"Asumíase que a seguridade estaba suficientemente controlada", di un técnico de Adif sobre o accidente de Angrois
Un subordinado do cargo da empresa acusado polo sinistro di que era correcto deixar “en mans dun maquinista o control da velocidade”, ao que o fiscal replica que “o profesional pode fallar, ese é o problema”
O máximo responsable sindical de Renfe di que Adif debía evitar o accidente de Angrois pola lei de riscos laborais de 1995
O teléfono que Adif di que o maquinista accidentado non tiña que coller era do propio Adif e a única canle pola que Renfe ou o interventor do Alvia se podían comunicar con el mentres conducía
Rueda inaugura o seu primeiro treito de autovía, 11 quilómetros entre Sarria e Láncara
A infraestrutura é froito do desdobramento do segundo treito do corredor Nadela-Sarria inaugurado en 2008
O PPdeG cifra nunhas 400 as liñas de bus escolar que recibiron queixas no inicio do curso
Os populares aseguran que a Xunta resolveu os problemas “entre setembro e principios de outubro”, cando recibiron queixas polo "caos" desde múltiples comarcas galegas
O Supremo fai firme unha condena a Conservas Dani por vulnerar a liberdade sindical con varios despedimentos
Tras gañarlle o sindicato varios preitos laborais, a empresa botou tres empregadas afiliadas a esa central, o que influía no resultado das seguintes eleccións sindicais na súa planta de Carnota
A xuíza critica que os maquinistas non avisasen máis ou mellor do risco de Angrois
Varios condutores declararon xa que nada podían facer ante a resposta de que todo era correcto que recibira o seu xefe tras advertir da situación, pero a maxistrada repróchalles que “levan a centos de persoas”
Alcoa como comodín: os dous cambios legais cos que a Xunta autoriza eólicos en sitios non previstos e os acelera discrecionalmente
O Goberno galego habilitouse para permitir parques fóra do seu plan para o sector se os ve con “entidade económica e social” e pode priorizar os vinculados con industrias, pero a segunda figura aínda non foi empregada formalmente
Unha costa máis segura polo esforzo público pero con intereses privados no medio: o salvamento marítimo tras o Prestige
Expertos en seguridade marítima sinalan que, aínda que se minimizase, segue existindo risco dun accidente similar e dubidan dos intereses políticos ou empresariais que se poderían volver cruzar nun caso así
O PP emenda os orzamentos da Xunta para dar máis facilidades a bingos e parques eólicos
Os populares tamén mudan a redacción da suposta moratoria de novos aeroxeradores, que en lugar de admitir que o número de peticións “desborda” á Xunta dirá só que “excede” as súas previsións
O Tribunal Superior fai responsable á Xunta de dilacións nos xulgados de Familia e Violencia sobre a Muller por falta de persoal
O presidente do TSXG e a directora do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) reclaman máis persoal para realizar as peritaxes psicosociais, cuxas demoras “afectan á tramitación de procedementos xudiciais”
O Supremo decidirá se a comisión oficial que se nega a unha investigación técnica independente de Angrois actúa de forma legal
O alto tribunal admite a trámite un recurso da plataforma de vítimas que o levará a analizar tamén en xeral “a posición xurídica dos afectados en accidentes” ante as investigacións oficiais de sinistros
A Xunta creou hai dez anos un Comité Asesor sobre contaminación mariña que nunca reuniu e só o fará de xeito excepcional
O Goberno galego fixo que as universidades nomeasen representantes pero en 2016 mudou a normativa para só convocar os expertos “sempre que a continxencia o requira” ou “se cómpre”, algo que el mesmo decide