- Crónica Cara ás Galegas
- Política
De "Galicia en paz" ao cambio de goberno: os partidos ven alargar os límites do posible para o 18F
Nas anteriores tres eleccións que o PP perdese a Xunta era algo que, simplemente, non ía suceder. Os populares aspiraban a pintar este mesmo cadro para a campaña de 2024, pero o escenario mudou e ningunha das principais forzas dá xa por feita outra absoluta do PP, aínda que sexa o máis probable. Uns cantos milleiros de votos poden derivar nunha maioría progresista: así len a situación as principais forzas a apenas un mes da cita coa urnas
A Fiscalía pide 3 anos de cadea e 17 de inhabilitación para Carlos Gómez, ex-alcalde de Baiona do PSOE, por quitarse multas
O ministerio público di que o rexedor, agora deputado provincial, "con total desprezo do deber de abstención estimou as súas propias alegacións", baseadas en documentos falsos
A simplificación da Tarxeta Benvida prometida por Rueda queda en cambios menores e a solicitude segue sendo similar
O presidente anunciou en outubro que a axuda sería concedida automaticamente "sen que haxa que cubrir ningún formulario nin achegar ningunha documentación adicional", pero agora o DOG mantén unha tramitación semellante a anterior
45 trens afectados por unha avaría de 12 horas na sinalización de Adif na estación da Coruña
Durante boa parte do día os maquinistas tiveron que circular sen o amparo de parte dos sistemas de seguridade
Dos 'okupas' e os lobos aos 'pellets': Rueda defende a "valía" da vicepresidenta Vázquez, cara política da crise
O presidente desbota destituír a Ángeles Vázquez, titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, significada desde hai anos por unha axenda aliñada cos intereses electorais da banda máis á dereita do PP
O Consello de Contas critica que entes paralelos da Xunta fraccionan contratos para adxudicalos discrecionalmente
O ente fiscalizador revela todo tipo de irregularidades, froito dunha mala planificación, nos procedementos de contratación de entidades como Turismo de Galicia, CRTVG, Sogama, Igape ou Augas e Portos de Galicia
A Xunta cede e eleva o nivel da emerxencia polos 'pellets' para recibir axuda do Estado tras catro días negándose
O Goberno galego anuncia a súa decisión despois de que tamén o fixese Asturias e co Goberno de España preguntándose "por que a Xunta non quere colaboración".
Lara Méndez deixa a alcaldía de Lugo e será a 'número 2' do PSdeG tras Besteiro na lista por esa provincia
A remuda no Concello será inminente xa que a lei impide que poida figurar na lista electoral sendo aínda rexedora pola incompatibilidade dese cargo co de deputada galega
O Concello de Santiago fixa a renovación do transporte urbano e a taxa turística como retos deste 2024
O goberno local de BNG e Compostela Aberta queren aumentar a participación cidadá e "que a poboación recupere o orgullo de capital", en verbas da alcaldesa, Goretti Sanmartín, que non teme efectos das eleccións galegas
A Xunta desbota eólicos en Xove porque hai moitos e autoriza unha liña eléctrica na Serra do Faro que podería achegar lobos ás casas
Medio Ambiente di que as obras dunha conexión de 18,8 quilómetros polos concellos de Cea, Piñor, Dozón e O Irixo "podería provocar o desprazamento da especie a núcleos de poboación"
Mil sacos de 'pellets' no mar e o plan de contaminación da Xunta no nivel mínimo, que non esixe reforzo estatal
O Goberno galego acusa o español de inacción e ao tempo minimiza o ocorrido mantendo a emerxencia nun nivel que non obriga ao Estado, mentres este identifica contactos coa Xunta os días 13, 20, 26 e 27 de decembro para criticar que non actuase ata este sábado
Buses máis antigos e contaminantes e demoras reiteradas: o TSXG avala multas a Monbus polo transporte escolar
A empresa tentou rebaixar sancións da Xunta alegando que a antigüidade dos vehículos non afecta á seguridade senón que é só unha "molestia, incluso inapreciable para os usuarios", pero o tribunal di que en todo caso é un incumprimento