Feijóo volve culpar o PSdeG de que Jácome goberne Ourense malia facelo en bipartito co PP
O xa presidente do PP estatal deixa en mans do futuro líder dos populares en Galicia decidir se chega a algún acordo cos socialistas para un goberno alternativo
A Xunta atribúe agora á "configuración da conta" dunha letrada que acabase en 'spam' un correo co que perdeu 293.000 euros
A directora da axencia informática asegura no Parlamento que a Asesoría Xurídica tomou medidas para que non se repita e agora as comunicacións envíanse por triplicado, mentres o PSdeG mantén que “nunha empresa privada esa neglixencia implicaría dimisións”
A Audiencia Nacional obriga a demoler un encoro no Eo fronte ao argumento de Enel de que "a natureza tivo un século para adaptarse"
Tras extinguirse a concesión, de 1907, o Estado ditou que o río debe volver ao estado natural polo efecto negativo da presa para a migración de salmóns ou lampreas, a eléctrica rexeitou facelo e agora a xustiza imponllo
A xira de mitins de Rueda para facerse co PPdeG vira en reparto de consellerías
Con Feijóo xa en Madrid sen axenda oficial da Xunta, o futuro presidente anuncia que o vicepresidente segundo, Francisco Conde, seguirá no Goberno e que nel entrará Diego Calvo, o barón coruñés que demorou o acordo sobre a súa sucesión
A Xunta esgrime un preito co que DomusVi quere agochar as mortes en cada residencia para ocultar outros datos dun informe oficial
Política Social desvía tamén á USC a responsabilidade sobre o balance oficial do impacto da pandemia nas residencias que lle solicitou a comisión de estudo creada no Parlamento
Rueda xa é candidato á presidencia da Xunta co "non" de BNG e PSdeG
Tras as consultas do presidente do Parlamento cos grupos, o pleno no que o popular defenderá o seu programa de goberno comezará o martes 10 de maio, o 12 será a votación e a súa toma de posesión prevese para o sábado 14
O Pedregal de Irimia, primeira reserva hidrolóxica subterránea de Galicia
O Ministerio para a Transición Ecolóxica tramita a incorporación de acuíferos baixo terra e lagos ao catálogo de espazos con escasa intervención humana, que ata agora só incluía treitos de ríos, unha vintena en Galicia
Veciñanza de Cuntis denuncia que o Concello, do PSdeG, “mercou irregularmente” máscaras ao voceiro socialista no veciño Barro
A formación salienta que o edil socialista é administrador único dunha empresa creada en xaneiro de 2021 á que o goberno local de Cuntis, do mesmo partido, pagou “máis de 8000 euros a dedo”, nalgún caso malia reparos do interventor
A dimisión de Feijóo deixa a Xunta en funcións: non pode convocar oposicións nin asinar convenios e ten limitado o gasto
O Goberno galego xa cesou de xeito automático e por lei debe “limitar a súa xestión ao despacho de asuntos ordinarios” ata que tome posesión o executivo do novo presidente que elixa o Parlamento. En 2016, poucos meses despois de aprobar a norma do goberno en funcións, Feijóo pediu un ditame á Asesoría Xurídica da Xunta sobre como aplicala
- 📺 Con vídeo Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo despídese da Xunta gabando a “estabilidade” que tivo ata agora e a súa propia xestión
O presidente sinala os accidente de Angrois e o Villa de Pitanxo e as mortes polos incendios como os peores momentos dos seus mandatos
O TSXG rexeita unha recusación da eléctrica da ex-conselleira Beatriz Mato contra o xuíz Luís Villares, ex-voceiro de En Marea
Greenalia, pola que Mato fichou ano e medio despois de deixar a consellería de Medio Ambiente, que decide sobre parques eólicos, non quería que Villares, que deixou a política hai dous anos, se pronuncie sobre unha desas instalacións
Dimite Alberto Núñez Feijóo, quinto presidente da Xunta de Galicia
Despois de ocupar o cargo 13 anos e 11 días, o líder do PP fai oficial ante o presidente do Parlamento a maior crise de goberno na Xunta desde 1987, que derivará na elección dun novo Executivo. Entrou na Xunta como funcionario en 1985 e chegou ao primeiro posto político en 1991. Deixou Galicia para ser alto cargo nos gobernos de Aznar e regresou tras a defenestración de Cuíña, operación tras a que acabou remudando a Fraga
Tras entregar a carta de dimisión, preside unha reunión do Consello en funcións e escenifica a súa marcha cunha declaración sen preguntas no Pazo de Raxoi. Agora xa só depende dos prazos legais que a Cámara elixa en cuestión de días o seu sucesor, Alfonso Rueda