A promesa de Feijóo dunha nova residencia de maiores en cada cidade tarda sete anos en cumprirse só en dúas urbes
O compromiso do Goberno galego acabou sendo asumido pola Fundación Amancio Ortega, que entrega agora o centro de Santiago e está a piques co de Lugo, mentres na Coruña, Ferrol e Pontevedra aínda están en obras e Vigo e Ourense pendentes de permisos
- Documento Xerais 23X
- Política
Xornada de 38,5 horas en 2024 e máis permisos para conciliar: o pacto PSOE-Sumar pon o foco no social
Pedro Sánchez e Yolanda Díaz escenifican o acordo para un novo goberno de coalición aínda pendente dos apoios das formacións minoritarias
Rueda acelera a precampaña na TVG e cunha viaxe a Suiza e Liechtenstein só para visitar a emigración
Fronte a outras viaxes previas nas que se anunciaba unha axenda tripla, tanto de promoción económica de Galicia como de contactos políticos e coa diáspora, desta volta o Goberno galego só cita encontros coa última
Os investigadores oficiais de accidentes de tren seguen sen ver cumprida unha das súas recomendacións sobre Angrois
A última memoria anual da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), agora feita pública, aínda non considera materializada a petición de 2013 de que se fagan análises de risco específicas nas liñas ferroviarias
A Xunta corrixe a Lei do Xogo 14 días despois de entrar en vigor para facilitar os bingos das asociacións veciñais
Tras rebaixar impostos ás empresas de bingos e limitar nos bingos veciñais os cartos en xogo a un máximo de 300 euros, agora o Goberno galego eleva esa contía a 1.300 pero especifica que os premios non poderán ser en metálico
Eólico, urbanismo, patrimonio, avaliación ambiental: a Xunta muda 32 leis e 11 decretos cos orzamentos para 2024
Tras varias sentenzas contrarias, a lei de acompañamento deste ano regula a fragmentación dos parques eólicos ou a súa exposición pública e os declara "de interese público" superior sobre outras consideracións como a ambiental
Monbus cualifica de "inxusta" a decisión da Xustiza de sancionala por repartirse o mercado con Alsa
A empresa asegura que recorrerá ao Constitucional en defensa da súa "inocencia" e dise sorprendida pola decisión do Supremo de non admitir de xeito firme o seu recurso
O Sergas non aclara o futuro dos abortos que subcontrata tras quedar deserto o concurso para regularizalos
Logo de non presentarse ningunha clínica ao contrato marco co que pretendía poñer fin ao opaco sistema actual de subcontratación, Sanidade di que decidirá "nun futuro" o procedemento administrativo para esta prestación
Válidos para coidar pero non para cobrar: a Valedora critica o trato da Xunta a maiores ou enfermos que coidan de dependentes
A administración considera válidas para coidar dependentes en casos de emerxencia a persoas que non están capacitadas, pero ao tempo esgrime esa incapacidade para negar a prestación económica por coidado na casa
A reunión do Senado forzada polo PP dá á Generalitat un foro para defender a amnistía, obviada por un Rueda centrado no económico
O presidente da Xunta evita pronunciar na súa intervención a palabra amnistía e céntrase en criticar que Sánchez poida dar contrapartidas económicas a Catalunya a cambio de apoios ao seu Goberno
O Supremo fai firme que Monbus e Alsa se repartiron o mercado ilegalmente e avala que sexan sancionadas
O Tribunal Superior de Galicia sentenciou hai medio ano que Competencia da Xunta debe multar ás empresas, pero estas e o Goberno galego recorreron e agora o Supremo nin sequera admite a trámite os escritos e avala a decisión xudicial previa
Ningunha clínica se presenta ao concurso do Sergas para subcontratar abortos e forzan a encarecelo ou manter a opacidade actual
Tras anos de críticas do Consello de Contas ao actual sistema de derivación de parte das pacientes a dúas clínicas privadas a dedo, Sanidade argumentou falta de persoal para licitar 800 interrupcións voluntarias do embarazo ao ano por 460.000 euros