"Tamén": o retrouso de Feijóo sobre o Corredor Atlántico de mercadorías cando salienta que o Mediterráneo é "prioritario"
O candidato popular pasa de reclamar máis fondos para Galicia cando presidía a Xunta a obviala no seu programa electoral ao tempo que aloumiña as comunidades máis poboadas do Mediterráneo que poden decantar as eleccións
O Estado conclúe que a condución do maquinista de Angrois non foi "normal" e exculpa que Adif non tivese máis seguridade
A Avogacía do Estado ampara a actuación da empresa pública e do seu cargo acusado en que a normativa ferroviaria, ditada pola propia administración, é de interpretación dubidosa, na liña da Fiscalía que a cualificou de "galimatías xurídico"
O PP pregúntase "por que a A-54 Santiago-Lugo non está rematada" tras condenar a xustiza demoras tamén con ministros populares
A comezos deste ano a Audiencia Nacional condenou o Estado a indemnizar a unha construtora por decisións tomadas baixo os mandatos de Ana Pastor e Íñigo de la Serna, ademais do socialista José Blanco
Cando é a Xunta quen tarda en pagar ao caseiro: a Valedora sinala as eivas do Bono de Alugueiro Social
A lei obriga a que os alugueiros se abonen nos primeiros sete días de cada mes pero a Xunta tarda varias semanas en pagar a propietarios que arrendan a persoas vulnerables, e cando a Valedora pediu explicacións demorou 14 meses a súa resposta
Sintonía de goberno entre Sánchez e Díaz mentres Abascal promete prioridades negacionistas se a dereita suma
Os líderes de PSOE e Sumar amosan no debate de RTVE a súa vontade de seguiren gobernando xuntos e advirten dos riscos que suporía a dereita para a clase traballadora ou o combate fronte á crise climática e a violencia machista. En ausencia de Feijóo, Abascal aproveitou a súa representación exclusiva da banda dereita para expoñer as prioridades negacionistas que trasladaría ao Goberno de España se logra chegar xunto ao PP
- Documento Memoria antifranquista
- Política
O Estado anula a condena franquista a Plácido Castro e declara oficialmente o seu "recoñecemento e reparación persoal"
O Ministerio da Presidencia, ao amparo da Lei de Memoria Democrática, vén de declarar ilegal o tribunal que condenou o histórico galeguista pola súa actividade política
Feijóo: "Se digo algunha cousa que non é correcta non é froito da mentira senón da inexactitude"
O candidato popular lembra que "antes de cumprir 30 anos tiña xa un alto cargo na Xunta" e cre ter "máis experiencia" que Sánchez para gobernar España
Portugal impón o control de documentos en 9 pasos con Galicia desde o sábado e durante 16 días pola visita do Papa
O Goberno de António Costa reforza a seguridade pola celebración en Lisboa da Xornada Mundial da Xuventude pero sinala que a medida será aplicada con "proporcionalidade" para "reduzir o seu impacto sobre a livre circulação de pessoas"
A fragmentación por fases da súa cidade deportiva permite ao Celta eludir unha avaliación ambiental completa
Tras iniciar as obras en 2019 cun licenza ilegal, a Consellería de Medio Ambiente autorizou en 2020 a primeira ampliación a 15 hectáreas e agora a segunda a 30 co mesmo argumento de que boa parte da zona xa está transformada
Seis inmobles en dous concellos, únicas incorporacións en dous anos á web da Xunta para repoboar aldeas abandonadas
O Goberno galego tardou dous anos en activar a plataforma informática que comprometeu por lei en 2019, gabouna como unha “ferramenta novidosa” para “loitar contra a despoboación” e outros dous anos máis tarde só suma catro aldeas
A UE insiste en que dez anos despois España aínda non fixo a investigación técnica de Angrois á que obrigaba a normativa europea
Altos cargos europeos argumentan a súa incapacidade de obrigar o Estado a analizar de xeito independente o sinistro de Santiago e confirman que manteñen aberto o procedemento de infracción iniciado hai máis de catro anos
- Bruxelas | Enviado especial Angrois: traxedia en Compostela
- Política
A UE reitera a súa visión de Angrois a poucos días da fin do xuízo: "Ten que haber procedementos que protexan dos erros humanos"
O director de Transporte Terrestre da Comisión Europea, Kristian Schmidt, e o director da Axencia Ferroviaria Europea, Josef Doppelbauer, insisten ante vítimas de Angrois, nunha xornada organizada polo BNG na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas, en que o sistema ferroviario debe ter en conta a posibilidade dun erro humano como o do maquinista do Alvia