- Interactivo
- Acontece
Sogarisa e Sogama poñen Galicia no mapa dos vertedoiros de refugallos perigosos
A suba do canon de Sogama aos concellos volveu poñer o foco no modelo de xestión do lixo. Sogarisa é a concesionaria do Centro de Tratamento de Residuos Industriais da Xunta e un dos 17 vertedoiros de refugallos perigosos de todo o Estado, cuxa situación aborda unha investigación de Civio mentres un gandeiro da zona e colectivos ecoloxistas advirten de emisións contaminantes que a patronal do sector nega
Dimite o concelleiro do PP de Guntín condenado por explotar migrantes
Segundo ficou probado no xuízo, o empresario e os seus dous fillos mantiñan os dous traballadores con xornadas de 13 horas, sen cotización á Seguridade Social nin descansos por apenas 700 euros ao mes. BNG e PSdeG esixiran o cesamento do concelleiro condenado e reclaman explicacións á conselleira porque, subliñan, os feitos foron anteriores á súa inclusión na lista do PP
O PP fai campaña por Altri en Palas mentres medran as dúbidas sobre o seu financiamento público
A conselleira de Economía, tamén presidenta da sociedade público-privada coa que a Xunta impulsa o proxecto de Altri, equipara cun "castigo a Galicia" a posibilidade de que a factoría non chegue a recibir os 250 millóns de fondos europeos que pide. Ulloa Viva protesta no exterior do acto do PP e ironiza con que "as mesmas persoas que piden esperar os informes técnicos" sexan as "máximas defensoras" do proxecto da celulosa
O BNG mantería a alcaldía na fusión Santiago-Teo cos votos das últimas municipais
Un exercicio de política-ficción aplicando os resultados das eleccións de 2023 ao concello fusionado mantería o Bloque con 6 edís á fronte dunha maioría de esquerdas que tería 15 fronte a 12 do PP. Se na fusión participase tamén Ames, os resultados permitirían ao PSdeG ter o bastón de mando
- Datos
- Economía
Os ricos galegos investiron un 41% máis en bens de luxo mentres a Xunta recortou un 25% o seu imposto
O 88% dos bens suxeitos en Galicia ao imposto de patrimonio, que só pagan as 8.600 persoas máis ricas, son participacións empresariais e outros bens financeiros. Os "bens suntuarios" como xoias, peles, coches, barcos ou pezas de arte son unha pequena pero significativa parte deste patrimonio. Suman case 270 millóns, un 72% máis que antes da pandemia
- Crónica
- Política
Puente, Calvo... De quen son estes colapsos no transporte?
No imaxinario político galego e na limitada esfera pública onde se proxecta os evidentes problemas no tren veñen sendo personificados no ministro de Transportes. Mentres, as esixencias de responsabilidades polas sucesivas deficiencias nos buses interurbanos semellan máis diluídas e o debate social e político ao respecto segue, en boa medida, protagonizado polo AVE coa Meseta e a autoestrada AP-9
Sete fusións de concellos: o informe que manexa a Xunta para reformular o mapa municipal
Unha década despois de impulsar as unións de Oza con Cesuras e Cerdedo con Cotobade, o 19 de setembro verá a luz o estudo encargado polo Goberno galego hai tres anos no marco da súa aposta por impulsar outras. O documento simula os efectos económicos de sete unións, coa de Santiago con Teo como a máis relevante en canto a poboación, seguida dunha proposta para fusionar toda a comarca do Deza
- Crónica
- Política
Que Feijóo volva a Galicia... Para dar explicacións
"Espero que non vete ningunha comparecencia, empezando pola súa e seguindo pola do señor Feijóo", incidiu Pontón ante Rueda en vésperas de rexistrar a comisión de investigación sobre os contratos da Xunta e o sobrecusto do hospital de Vigo. Como presidente, Feijóo xa compareceu dúas veces ante comisións de investigación, nas que derivou a PSdeG, BNG ou En Marea responsabilidades sobre a sanidade ou a fracasada fusión das caixas
- Datos
- Acontece
A soidade non desexada agudízase en Galicia nas cidades e entre a xente moza
Unha de cada cinco persoas séntense soas en Galicia e o 15% da poboación está nesa situación dende hai máis de dous anos, segundo un estudo do Observatorio Estatal da Soidade non Desexada. A poboación considera que as ONG son as entidades que máis fan por combater este problema, pero cren que a principal responsable debería ser a Xunta
- Crónica
- Política
O BNG gaña o foco e o PP retén o control: os marcos da investigación aos contratos e sobrecustos da Xunta
A investigación activada polo Bloque centrarase no sobrecusto do hospital de Vigo certificado polo Consello de Contas, nos contratos da Xunta con Eulen e nas adxudicacións de emerxencia na COVID. Os seus 25 escanos permítenlle utilizar un mecanismo parlamentario no que, así e todo, comparecentes, documentación e conclusións dependen do que vote a maioría absoluta. Así o acredita o único antecedente, no que o PP boicoteou unha investigación sobre os recortes sanitarios que, así e todo, logrou notable eco
Besteiro: "Mentres unha familia con dúas fillas paga 700 euros en libros, o PP baixa impostos a quen máis ten"
O secretario xeral do PSdeG exemplifica co gasto dos libros dunha estudante de 6º de Primaria e doutra de 3º a ESO os "malabarismos" económicos das familias galegas no inicio do curso pola ausencia da gratuidade dos manuais, que reivindica como "modelo socialista"
Pontón urxe a implantar "este mesmo curso" libros de texto de balde fronte ás "ineficaces" axudas da Xunta
Tras "anunciar a gratuidade das matrículas universitarias, supoño que o PP deixará as escusas e asumirá a gratuidade dos libros de texto que reclama o BNG", sinala a portavoz nacional do Bloque nun encontro con nais e pais no que pon o foco nas carencias para a atención de alumnado con necesidades educativas especiais