Do pavillón do Sar ao Pazo Real de Aranjuez: Feijóo tamén recicla a presentación das súas candidaturas
O candidato popular presenta as e os cabezas de lista do PP ás xerais sobre un mapa de España como xa fixera en 2011 sobre un mapa de Galicia coas candidaturas populares ás municipais daquel ano
A Audiencia de Pontevedra constata "irregularidades administrativas" pero absolve dous ex-alcaldes do PP de Nigrán xulgados por corrupción
O tribunal reduce a "simple sospeita ou mera conxectura" a acusación da Fiscalía de que os implicados foros subornados pola empresa adxudicataria do contrato municipal do lixo
Medio ano despois o Sergas aínda non sabe cantos compromisos incumpriron en 2022 as súas áreas sanitarias
Sanidade aínda ten pendente a avaliación do grao de cumprimento no pasado ano dos acordos de xestión cos que cada exercicio fixa obxectivos ás súas sete áreas sanitarias
- Reportaxe Cambio climático
- Política
O Goberno galego súmase aos discursos da dereita europea contra as medidas para atallar o cambio climático
O PPdeG augura a morte do rural por restricións ambientais de Bruxelas e defende a ocupación do litoral ou industrias contaminantes, nalgúns casos cun dobre discurso que evidencia oportunismo electoralista
Rueda perde "unha peza fundamental" coa marcha de Conde e abre a porta a máis cambios na Xunta polas listas de Feijóo
O presidente galego admite que non tiña "ningunha razón" para unha crise de goberno pero asúmea polas "oportunidades" que ao seu ver abriría un Goberno estatal de Feijóo
Feijóo abre outra crise de goberno na Xunta e deixa a Rueda sen Francisco Conde, o seu vicepresidente "imprescindible"
Home de confianza en materia económica de Feijóo desde hai máis dunha década, Conde será cabeza de lista do PP ao Congreso por Lugo, o que obriga a Rueda a remodelar novamente o Goberno galego
A Fiscalía pide catro anos de cadea para un acusado de estafar 60.000 euros á Xunta facéndose pasar por unha contratista
O home "remitiu correos electrónicos á conta xeral da Consellería de Sanidade" e despois logrou que un funcionario mudase o número de conta bancaria no que o Sergas tiña que pagar á empresa e o fixese na súa
"Primeiro son os proxectos e despois as persoas", di a 'número 2' do PPdeG sobre quen presidirá a Deputación de Ourense
Unha semana despois de que o presidente Rueda dixese que Baltar é hoxe "concelleiro de Esgos, nada máis" a súa secretaria xeral di que "estamos escoitando a opinión de todo o mundo" para decidir o futuro da institución
A Xunta subvencionará con 200 euros 5.000 persoas mozas para que fagan o Camiño de Santiago
Rueda anuncia un millón de euros en descontos en aloxamento e restauración para "animar a que máis mozos sigan facendo o Camiño" tras un novo ano de récord nas peregrinacións
A CRTVG discriminou unha traballadora por denegarlle o dereito a conciliar e o Supremo confirma que terá que indemnizala
A muller xustificou as necesidades familiares adecuadamente pero o ente público non negociou con ela, como obriga a lei, polo que vulnerou "o principio de igualdade" e "o dereito a non ser discriminada por razón de sexo"
Rueda admite que no PPdeG hai quen teme "relaxación electoral" cara ás galegas "tras tantas eleccións seguidas"
O presidente dos populares galegos advirte de que "o partido ten que estar sempre en tensión" pero insiste en que non hai "ningunha novidade" a respecto dun posible adianto electoral en Galicia
"A conciliación non pode pasar pola solidariedade": patronal e sindicatos critican que a Xunta tire do voluntariado na nova lei de igualdade
O Consello Económico e Social lamenta a “falta de concreción nalgúns aspectos da lei” e critica que prevea bancos de tempo para axudar en labores domésticos e de coidado, ao que a Xunta contesta que serán só “unha ferramenta máis”