A Xunta traslada de Santiago a Ourense o seu centro de ciberseguridade, que custará o dobre
Hai dous anos e medio Feijóo prometeu instalar o servizo na Cidade da Cultura pero agora o goberno de Rueda xustifica no "equilibrio territorial" e a "descentralización" a decisión de emprazalo no parque tecnolóxico de San Cibrao das Viñas
Inspeccións secretas detectan que os buses da Xunta empeoran: 4 de cada 10 viaxes non son puntuais
A segunda memoria anual do novo sistema de transporte sinala como aspectos a mellorar "a puntualidade e os relacionados co estado das paradas e a información dispoñible para as persoas usuarias en paradas e no interior dos vehículos"
Sete anos despois da promesa de Feijóo a Xunta abre a medias e sen tobogáns o "parque acuático" de Ourense
O complexo non estará rematado ata 2025, nove anos despois da promesa electoral e tras un investimento de 10 millóns de euros
"Debe ser obxecto de control": A Valedora rexeita que a Xunta oculte a que empresas de xogo multa
O Goberno galego protexe os nomes das firmas sancionadas por infraccións moi graves para non prexudicar os seus "intereses económicos", pero a supervisora da transparencia en Galicia négao e defende o interese público da información
De festa en transporte público a Cambados, Oleiros, Cambre... Pero non o chames Noitebús, chámao "autobuses especiais"
Tras suprimir en 2010 os buses nocturnos implantados polo Goberno de coalición de PSdeG e BNG co argumento de que tiñan pouca "rendibilidade social", a Xunta do PP publicita servizos puntuais para este verán como alternativa fronte "os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer"
A Xunta suprime a xestión presencial para o obrigatorio depósito de fianzas de alugueiros
As oficinas nas sete cidades do Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS) deixan de tramitar o depósito ou devolución de fianzas e a cidadanía deberá presentar o formulario por internet ou nun rexistro sen persoal que asesore
Rueda di que "sempre ten en conta" as recomendacións do Consello de Contas, que o nega cada ano
O ente fiscalizador non só lembra anualmente as recomendacións pendentes de cumprir de exercicios anteriores senón que dá conta tamén das que a Xunta rexeita expresamente. Feijóo chegou a menosprezar un informe do ente fiscalizador asegurando que "sabemos máis na Xunta".
A Comisión Europea insiste en que a protección da Rede Natura pola Xunta "non cumpre" os requisitos comunitarios
O comisario de Medio Ambiente responde, a preguntas de BNG e PSdeG no Parlamento Europeo, que a UE "segue de preto" o procedemento de infracción aberto contra o Estado pola inacción de varias autonomías, entre elas Galicia
A ambulancia tardou de máis: o 061 non cumpre os obxectivos de rapidez en 198 concellos con 592.000 habitantes
"Non se logra que a asistencia se realice en condicións de equidade, adaptadas ás características do territorio", censura o Consello de Contas tras analizar os servizos de emerxencias sanitarias da Xunta
Tres anos de demora no xuízo e un pacto coa Fiscalía reducen a condena por traficar en Vigo cun gas destrutor da capa de ozono
A petición inicial de 25 meses de cadea e máis de 400.000 euros de multa queda rebaixada a 3 meses e menos de 70.000 euros na sentenza sen posibilidade de recurso emitida pola Audiencia de Pontevedra tras admitir os feitos os tres condenados
Visto para sentenza: remata o xuízo de Angrois dez anos despois do accidente coa expectativa dun primeiro ditame en 2024
Fontes xudiciais apuntan que a complexidade do caso, con ducias de indemnizacións individuais, levará a sentenza cando menos á primavera, e as partes xa asumen que sexa cal sexa haberá recursos ante a Audiencia da Coruña que prolongarán o caso anos
Maquinista e cargo de Adif piden a súa absolución na última sesión do xuízo de Angrois
Os dous acusados renunciaron ao seu dereito á ultima palabra e a xuíza rematou amosando a súa esperanza de "estar á altura"