A Xunta estendeu ata 2025 o acordo que permite á multinacional estadounidense Medtronic actuar en hospitais do Sergas
Tras asinar os primeiros convenios coa empresa en 2016, a Xunta optara por ocultar a parte dos documentos que reflectían que o Sergas puña recursos económicos, materiais e humanos. O novo convenio marco mantén a porta aberta a esa achega. "O Sergas prestará a súa colaboración a través da cooperación dos seus profesionais, a súa estrutura física e as súas instalacións para dar cobertura ás actividades" pactadas con Medtronic, que no momento da sinatura do novo pacto tiña convenios vixentes nos hospitais da Coruña, Santiago e Lugo
O TSXG anula a repotenciación dun eólico en Corme e advirte á Xunta de que a súa norma para aceleralos salta a lei da UE
Como "a primacía do dereito comunitario non deixa lugar a dúbidas", o Tribunal conclúe que "a redución á metade do prazo de información pública" do impacto ambiental da repotenciación do parque de Corme "non foi acorde a dereito" e sentencia que a Xunta tamén contravén a norma da UE na tramitación dos informes sectoriais sobre o proxecto, cuxas obras xa concluíron
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia máis inmediata da COVID xa cae en toda Galicia malia subir aínda entre menores de 12 anos
Dende principios de ano, os datos galegos non son comparables coa media estatal porque varias autonomías non computan os autotest. As persoas hospitalizadas coa COVID son unha cifra semellante á do outono de 2020, cando a incidencia era dez veces menor á actual. Medio cento destes pacientes están na UCI e daquela eran o dobre
As cubas de Alcoa en San Cibrao xa hibernan e os gobernos prometen vía rápida aos eólicos que a empresa liga á reactivación
A Xunta anunciou unha reforma legal para acelerar a tramitación de parques que "destinen o 50% da enerxía que produzan" a modelos como o acordado por Alcoa con Greenalia e Capital Energy e o Ministerio asegura que vai "axilizar as autorizacións" dos "parques eólicos necesarios para que Alcoa volva á súa actividade en 2024"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia máis inmediata da COVID traza un pico en todas as áreas sanitarias malia ao aluvión de positivos por autotest
O total de casos detectados rolda os 7.000 por xornada na media da última semana. Mentres, os rexistrados mediante PCR, proba actualmente reservada sobre todo a casos sintomáticos ou máis graves, descenden con claridade e son uns 1.200 diarios. As actuais 600 persoas hospitalizadas coa COVID son unha cifra semellante ao pico do outono de 2020. Daquela, antes da vacinación, a incidencia a 14 días roldaba os 300 casos por cada cen mil habitantes e agora son máis de 3.200
Competencia advirte ás eléctricas de que deben facilitar o pago aprazado dos recibos da luz atrasados dende hai meses
Milleiros de fogares non reciben facturas da luz dende a entrada en vigor da nova tarifa e ignoran como lles está a afectar a suba dos prezos dos últimos meses. A CNMC evidencia que o atraso das facturas é responsabilidade das eléctricas e causa "forte preocupación" na clientela afectada. Subliña que, atendendo á lei, "teñen dereito a aprazar o pagamento de cada unha delas en tantas facturas mensuais como meses sufrisen de atrasos"
Pontón reclama o traspaso a Galicia da competencia sobre ferrocarril interior, que Feijóo prometeu hai doce anos
No debate de política xeral de 2010, Feijóo anunciara a contratación do primeiro paso para crear o "Ente Ferroviario Galego", que tamén se ocuparía dos metros lixeiros, igualmente desaparecidos das promesas da Xunta nos anos seguintes. A portavoz nacional do BNG subliñou a necesidade do traspaso durante unha viaxe reivindicativa no tren de Ferrol á Coruña para reclamar mellores servizos e frecuencias na conexión entre ambas cidades
O Estado apunta ás Pontes ou Cerceda como posibles destinos de Ence
Á espera de se o Supremo mantén ou non a anulación da prórroga concedida por Rajoy, a ministra Teresa Ribera subliña que o traslado da pasteira sería "máis doado" se é instalada nunha das dúas contornas beneficiarias polos fondos de "transición xusta" para compensar o peche das centrais térmicas. Feijóo reitera o seu plan para esquivar as sentenzas adscribindo a fábrica ao porto de Marín, que Ence nin menciona na información aos accionistas sobre os seus proxectos para afrontar o posible pechce en Lourizán
- Datos Coronavirus
- Acontece
O acurtamento dos illamentos propicia 25.000 altas de pacientes coa COVID e a incidencia segue á alza co impulso dos autotest
O 'pico' de casos activos pasa de 76.000 no 12 de xaneiro a 67.400 o día 8 e co novo método xa descende.Os positivos por autotest, que nos últimos días xa eran maioritarios en varias áreas sanitarias, quedan incorporados aos datos xerais e xa non é posible coñecer cantos son detectados por probas no sistema sanitario. Hai un ano o número de hospitalizacións era semellante á actual, en torno ás 500, pero a incidencia acumuada era sete veces inferior á de agora
- Datos Coronavirus
- Acontece
A maioría dos casos COVID detectados nas áreas da Coruña e Vigo xa proceden de autotest
Máis da metade dos 7.600 casos novos rexistrados no conxunto de Galicia o pasado martes, día 10, eran resultados de probas feitas na casa. Os casos activos superan os 76.000 (entre eles, 412 residentes en centros de maiores), pero o total baixará apreciablemente dende este día 13 ao reflectir xa os datos a redución dos illamentos a 7 días para persoas asintomáticas. As hospitalizacións coa COVID roldan as 500 e as camas de UCI ocupadas por pacientes coa doenza seguen arredor do medio cento
A Xunta, a remolque do Defensor del Pueblo, muda a auditoría externa de Conxo que lle pediu o Parlamento por unha inspección interna
Sanidade non comunicou o resultado aos deputados, que coñeceron da existencia do informe sobre o psiquiátrico compostelán polo PP e non polo Goberno galego. O seu contido é coñecido tras unha reclamación de Praza.gal ao amparo da Lei de Transparencia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un de cada catro casos da COVID rexistrados na última semana en Galicia son resultados de autotest
Case 8.200 dos 32.600 casos rexistrados polo Sergas nos últimos sete días son positivos de autotest mentres os achados mediante probas do propio sistema sanitario descenden con claridade. As persoas ingresadas con test positivo da COVID-19 seguen aumentando, pero de xeito contido, e roldan as 500. Mentres, o total de casos activos supera os 70.000, incrementando a presión en puntos do sistema como a Atención Primaria