A Xunta destruíu 25.000 quilos de peixe dunha empresa de xeito "inxustificado" e agora ten que indemnizala con 135.000 euros
Sanidade tardou oito meses en sancionar como grave o que era unha infracción leve, o produto acabou estragado e despois a consellería obviou un ditame do Consello Consultivo que dixo que había que indemnizar a empresa, o que agora confirma o Tribunal Superior
"Que che pidan perdón repara": o presidente de vítimas de Angrois salienta no xuízo os atrancos para achar as causas do sinistro
Jesús Domínguez relata a dor dos afectados por “saber que era evitable, aínda que non houbese intención”, ao que a xuíza contesta que “todo o que non é intencionado é evitable”
A Xunta tarda dous anos en reparar o embarcadoiro da Guarda que impide que funcione o transbordador a Caminha
Tras pechar a súa rampla por deterioro en outubro de 2021 Portos de Galicia di que volverá funcionar en verán pero salienta que “peregrinos e visitantes” teñen o Xacobeo Transfer, unha lancha de 12 pasaxeiros que reduciu a comunicación entre as dúas vilas
Catro meses sen cobrar a Risga porque a Xunta tardou tres en pedirlle o número de conta
A Valedora reprocha a Política Social a súa demora con trámites “en situacións nas que se precisa atender necesidades básicas”
- Mapas
- Política
Expertos piden actualizar os plans para recuperar o oso e a Xunta supedita o seu, de 1992, a pactos entre autonomías
O último censo da especie detectou a presenza en Galicia de 11 exemplares dos 370 contabilizados en toda a cordilleira cantábrica
O Celta pide unha avaliación de impacto rápida da ampliación da súa cidade deportiva e prevé unha década para rematala
A Xunta inicia a tramitación ambiental do proxecto, que insiste en que deixar o monte comunal de Mos como está en lugar de facer o complexo deportivo supón riscos de incendio
Un xulgado abre dilixencias por prevaricación contra o director de Mobilidade da Xunta pola súa xestión dos autobuses
A maxistrada, tras unha denuncia de Galibus, asociación de empresas do sector que se sente prexudicada por Monbus, reclama á Xunta os contratos cos que en 2019 e 2020 reorganizou as liñas de transporte público de Galicia
O PP atribúese o aumento de lobos en Galicia tanto en exemplares como en distribución no territorio
A conselleira de Medio Ambiente salienta nun acto dos populares no Senado que desde 2009 as mandas pasaron de 68 a 93
A espera por unha consulta especializada no Sergas dispárase a 66 días, como no peor da pandemia
As cirurxías estáncanse en Galicia nos 75 días de espera media segundo os datos oficiais da Xunta, que o Goberno galego aínda non desvelara e que agora se coñecen a través do balance estatal do Ministerio de Sanidade
A Valedora obriga o Sergas a detallar cantos compromisos incumpren as súas áreas sanitarias
Sanidade argumentou que as avaliacións dos “acordos de xestión” que asina con ela mesma son documentos de traballo internos, pero a Valedora di que debe entregalas a Praza.gal porque “serven para comprobar o seu grao de cumprimento”
As empresas de renovables en que participe a Xunta deberán ter nos seus fins "procurar o beneficio social"
O Goberno galego contempla a posibilidade dunha participación interposta, a través de sociedades participadas directamente pola administración que á súa vez participen en sociedades “vehiculares” para executar cada proxecto concreto
A Xunta é condenada por dar de baixa en agosto o persoal substituto de escolas infantís
O Goberno galego incluíu unha cláusula ilegal en todos os contratos de substitución polos que deixou de pagar ese mes pero ao tempo esixiu ás persoas afectadas que lle pedisen permiso para traballar noutra cousa