Máis dun ano á espera dunha operación pautada para tres meses e o Sergas minimízao porque non tivo que ir a urxencias
“Que o doente non demande asistencia de urxencia non pode ser un factor negativo”, di a Valedora, que censura que a Xunta non informe da posibilidade de ir á privada a quen supere o prazo fixado na pública
- Entrevista | Javier Sánchez Zapatero
- Cultura
“Na novela negra galega ‘A Esmorga’ ten un valor fundacional, e hai que seguir reivindicando ao primeiro Suso de Toro”
Salamanca acolle o XIX Congreso de Novela e Cine Negro, referente na análise do xénero desde a universidade polo que veñen pasando autores galegos e que este ano dedica atención especial a Domingo Villar e premia a Diego Ameixeiras
O posible expediente a Baltar queda en mans do PP estatal e o código ético da Deputación non contempla sancións
Os estatutos do partido contemplan a “competencia exclusiva e excluínte” do Comité Nacional de Dereitos e Garantías para instruír e resolver un expediente de calquera afiliado que pertenza a “calquera órgano nacional” do PP, como ocorre con Baltar
A Xunta dá luz verde técnica á construción de 75 dos 77 parques eólicos que xa autorizara ambientalmente
O vicepresidente económico di que en 24 obrigouse a reducir a potencia, co que os MW autorizados pasan dos 2.200 validados nas avaliacións ambientais aos 1.961 que agora reciben a autorización de construción, o que supón o 50% do xa instalado
BNG e PSdeG esixen a Rueda que actúe contra Baltar polo seu presunto delito ao conducir a 215 por hora e o presidente evítao
Pontón di que os cargos públicos “temos que dar exemplo, e ir a máis de 200 é un perigo para a seguridade viaria”, mentres os socialistas ourensáns piden a dimisión do presidente da Deputación e preguntan “a onde ía co coche pagado por todos”
Competencia da Xunta garda silencio tras a súa condena por non sancionar a Monbus e Alsa por repartirse o mercado
O órgano presidido polo popular López-Chaves non aclara se xa iniciou un expediente sancionador ás empresas como ordenou hai mes e medio o TSXG
A Xunta di que a folga de buses desta semana é cousa do sector e lembra que xa lle deu 60 millóns máis do previsto nas concesións
O Goberno galego condiciona mudanzas nos contratos que reclaman as empresas a que o Goberno de España o habilite legalmente
A xustiza fai firme que a cidade deportiva do Celta comezou de xeito ilegal
O Tribunal Superior rexeita o derradeiro recurso presentado polo Concello de Mos, que xunto con Carlos Mouriño puxo en marcha un proceso de legalización e ampliación do xa construído
Un mes despois de anunciar un xiro político para participar nas renovables a Xunta nin iniciou a consulta pública previa
Rueda pediu tempo para aclarar a nova postura do Goberno galego coa futura lei, que di que beneficiará a “toda a sociedade”, pero de momento o proceso de escoita está centrado en colectivos empresariais sen abrirse aínda ás opinións da cidadanía
Outra Tarxeta Benvida mal denegada pola Xunta por non comprobar a documentación que lle entregou unha familia
Unha familia puxo por erro no formulario unha data de nacemento distinta á do libro de familia, pero a consellería non atendeu ese documento oficial nin aceptou corrixir o erro da solicitude e agora é condenada a retomar o expediente
A Xunta renuncia a defender no Supremo a súa redución á metade do prazo para alegar contra parques eólicos
O Goberno galego só recorreu un dos dous motivos polos que o TSXG anulou a repotenciación dun eólico en Corme e agora o Supremo analizará se a exposición pública debía contar con todos os informes ou podían facerse despois, pero non a redución do prazo
A Xunta quere mudar os dous helicópteros de salvamento que en 2012 vía "obsoletos" pero que prorrogou hai dous anos
O Goberno galego primará nun novo concurso público as empresas interesadas que oferten aparatos fabricados despois de 2015 fronte os actuais de 2005