Un xuíz do TSXG quere que a Fiscalía investigue se a Xunta promove a invasora alga wakame en vez de erradicala
Nun preito que avalou a correcta tramitación dos plans de algas da Consellería do Mar un maxistrado lamenta que, máis alá do procedemento administrativo, "o obxecto dos plans non é a erradicación da alga exótica senón a súa comercialización"
- Restaurante Lar Blanco (Oroso) 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
"Non descartedes que digan que ofrecín Interior a ERC e Defensa a Otegi", di Feijóo tras contemplar un indulto a Puigdemont
Na xornada en que Esquerra di que o PP quixo pactar a investidura de Feijóo, este tenta tirar de retranca e fala de "insidias e calumnias" pero sen desmentir que trasladou a unha ducia de medios que aceptaría un indulto condicionado en Catalunya
O PP promete 18 novas leis tras deixar 10 sen aprobar do programa de 2020 malia a súa maioría absoluta
O novo programa electoral volve anunciar leis de incendios forestais, de infancia ou de intelixencia artificial que os populares non foron quen de votar en catro anos
A Xunta Electoral abre expediente a Rueda por facer electoralismo coas pensións non contributivas
A semana pasada xa abrira outro expediente ao PP por reiteración na divulgación de propaganda prohibida na precampaña e agora o ente de control afea a reiteración do presidente en facer declaracións electoralistas desde o Consello da Xunta
A derradeira enquisa do CIS prevé un forte aumento do BNG e mantén no aire a maioría absoluta do PP
O PP mantén un resultado estimado de entre 34 e 38 escanos, mentres que o BNG dispara a súa estimación e podería superar os 30 escanos, mentres que o PSdeG cae. Sumar, Vox e DO poderían entrar no Parlamento.
Feijóo tenta resituar a postura do PP sobre Catalunya e Rueda pide o voto "para axudalo a que chegue ao Goberno de España"
Tras virar novamente a campaña galega ao conflito catalán, o líder popular di que "non se dan as condicións" para indultar a Puigdemont, sen descartalo, e Rueda introduce unha nova mensaxe pedindo o voto para "para axudar a Feijóo"
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Feijóo contempla un indulto a Puigdemont tras media campaña de Rueda contra as concesións a Catalunya
A unha semana do 18F Feijóo fala en Lugo en privado con xornalistas de Madrid e varios publican que aceptaría unha vía de achegamento con condicións a Junts
15 anos de gobernos do PP, 15 anos de mala xestión certificada polo Consello de Contas
O ente independente fiscalizador das administracións galegas leva anos evidenciando deficiencias na xestión dos cartos e o persoal públicos por parte da Xunta, con eivas que se manteñen desde hai máis dunha década
- Hotel Monumento San Francisco 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
Rueda, acompañado do presidente andaluz, rexeita a "soberbia" da esquerda e proclama: "sabemos gobernar"
Para cargar contra o BNG, que o PP presenta xa abertamente como o seu principal contrincante, a número 2 do partido, Paula Prado, renega dun dos dous topónimos do país: "Galicia non é Galiza, é Galicia"
Rajoy fai campaña nun centro de maiores da Xunta en Santiago
A Consellería de Política Social di que os centros sociocomunitarios "son instalacions abertas a todo o público"
- Galería 18F Eleccións galegas
- Política
A campaña en imaxes: a aperta Pontón-Beiras, o ministro rei mago ou os 'bots' do PP
No ecuador da campaña repasamos algunhas das imaxes máis significativas da carreira ás urnas desde que Rueda convocou os comicios a finais de decembro
E agora bono mascota: Rueda anuncia axudas para microchip e vacinas a quen adopte un animal
O candidato popular anuncia un centro autonómico de acollida de animais, actividade que ata agora viñan realizando os concellos