Recrúa a folga na CRTVG e o PP alerta de "control" gobernamental en RTVE
O persoal mobilizado nos medios públicos galegos opta por converter a mobilización en diaria de luns a venres dende o 1 de decembro ante a "negativa a dialogar" por parte do director xeral, que ven "irresponsable" e "neglixente". A norma que permite rebaixar o limiar da elección do Consello de RTVE ao mesmo nivel que porá a Xunta na CRTVG sae adiante con 175 votos a prol e un en contra, o do BNG, que defendeu a "coherencia" de "defender o mesmo en Madrid que en Galiza" fronte á "hipocrísía" do PP
Á procura de 56 persoas asasinadas en Narón e Salvaterra ao abeiro do Plan de Memoria Democrática
A Xunta volve optar por non aparecer na 'foto' da memoria histórica e dous conselleiros limítanse a asinar dixitalmente a transferencia dos fondos do Estado para que o equipo liderado polo grupo de investigación Histagra da USC asuma todos os traballos. No cemiterio naronés do Val volverán traballar nunha "das fosas máis grandes de Galicia", onde os golpistas perpetraron "un dos maiores asasinatos colectivos dos que se ten constancia" no noso país
O PSdeG pide a Paula Prado, empresarios e cargos ata o bipartito na investigación dos contratos e sobrecustos da Xunta
Os socialistas piden que dean contas na Cámara a irmá e o cuñado de Feijóo "polo volume de contratación" da Xunta coas súas empresas. Besteiro reclama chegar "ás últimas consecuencias" e cre que "ninguén entendería que Feijóo se negase a comparecer", porque sería evitar en Galicia "o que reclama todos os días en España"
O BNG chama familiares de Feijóo e a parella de Ayuso á investigación dos contratos da Xunta
Pontón encadra as peticións de comparecencia formuladas polo Bloque na intención de indagar nos "contratos a dedo a empresas amigas do PP" e mais no impacto en Galicia da "trama de comisións nos contratos realizados durante a pandemia". Para falaren do sobrecusto do hospital de Vigo certificado por Contas o Bloque reclama que comparezan as catro conselleiras e conselleiros de Sanidade que exerceron con Feijóo: Farjas, Mosquera, Almuíña e Comesaña
- Crónica
- Política
Feijóo por diante da institución
As diferenzas ideolóxicas e os tirapuxas políticos e persoais entre o 'vello' PPdeG que representa Santalices e a dirixencia á alza no partido que representa a súa actual secretaria xeral, Paula Prado, estouparon esta semana nunha discusión pública con trazos inéditos pola súa intensidade
- 📺
- Política
Agre enfrontamento da número dous do PP contra o presidente do Parlamento
Paula Prado protagoniza no pleno da Cámara inusuais reproches contra Santalices, último representante dun 'vello' PPdeG pouco presente na xeración política da que a secretaria xeral dos conservadores é expoñente. A secretaria xeral dos populares acusouno reiteradamente de non permitirlle falar para responder a unha alusión dunha deputada do PSdeG a Feijóo e de incumprir o Regulamento parlamentario
O primeiro "aloxamento compartido" da Xunta estará nun terreo onde Feijóo cancelou 40 pisos para mocidade
"Ninguén entendería que a Administración teña esta parcela parada", di o Goberno galego tras ter parada máis dunha década a parcela onde agora impulsa un "aloxamento compartido" cuns 70 apartamentos de 30 metros e espazos comúns. O Goberno de PSdeG e BNG desenvolveu o plan bosquexado polo de Fraga e proxectou alí 40 pisos por 110 euros ao mes para xente moza. En 2009 os populares asumírono como propio e chegaron a adxudicalo, pero despois cancelárono entre argumentos nos que destacou que un apartamento non é unha vivenda
O Goberno de España baixa a maioría para elixir cargos en RTVE ao nivel que porá a Xunta na CRTVG
O Consello de Ministros aproba a reforma que permitirá nomear o consello de RTVE por maioría absoluta nas Cortes se non se acada unha maioría reforzada de dous terzos, mesmo sistema que a Xunta vai aplicar na dirección xeral dos medios públicos galegos, onde os votos do PP serán dabondo, mentres que no Congreso PSOE e Sumar seguirán obrigados a pactar con outras forzas. Os populares, que en Galicia defenden esta fórmula como vía de "desbloqueo", aseguran que no Estado só busca o "control absoluto" para impoñer a "censura"
- Datos Orzamentos 2025
- Política
Lingua lanza a oferta de pacto polo galego cun orzamento conxelado
As negociacións que principia esta semana o conselleiro López Campos están inevitablemente marcadas polos recentes datos de uso do galego divulgados polo IGE e polos Orzamentos Xerais para 2025 que a Xunta vén de empezar a tramitar. O orzamento de fomento da lingua galega leva tres anos na contorna dos 11 millóns. Para equipararse en termos reais ao de 2009, contando a inflación, cumprirían case 17 millóns máis. A perda acumulada nestes quince anos ascendería a uns 237
- Datos Orzamentos 2025
- Política
A Xunta ingresará 436 millóns máis por impostos en 2025 e renuncia a outros 454 mediante descontos
Máis da metade dos 15.300 millóns que compoñen os Orzamentos Xerais da Xunta para 2025 son ingresos vía impostos. Os "beneficios fiscais" sobre tributos aumentan case un 10% o seu custo para 2025
A Xunta prevé "aloxamentos compartidos" como vivenda protexida "transitoria" para mocidade e familias
Na 'lei de acompañamento' dos Orzamentos de 2025 o Goberno presenta esta reforma como vía para "facilitar a emancipación da mocidade", pero nestes edificios poderán vivir tamén "unidades de convivencia" se un dos seus membros é menor de 36. O orzamento de Vivenda, composto nun terzo por fondos da UE, supera os 200 millóns por primeira vez en quince anos e inclúe 100 millóns para algo máis de mil novos pisos protexidos en alugueiro
- Interactivo Orzamentos 2025
- Política
Vivenda e débeda protagonizan as subas nos Orzamentos da Xunta para 2025, que caen en ciencia
O Goberno entrega ao Parlamento o proxecto de contas públicas do ano vindeiro cun crecemento de case o 4%, ata os 15.362 millóns de euros. A suba politicamente máis relevante é a de vivenda, que quince anos despois volve estar dotada con máis de 200 millóns de euros nunha área na que son claves os fondos europeos. Sanidade e Educación tamén avanzan, pero por baixo da media do orzamento