- Guía Municipais 28M
- Política
Maioría absoluta ou forza máis votada: as dúas vías para lograr a alcaldía tras o 28M
A diferenza do que acontece nalgúns parlamentos, nos concellos non abonda con que a candidatura á alcaldía obteña máis votos a prol que en contra. Se ningunha logra a maioría absoluta no pleno da corporación, que se constituirá o vindeiro 17 de xuño, o posto é para a persoa que encabezase a lista máis votada nas eleccións
A CRTVG defende os debates electorais ás 10 da mañá e sinala baixa audiencia dos emitidos á noite noutras canles
Rodil (BNG) subliña que os debates do 28M programados pola TVG están tendo unha audiencia media dunhas 11.000 persoas na TVG e que o 'prime time' da televisión é arredor das dez da noite: "Negan á cidadanía un dereito fundamental". O director xeral, Sánchez Izquierdo, considera que a crítica da deputada non está "á altura dos seus coñecementos en materia audiovisual" porque os debates tamén son emitidos pola radio e internet
O BNG, "convencido" de que Goretti Sanmartín pode ser a vindeira alcaldesa de Santiago
Os cálculos do Bloque pasan por lograr reter o groso do electorado que votou por Pontón en Santiago nas eleccións galegas e mais arrastrar electorado do PSdeG e CA en 2019. Economía, vivenda ou regulación do turismo, exemplifica Sanmartín, centrarían algunhas das súas primeiras medidas se logra o bastón de mando
Zapatero aguilloa a campaña do PSdeG lucense con Besteiro e Orozco para que Lara Méndez recunque na alcaldía
Nun concorrido mitin a medio camiño entre a celebración, a reivindicación e a inxección de folgos, o ex-presidente, o ex-alcalde e o posible candidato socialista á Xunta arroupan á alcaldesa e candidata socialista á reelección, que pide "un último esforzo" para continuar a "segunda transformación" da cidade e advirte de que "hai moita diferenza" entre"gobernos coa boa xente" ou as "malas praxes que só practican as que non son boas persoas". Os anónimos achegados pola actual candidata do PP que incriminaron a Orozco e Besteiro "pertencen á historia da infamia" e "pesarán toda a vida sobre a conciencia dos que maquinaron para facer dano político e persoal" a "dous homes decentes", di Zapatero
Rueda axita en campaña dende a Xunta o medo á ocupación ilegal de vivendas
Tras recibir apenas trinta consultas nun ano, a Xunta renovou por 50.000 euros o teléfono 'antiocupacións' que encomendara ao Consello da Avogacía, pero engadindo consultas sobre desafiuzamentos. O pasado febreiro volveuno renovar por outros 50.000 euros, incluíndo o compromiso de actualizar unha guía con eventuais novidades lexislativas. A seis días do 28M, Rueda anuncia un novo acordo para "elaborar unha guía informativa" sobre "vivendas ocupadas ilegalmente" e atribúeo á "incerteza" que atribúe á nova lei estatal de vivenda
Baltar tamén foi multado por conducir o coche oficial a 173 km/h na mesma viaxe na que o interceptaron a 215
Apenas unha hora antes de ser interceptado en Zamora por ir a 215 km/h, o presidente da Deputación e do PP ourensán foi captado a 173 km/h na mesma autovía en Allariz, segundo revela Radio Ourense. Tras transcender a primeira infracción, pola que está á espera do xuízo do día 31, atribuíra o exceso de velocidade a un "erro illado". A nova información acredita que conduciu a unha velocidade media non inferior a 158,9 km/h cando menos nos 143 quilómetros que separan ambos puntos
Lugo, a gran batalla electoral da memoria
A memoria é peza clave na carreira do 28M en Lugo, unha das batallas centrais nas municipais en Galicia, onde a maioría gobernante de PSdeG e BNG, encabezados por Lara Méndez e Rubén Arroxo, aspira a recuncar fronte a un PP que non toca o bastón de mando dende 1999 e que busca erguelo apoiándose no desgaste de dúas décadas de gobernos da esquerda e nunha eventual desaparición de C's, cuxa candidata insta a non dar por descontado que, de ser o caso, apoiaría mecanicamente a popular Elena Candia
Lores pide liderar a "Pontevedra do futuro" fronte á dereita que procura retornar a unha cidade "gris, triste e enferma"
"Calquera voto que non vaia ao BNG será un voto para a volta atrás, por volver a aquela Pontevedra rancia, casposa e en branco e negro dos anos 80 e 90, defende o candidato á reelección, que expuxo no mitin central xunto a Ana Pontón o seu plan "ambicioso e realista" para a vindeira década. Lores e o seu grupo pensaron Pontevedra en grande igual que eu penso unha Galiza en grande; o meu soño é facela realidade como se está a facer en Pontevedra", subliña a líder do Bloque
- Crónica
- Política
A confirmación das eleccións europeas para o 9 de xuño de 2024 dispara de vez o debate sobre a data das galegas
Rueda mantén que as eleccións galegas "non van coincidir coas xerais", polo que serán en 2024, cando está xa fixada a cita do 9X para os comicios ao Parlamento da UE. Entre o 9X e 'estirar' a lexislatura ata o verán, o que conduciría a unha improbable campaña en agosto, caberían hipóteses como votar en marzo, cadrando co 15º aniversario da primeira vitoria do PP con Feijóo, un escenario moi condicionado polo que aconteza a nivel estatal
A nova Pontevedra 'de toda a vida', o modelo urbano do BNG de Lores que volve examinarse o 28M
O marco do debate do 28M en Pontevedra é continuar ou mudar o modelo urbano implantado polo BNG dende 1999 mentres o candidato á reelección advirte: "O traballo feito é pasado" e un "punto de partida da nova etapa". Abrir a cidade á ría ou o perenne tirapuxa sobre Ence marcan tamén unha carreira electoral na que o PP defende que "toca cambio" con Rafael Domínguez e o PSdeG estrea candidato, o ata agora edil Iván Puentes
- 📺 Crónica Municipais 28M
- Política
O PP sinala a esquerda como unha molestia en Galicia
Os populares lanzan como parte da súa estratexia para o 28M unha campaña que identifica como molestias para Galicia a PSdeG, BNG e Podemos, aos que atribúe unha "gran listaxe de agravios" e esixe que "non nos amolen"
- Entrevista | Ana Pontón Municipais 28M
- Política
"O BNG vai ser a forza que máis suba e teremos máis alcaldías, hai unha gran corrente de simpatía cara a nós"
A portavoz nacional do BNG afronta por primeira vez unha campaña electoral como líder da primeira forza da oposición en Galicia e faino confiando en "expandir" o "modelo municipal de éxito" e sen ocultar o seu optimismo. O país, mantén, está inmerso nunha "fin de ciclo" acrecentada polo "insípido" Goberno do PP de Rueda e, sen dar "nada por feito", responde ás preguntas sobre políticas a medio prazo manexando como hipótese viable a posibilidade de ter que abordalas dende a Xunta.