Monbus e Alsa acusan o TSXG de "usurpar" unha competencia da Xunta ao condenar o seu pacto para repartirse liñas de bus
As empresas recorren ao Supremo e censuran que o tribunal galego xulgase o fondo da cuestión e non se limitase a pedir unha nova investigación da Xunta. O Goberno galego alega que xa considerara “razoable” que as dúas empresas concursasen xuntas
A aseguradora de Renfe atribúe o accidente de Angrois ao "perigo creado" polo director de Seguridade de Adif
O seguro de Adif, Allianz Global, atribúe pola contra a acusación ao director de Seguridade a unha "persecución" do seguro de Renfe e di que sería "unha irresponsabilidade" deixar toda a seguridade nas súas únicas mans
De gobernar Galicia a un escano inestable en Madrid: a estratexia de replicar o PPdeG no Estado acaba na orela
A decisión de Feijóo de sacrificar as estruturas que construíra en Galicia e transplantalas a Madrid en favor dun posible goberno estatal naufraga na indefinición e queda condicionada ao que decidan outras forzas políticas. O equipo que acompañou o ex-presidente descapitalizando o PPdeG e a Xunta queda agora náufrago en Madrid, sentado no Congreso en escanos de dubidoso futuro
O accidente de Angrois supera o seu décimo aniversario afastado dos focos
A atención mediática ás eleccións xerais e a decisión da Xunta de non organizar ningunha lembranza oficial marcaron unha xornada na que as vítimas seguiron reclamando xustiza e responsabilidades políticas
Rueda presenta Galicia como "unha comunidade harmoniosa e ben afinada" no único acto da Xunta polo Día Nacional
O presidente entrega as Medallas de Galicia deste ano a Juan Pardo, Luz Casal e Carlos Núñez, aos que sitúa como exemplos dunha "galeguidade que non entende de fronteiras e se adapta á cultura universal"
- Liña de tempo Angrois: traxedia en Compostela
- Política
Sete anos de instrución, dous de preparación para o xuízo, un de vista oral... e aínda sen data para a sentenza de Angrois
As demoras xudiciais rexistradas nestes dez anos, ás que hai que sumar obstáculos de Adif e Renfe, facilitan a atenuante de dilacións indebidas
Feijóo devolve o PP estatal onde o deixara Rajoy, pero lonxe da maioría absoluta
O popular non é quen de replicar a nivel estatal as súas catro contundentes vitorias galegas e o seu futuro queda por primeira vez en mans de terceiros
O PP logra 13 dos 23 escanos galegos co 44% dos votos e a esquerda suma máis da metade do electorado
Os populares pasan de 10 a 13 escanos grazas a subas na Coruña, Lugo e Ourense a conta do PSOE, que queda con 7, mentres Sumar revalida os dous escanos pola Coruña e Pontevedra que tiña Unidas Podemos e o BNG mantén o da Coruña
Vítimas de Angrois cargan contra "a maquinaria do Estado" no décimo aniversario do accidente
A menos dunha semana de que remate o xuízo polo accidente, a plataforma de afectados reitera que o acusado de Adif tivo máis responsabilidade que o maquinista e critica a actuación no caso dos sucesivos gobernos
- Liña de tempo Angrois: traxedia en Compostela
- Política
Para que serviu Angrois: as 8 melloras que tardaron anos en implantarse e a que aínda non, clave no xuízo
Dez anos despois aínda está sen cumprir unha das 9 recomendacións oficiais formuladas, que se fagan análises de risco específicas, por cuxa ausencia en Angrois está acusado un cargo de Adif, que non as vía necesarias malia que a UE di que si
Do peche do paridoiro de Verín aos pactos con Jácome: o terrorismo como comodín de Feijóo
O candidato popular teima en recorrer a ETA como baza electoral tras empregala de xeito reiterado como presidente da Xunta como estratexia de defensa dalgunhas das súas medidas máis polémicas
Rueda confirma que a Xunta non fará ningún acto de lembranza polo décimo aniversario de Angrois
"Non hai ningún acto previsto oficialmente máis que o respecto polas vítimas e a colaboración para que se desenvolvese o xuízo", di o presidente