"Non esquecer a barbarie para non repetir os erros": o Parlamento homenaxea á fin a Bóveda e as vítimas do franquismo
A filla do asasinado pide que a lembranza teña continuación cun “día dos mártires galegos ou de Galiza mártir” e o presidente da Cámara gaba “a grandeza de quen se despediu perdoando” e apela ao “espírito de reconciliación”
Nova sanción a Ence por "planificación deficiente" e "falta de inspección" no accidente grave dun leñador
O Tribunal Superior constata que “a pesar dos incumprimentos” de seguridade da subcontrata para a que traballaba o afectado, golpeado por unha árbore, “Ence non procedeu a paralizar” a talla, polo que a considera “responsable solidaria” da sanción
Da CIAF en Angrois á CIAIM no Pitanxo: as investigacións técnicas 'independentes' de accidentes aínda non o son tanto
Unha nova lei agora paralizada pretendía dar máis autonomía aos entes de análise de sinistros, que no ferroviario afronta un preito no Supremo por incumprir a normativa europea e no marítimo vén de desatender á Audiencia Nacional na causa do afundimento en Terra Nova
O PP non logra recuperar Melón tras rescatar como candidato o ex-alcalde condenado por prevaricación
Alberto Pardellas foi inhabilitado oito anos por levantar un pavillón xunto a un mosteiro protexido e deixou a alcaldía á súa muller, que a perdeu en 2019. Agora foi recuperado polo PP como candidato pero tivo aínda menos votos.
Un galego encabeza a dereita estatal en 9 das 15 eleccións xerais, con só dous triunfos ata agora
Fraga liderou ata tres coalicións de dereitas distintas e Rajoy encabezou o PP cinco veces pero só logrou a presidencia do Goberno de España en dúas ocasións, obtendo en 2011 o mellor resultado
O baltarismo deféndese das acusacións de corrupción do PSdeG: "A cidadanía avalou nas urnas"
Socialistas e nacionalistas apostan por abrir unha nova etapa na Deputación, “se non como sociedade imos cara a un suicidio”, di o portavoz do BNG
A Xunta é condenada por reducir a discriminación positiva de persoas con discapacidade no acceso a prazas docentes
O Goberno galego permitiu que prazas da quenda de acceso de discapacidade mudasen a acceso libre co argumento de que xa acadou o 2% dese colectivo no total de Educación, pero o TSXG di que iso desvirtúa a lei e vulnera a Constitución
Rueda evita confirmar a Baltar como candidato á Deputación de Ourense
O presidente di que “un candidato do PP debería presidir as entidades onde fomos a lista máis votada” pero “sen falar de persoas”, e rexeita valorar a “hipótese” dun pacto que dese a Jácome a alcaldía porque “a día de hoxe” non lla formularon
Rueda pide ao BNG que dea Ourense ao PP para apartar a Jácome e cala ante as "mordidas" de Baltar que lle afea Pontón
O presidente converte a sesión de control á Xunta no Parlamento nun monólogo de gabanza dos resultados do PP nas municipais e a portavoz do BNG dille que lle “queda grande” o cargo mentres non aclare que vai facer con Ourense
- Análise Municipais 28M
- Política Ourense
A hora máis escura dos Baltar
O resultado electoral, o xuízo penal por conducir un coche oficial a 215 por hora e gravacións que para PSdeG e BNG o relacionan con financiamento ilegal a través dun irmán sitúan o presidente ourensán no momento máis difícil, tamén dentro do PP
O PP amplía a súa maioría en Boimorto coa alcaldesa que saltara a cola para a vacina da COVID
María Jesús Novo obtén máis votos que en 2019 e aumenta a diferenza con PSdeG e BNG malia asegurar Feijóo hai dous anos que quen se adiantase na vacinación debería “presentar a renuncia ao cargo”, o que os populares nunca lle esixiron
- Mapa Municipais 28M
- Política
Ciudadanos desaparece e Vox non calla en Galicia, cun único concelleiro
O PP consolida o seu dominio da dereita con Ciudadanos incapaz de manter os edís que obtivera en 2019 en varias cidades e vilas e cunha soa concelleira en Avión para a formación de Abascal.