A central térmica das Pontes debe desmantelarse antes de agosto de 2027
Tras a petición de Endesa e a paralización cautelar pola guerra en Ucraína o Goberno de España vén de establecer que a instalación debe pechar antes dun ano, e a partir dese momento a empresa terá como máximo tres anos para desmantelala
Van 28 sentenzas: 15 anos despois o TSXG segue dicindo que as construcións de Barreiros paradas polo bipartito eran ilegais
Nunha nova sentenza que volve constatar as irregularidades do que se pretendía construír o Tribunal Superior rexeita de novo que a Xunta indemnice a promotores afectados pola paralización do urbanismo de 2007
Esta fin de semana remataría a peaxe da AP-9 se Aznar non a prorrogase ata 2048
A Comisión Europea mantén "en curso" desde hai dous anos un procedemento de infracción contra España pola decisión de 2000 de ampliar a concesión sen un novo concurso público a cambio de que a autoestrada chegase ata Ferrol
A Audiencia de Pontevedra insta a mellorar a autoestrada Vigo-Baiona tras un choque con dous xabarís
O tribunal condena a Autoestradas de Galicia, concesionaria da Xunta, por non implantar mellores sistemas para canalizar a fauna que tenta cruzar a infraestrutura ante a "evidente" fragmentación dos hábitats polos que pasa
Barreiros pide axuda á Xunta para dar auga á poboación que atraeu a explosión urbanística apoiada polo PP
A alcaldesa, Ana Ermida, do BNG, salienta que a vila pasa en verán de 3.000 a 12.000 habitantes e lembra a Rueda por carta que o propio Goberno galego propuxo hai unha década un investimento de 14 millóns que nunca se executou
A Xunta obviou tres anos de queixas por escrito sobre o estado dunha estrada na que acabou accidentada unha viandante
A Consellería de Infraestruturas terá que indemnizar unha muller que rompeu un brazo e quedou con secuelas tras tropezar pola falta de mantemento da vía malia "numerosas" protestas do Concello e a veciñanza, mesmo ante a Garda Civil
Demasiados embarcadoiros turísticos na Ribeira Sacra: o Estado 'intervén' o sector para garantir o respecto ao medio ambiente
Só no encoro dos Peares hai 10 autorizados e solicitudes para outros 11, o que levou á Confederación Miño-Sil a suspender novas autorizacións e encargar unha planificación que garanta a compatibilidade de usos
España, a raíz de Angrois, e Portugal, únicos estados que investiga a UE por incumprir aínda a directiva ferroviaria de 2004
En resposta a unha pregunta sobre seguridade formulada por eurodeputados de varios países, entre elas a galega Ana Miranda, a Comisión Europea di que supervisa se catro estados cumpren a directiva de 2016 e dous a de 2004, entre eles España
O Consello de Contas reprocha á Xunta deficiente control das denominacións de orixe, nas que ve falta de transparencia
O ente fiscalizador pide ao Goberno galego que analice a conveniencia de eliminar algún dos consellos reguladores da trintena de produtos protexidos que hai en Galicia, dos que constata o seu elevado grao de dependencia das subvencións públicas
Caballero oponse "frontalmente" a "calquera taxa turística nas Cíes ou na cidade"
"Era o que faltaba, que desde o Concello traiamos xente á cidade e que cando vaian ás Cíes a Xunta lles cobre", di o rexedor sobre a enquisa do Parque das Illas Atlánticas sobre un "suplemento" para mellorar a recuperación de flora e fauna
Unha avaría que derivou nun afundimento mortal revela incumprimentos da concesionaria de remolcadores do Porto de Marín
A investigación oficial do afundimento dun remolcador en novembro de 2020 no que morreu o seu patrón sinala un "incumprimento" dos pregos de condicións que "inhabilitaría" o barco afundido para o remolque que estaba a facer
5 euros por visitar as Illas Atlánticas? O parque consulta a posibilidade de cobrar para recuperar flora e fauna
O Parque das Illas Atlánticas, dependente da Xunta, e mais o CSIC fan unha enquisa na que formulan varios escenarios de recuperación de gaivotas ou eliminación de eucaliptos e acacias en función do cobro dun "suplemento" que se mantería 5 anos