- Gráficos Orzamentos 2024
- Economía
O mercado laboral e o consumo aumentan un 5% os Orzamentos da Xunta para 2024 pero o investimento só medrará un 1,3%
O Goberno galego atribúe a suba de ingresos á recadación por IRPF e IVE "pola boa marcha do mercado de traballo", o que permitirá que as contas acaden os 13.257 millóns, pero o investimento, de 1.596 millóns, só aumenta 22 millóns
Comeza o xuízo a Iberdrola por manipular centrais do Sil para encarecer a electricidade e dous directivos acusan a un ordenador
A empresa obtivo uns beneficios ilegais de máis de 21 millóns de euros segundo a Fiscalía, que pide unha multa de 85 millóns, e a Comisión da Competencia, que xa multou con 25 millóns pero cuxa sanción está pendente do resultado xudicial
Feijóo dá por feito un "conflito" entre Israel e España tras minimizar en 2014 que Galicia fose declarada "inimiga"
Hai unha década a embaixada de Israel cualificou de "inimigos" ao Parlamento de Galicia e o PPdeG, o que Feijóo atribuíu a unha "mala interpretación", pero agora emprega un comunicado similar para cargar contra o Goberno de Sánchez
Varias empresas que presentaron ofertas "idénticas" a un concurso público aínda non foron sancionadas pola Xunta cinco anos despois
Tras unha denuncia da Zona Franca de Vigo en xullo de 2018, Competencia da Xunta non requiriu explicacións ás empresas ata máis de dous anos despois e tardou outros 15 meses en incoarlles expediente sancionador, aínda pendente de recursos
Condenado por defraudar 665.000 euros á Seguridade Social o líder de Xóvenes Agricultores, o disolto 'sindicato' afín ao PP
A Audiencia da Coruña constata un "entramado" de entidades arredor de Pérez Miramontes -tamén investigado por trata de mulleres- co que "transvasou" empregados e actividades entre organizacións para non pagar a Seguridade Social
O incendio de Trabada arrasou xa 1.900 hectáreas e eleva a 2.600 o queimado nos últimos tres días en Galicia
O lume, declarado contra o mediodía deste xoves, obrigou a desaloxar vivendas e foi empurrado polo vento cara ao norte ata obrigar a cortar a Autovía do Cantábrico. No que ía de ano, segundo os datos divulgados pola Xunta, todos os incendios rexistrados sumaban apenas 2.600 hectáreas, o mesmo que ardeu nos últimos tres días
A Xunta de Rueda garda silencio sobre o monumento ás vítimas da pandemia prometido por Feijóo hai dous anos
No seu último debate de política xeral, o 13 de outubro de 2021, o daquela presidente anunciou que erixiría un memorial para "ter sempre presentes aos falecidos", pero o actual Goberno galego, que hai un ano admitiu a demora do proxecto, agora evita pronunciarse
- Documento Debate 2023
- Política
O derradeiro gran debate da lexislatura deixa 13 acordos unánimes, a maior cifra da última década
Dos 13 acordos unánimes, 8 poñen o foco en reclamar algo ao Estado, 4 á Xunta e un é unha declaración política xeral de condena do terrorismo
"Non" unánime do Parlamento ao terrorismo en xeral tras negarse o BNG a condenar só a Hamas e non incluír PP e PSdeG a Israel
Os tres grupos da Cámara rexeitan tamén "calquera discurso que xustifique ou minimice" o terrorismo "pois provoca unha dor incalculable na poboación civil"
A Xunta poderá gastar ata 13.257 millóns de euros en 2024, ano electoral, 637 millóns máis que este exercicio
O Goberno galego aproba o teito de gasto dos Orzamentos do próximo ano, que incluirán os diversos bonos e axudas directas anunciados por Rueda esta semana, unhas contas que prevén que o desemprego baixe do 9,8% ao 9,4%
A Valedora desmonta a 'prioridade' da Xunta a vítimas de violencia de xénero en xustiza gratuíta e discapacidade
A defensora do pobo afea que os impresos para solicitar avogado de oficio dificulten a súa obtención ás vítimas e que "gran parte" destas queden fóra da vía prioritaria nos demorados procesos de recoñecemento de discapacidade
- Documento Debate 2023
- Política
A metade das 40 propostas do PP no debate de política xeral reclaman algo ao Goberno de Sánchez
BNG e PSdeG centran as súas iniciativas en demandar á Xunta un reforzo dos servizos públicos