- 📺
- Acontece
Bombeiros do lume galego á lama de València: "Estamos rebentados, pero reconforta o agradecemento"
Un bombeiro forestal da Brif de Laza comparte a súa experiencia intervindo en localidades afectadas polas riadas. Vén de chegar de retirar lama nun centro de ensino no que tras dous días de traballo, "acabamos vendo o chan". "Aquí decátaste da magnitude da traxedia" ao comprobar, exemplifica, como tras baleirar un local "dinche: este coche non é noso", chegou ao interior arrastrado polas augas.
- Datos
- Política
Máis presión da Xunta á poboación en paro con apenas un 1% de colocacións grazas ás oficinas de emprego
O Goberno galego inicia a implantación dos "acordos de actividade" previstos na lei estatal e preséntaos politicamente como unha forma de distinguir as persoas anotadas no paro que "realmente queren traballar" e retirarlles prestacións ao resto. Tres de cada catro baixas nas listas do paro débense a colocacións sen oferta laboral chegada dende o Servizo Público de Emprego
Política Social aforra 20 millóns anuais na Risga dende a implantación do Ingreso Mínimo estatal
Antes da creación da prestación estatal a Xunta destinaba 64 millóns anuais á súa renda de inclusión e agora achega apenas 40. A Risga pasou en catro anos de máis de 9.000 persoas beneficiarias a pouco máis de 5.000. Para que ambas axudas sexan compatibles cómpre unha reforma legal que a Xunta ten conxelada dende hai un cuatrienio
BNG e PSdeG afean o veto a Feijóo na comisión dos contratos e Rueda di que tiveron 13 anos para preguntarlle
Pontón encadra o veto nunha "deriva antidemocrática" do PP e Besteiro advirte de que o PSdeG "explorará todas as vías legais posibles para garantir que a actuación da Xunta é investigada". O xefe do Executivo resolve que "en 13 anos non atoparon razóns para facerlle preguntas" sobre "estas cousas" e agrega que "xa vai para tres anos" que Feijóo "non é presidente"
Asasinados polos golpistas e dobremente ocultados: a memoria abre fendas no cemiterio de Narón
A historiadora Conchi López detalla a complexidade de intervencións como a que o grupo Histagra realiza estes días no cemiterio naronés do Val, escenario dunha das maiores matanzas colectivas dos golpistas en Galicia, con medio cento vítimas, a maioría mariños fieis á II República cuxos corpos foron guindados a unha foxa común sobre a que tres décadas despois construíron nichos. Os labores, realizados ao abeiro do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática, son necesariamente lentos nun contexto no que "o tempo sempre xoga na nosa contra", advirte
Un pacto pola lingua entre mofas coa "policía do galego"
Os marcos paródicos e agresivos da facción dirixente e máis centralista do PP en materia lingüística baten cos pactos ofrecidos por perfís coma os do secretario xeral da Lingua para un novo Plan Xeral de Normalización ou o impulso á poboación neofalante. No choque albíscanse reflexos coma os observados na recente discusión pública entre a secretaria xeral do partido e o presidente do Parlamento
O Constitucional anula parte da reforma sanitaria de Feijóo na COVID por restrinxir dereitos fundamentais
O TC atende parcialmente o recurso de Vox contra a modificación da lei de saúde impulsada polo PP galego en 2021, que tamén dera lugar a un contencioso da Xunta co Goberno de España que finalizara cun acordo. O tribunal argumenta que a lei galega incluíu restricións a liberdades como circulación ou reunión que só poden ser aplicadas mediante lei orgánica aprobada nas Cortes e non coa lexislación autonómica
- Crónica
- Política
Devolverlle o do Prestige á esquerda
"E chamábannos asasinos". A mobilización social pola xestión do naufraxio en 2002 ficaron na memoria do PP cun aquel de trauma político que, dende aquela, moitos dirixentes tiveron vontade de devolverlle á esquerda en canto puidesen. Un dos que albergou esa vontade foi, paradoxalmente, un dos máis beneficiados polos efectos políticos do acontecido daquela: Alberto Núñez Feijóo, cuxo discurso ante as riadas de València ten ecos na súa estratexia fronte ao Goberno de coalición PSdeG-BNG durante a vaga de incendios de 2006, cando o PP lanzou a plataforma 'Sós contra o lume'
Besteiro pide á Xunta achegar fondos para memoria democrática e non limitarse a recibir os do Estado
O líder do PSdeG visita o reinicio dos traballos na foxa común do Val, en Narón, escenario dun dos maiores asasinatos colectivos dos golpistas en Galicia e onde o equipo liderado polo grupo de investigación Histagra traballa grazas aos fondos do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática. Os fondos do Goberno de España que a Xunta transfire á USC para os traballos de memoria democrática sitúanse na partida de difusión cultural pola inexistencia dunha específica, que os socialistas reclaman crear aproveitando o trámite das contas de 2025
- Crónica
- Política
Politizar
Como en moitas castástrofes anteriores, ante a traxedia de València emerxen voces que chaman a "non politizar" o acontecido e a súa xestión, mesturando a indispensable acción política para atender o desastre coa súa utilización para a confrontación partidaria. A virulencia de Feijóo e a fuxida da controversia por parte dun Goberno de España con demasiadas frontes abertas semellan deixar afogado o espazo para politizar o acontecido e abonado o terreo para unha antipolítica que, a pouco que se tire do fío, acaba levando á extrema dereita e á internacional reaccionaria da que fai parte
Os Franco reproducen na casa Cornide a insubmisión de Meirás (e só lles custa 3.000 euros)
Tras reclamar a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica á Valedora, a Xunta impón aos herdeiros do ditador unha multa de 3.000 euros por incumpriren a obriga de abrir ao público o histórico edificio coruñés, co que quedou o xeneral golpista tras unha poxa amañada nos anos 60
O orzamento turístico galego segue en máximos mentres chega a nova taxa
Os fondos de turismo da Xunta disparáronse dende o inicio da década máis dun 90% e en 2025 serán 143 millóns. A taxa turística nacerá como imposto autonómico bonificado ao 100%. A lei que o regule deixará nas mans dos concellos impoñer unha "recarga" que terán que xestionar con condicións como destinar un mínimo do 80% do recadado ao sector do turismo