", sostén o documento aprobado polo PP, no que plasman insinuacións sobre "algún familiar ou persoa do entorno directo de Ana Pontón" e a continuación xustifican o veto a comparecencias de familiares do ex-presidente porque "buscaban criminalizar a particulares alleos á política"

  • As tres universidades públicas únense contra o aval da Xunta ao grao de Dereito na privada de Abanca

    A 'Universidad Intercontinental de la Empresa' anunciou a comezos deste mes que ofrecerá estudos Dereito no curso 25-26 e avanzou que ten xa "informe favorable" da Consellería. As facultades que ofrecen esta titulación na USC, UDC e UVigo advirten de que a nova carreira privada é "contraria" á lei por "reiterar" unha oferta académica existente na pública e ven no anuncio da UIE unha actuación "fraudulenta" que "non sería permitida a ningunha das universidades públicas"

  • Radiografía das axudas á natalidade nos pequenos concellos: efectos escasos e ningunha avaliación

    O Consello de Contas identifica un cento de concellos coma os máis atinxidos pola crise demográfica, a maioría concentrados nas provincias de Lugo e Ourense, nun amplo informe que analiza os servizos dos que dispoñen e as medidas para abordar o "reto demográfico" implantadas dende os municipios, as deputacións e a Xunta. O organismo fiscalizador advirte de que apenas teñen "impacto" na demografía e que poden axudar ao consumo, se ben considera "constatada" a "ausencia de avaliación efectiva"

  • Os descontos na AP-53 pactados polo BNG co PSOE estarán activos a comezos de 2025

    O tramo de peaxe tradicional da AP-53, entre Santiago e Dozón, viña sendo o único do Estado sen bonificacións. O ano vindeiro aplicaranse rebaixas de ata o 75% para tráficos recorrentes, avanzou o Bloque e confirmou o ministro de Transportes. A ampliación das subvencións ás peaxes da AP-9 reciben o visto e prace do Consello de Ministros do día 23 para entrar en vigor o 1 de xaneiro

  • Louzán, o xogador que desequilibrou de vez a final de Feijóo polo ascenso

    A influencia do novo presidente da Federación Española de Fútbol sobre os alcaldes do PP de Pontevedra foi clave para que o ex-titular da Xunta e actual líder do PP se impuxese a Cuíña na sucesión de Fraga. O antigo protexido de 'Nené' Barral deixou de ser presidente da Deputación de Pontevedra cando o PP a perdeu en 2015. Xa daquela apuntaba a un futuro na presidencia da RFEF na que agora estará catro anos se non o impide o Tribunal Supremo, que ten que resolver sobre a súa condena por prevaricación

  • O funcionariado galego tende á sanidade pública coa Policía e o persoal xubilado como feudos da privada

    "Muface non é unha opción", pero si o é elixir sanidade pública ou privada, subliña a CIG nun informe que revela as cifras actuais en Galicia da mutua do funcionariado en pleno debate sobre a súa continuidade: case o 60% do profesorado do ensino público galego acode á sanidade pública e a cifra sobe ao 85% entre docentes incorporados nos últimos catro anos. A primacía da privada chega ao 70% entre o persoal funcionario xubilado e dispárase a un 90% entre os policías en activo

  • "A miña nai non puido velo, pero leveina na man": unha pulseira de pedida na reparación da memoria de Bóveda

    Amalia Bóveda relata a emoción vivida no acto que oficializou a nulidade do xuízo simulado polos golpistas para asasinaren o seu pai. O agradecemento mestúrase pola mágoa "porque a miña nai, que o desexaba tanto, non puido chegar a velo". A filla do mártir do galeguismo recolleu o certificado de reparación da súa memoria portando a pulseira coa que agasallou a Amalia Álvarez para pedirlle casar. "Agarreina todo o tempo" e así, dalgún xeito, "estiveron os dous recollendo" o ansiado documento