Besteiro pide fuxir da confrontación política e ofrece a Rueda cinco pactos de país "pola Galicia que pode ser"
"Vostede ten os votos necesarios para ser un lexítimo presidente, pero non atopamos a ambición de país que é imprescindible para ser un bo presidente", dixo o socialista
Medio Ambiente ve "previsibles efectos adversos" nun recheo con parking e amarres deportivos que Portos tramita en Corcubión
Na vila hai 23 embarcacións pesqueiras en precario e a Xunta quere crear 24 prazas para elas pero engadindo 170 deportivas e gañando ao mar 6.000 metros cadrados nos que incluír 65 prazas de aparcamento, ademais dun dique de 283 metros
Estrasburgo desbota a loita de mozos portugueses contra a inacción climática pero admite un problema "existencial para a humanidade"
A demanda de seis mozos contra 32 Estados tras o incendio de Pedrógão Grande é inadmitida polo Tribunal de Dereitos Humanos porque non esgotaron vías xudiciais en Portugal, pero recoñece o problema e noutro caso paralelo condena a Suíza pola súa inacción
A Xustiza recoñece a súa "incapacidade de facto" nun delito ambiental que rematou con catro persoas lesionadas
Dous responsables de manter durante anos o ruído dunha fábrica de formigón de Redondela sen que xulgados nin Administración os parasen chegan a un acordo para pagar 85.000 euros e non entrar na cadea
Navieiras de Cíes aínda incumpren condicións impostas por Competencia tras seren denunciadas en 2016
O departamento da Xunta que vela polo libre mercado constata que se manteñen incumprimentos e que noutros casos aínda non ten certificado que as empresas implantasen as melloras comprometidas
O TSXG invalida o xeito en que a Xunta retirou a unha empresa un contrato de bus escolar que acabou en Monbus
O tribunal considera que se anulou a adxudicación dun lote a unha competidora de Monbus aplicando unha interpretación "formalista" dos prazos malia que a empresa "despregou unha actividade dilixente dende o primeiro momento"
O desleixo do Sergas coas enfermeiras tamén nas súas fundacións: un retrato xudicial
O TSXG obriga a recoñecer a experiencia dunha enfermeira nunha fundación da Xunta logo de que esta argumentase para non facelo que fora contratada discrecionalmente
Máis axudas ao emprego feminino denegadas por formalismos: o TSXG volve afear a interpretación restritiva da Xunta
O Goberno galego deixou sen subvención unha gandería que fixo contratos indefinidos a dúas mulleres porque tardou un día en comunicar as contratacións desde que pediu axuda
Casos non comunicados nin investigados e acusación de parcialidade á Fiscalía: a reticencia da Igrexa galega ante os abusos
El País revela un documento interno da Conferencia Episcopal con detalles dos casos de abuso analizados pola Igrexa, que non sempre coinciden cos datos que transmitiu ao Defensor del Pueblo
Tellado critica que Sánchez non poña independentes "nin sequera en Correos", onde Feijóo foi presidente
O portavoz parlamentario popular cita expresamente como exemplo de "ocupación política das institucións" a empresa pública na que o Goberno de Aznar puxo ao agora líder popular
"Decisión consciente de incumprir o contrato": outras dúas sentenzas avalan multas a Monbus polo transporte escolar
Onde se xoga en Galicia: un bar con comecartos por cada 370 persoas
En Galicia hai máis de 7.000 bares con máquinas de xogo e máis de mil locais específicos como administracións de lotaría, tendas de apostas, casinos ou bingos. Esta é a xeografía do xogo no país, á que seguirá outra análise sobre canto perde cada galego.