75 sancións o pasado curso e 181 "incidencias puntuais" no que vai deste: a Xunta cifra o incumprimento dos buses escolares
Os conselleiros de Educación e Mobilidade indígnanse ante a acusación de BNG e PSdeG de trato de favor a Monbus e o primeiro culpa da maior parte dos incumprimentos á mala xestión do tráfico nas cidades e vilas gobernadas pola esquerda
BNG e PSdeG atribúense os logros do acordo de investidura e Rueda di que rachan "unha España de iguais"
O presidente fai os nacionalistas responsables de que a Xunta teña pendentes de iniciar infraestruturas que prometeu hai máis dunha década
A renovación dos helicópteros de salvamento queda a medias por un incumprimento da concesionaria que a Xunta di que sancionará
A empresa que presta o servizo desde hai dúas décadas e que renovara o contrato co compromiso de mudar de aparatos só o fixo co de Celeiro e mantén en Vigo os dous antigos que o Goberno galego vía obsoletos hai unha década
O Constitucional avala o imposto ás grandes fortunas contra o que recorreu a Xunta en defensa dos máis ricos
O tribunal resolve en favor do Goberno de España, que creou o tributo hai un ano, e desbota un recurso da Comunidad de Madrid similar ao galego, que agora deberá analizar "aplicando a doutrina sentada"
A paralización irregular das obras do AVE en 2016 custa outros 325.000 euros, agora por unha condena da Audiencia Nacional
A xestión de Adif e Fomento cos populares Ana Pastor e Íñigo de la Serna como ministros foi censurada polo Tribunal de Cuentas hai catro anos e agora unha nova condena obriga a máis indemnizacións a unha construtora pola paralización
"Somos un Goberno moi responsable á hora de baixar impostos", di Rueda malia que a Xunta non avalía os efectos desas rebaixas
O presidente Rueda volveu defender este xoves a decisión do seu Goberno de manter as rebaixas de impostos implantadas nos últimos anos, incluídas ás rendas altas, e avanzar con novas reducións argumentando que é posible "baixar impostos e manter os servizos públicos".
Contas detalla o dominio de Monbus nas concesións da Xunta: está en 49 das 127, cun negocio de 36 millóns ao ano
O Goberno galego presenta cada unha das firmas que conforman o grupo Monbus como unha "pequena ou mediana empresa" distinta para maquillar o seu dominio do sector, que reduce ao 33%
Rueda di que "o ideal sería un rescate" das autovías con peaxe en sombra planificadas por Feijóo e criticadas por Contas
O Consello de Contas censurou que en 2014 o Goberno galego optase por pagar máis ás concesionarias en lugar de recuperar a xestión pública das vías, e agora o presidente presenta a segunda opción como "ideal" pero condiciónaa á "capacidade económica" da Xunta
Política Social non é quen de dicir cantas persoas menores de 65 anos hai ingresadas en residencias de maiores
O Goberno galego sinala nun documento oficial que para sabelo tería que consultar "diferentes fontes de información" tras contratar hai dous anos por 800.000 euros o que debía ser un rexistro único centralizado de usuarios de residencias
O orzamento da Xunta para turismo segue a distanciarse do de cultura e xa iguala o que esta tiña co bipartito
O Goberno galego incide na privatización das súas políticas turísticas a través da asociación Clúster de Turismo, á que vén encargando non só a posta en marcha de bonos e produtos turísticos senón mesmo o deseño das estratexias
15 anos despois a Xunta retoma as obras da Autovía Santiago-A Estrada, pero xa non chegará á Estrada
O 21 de novembro de 2008 inaugurábanse os primeiros 6 quilómetros da infraestrutura, pero dos 12 quilómetros máis que ía ter a Consellería de Infraestruturas só fará 7,5
A Xunta pediu ao Consello de Contas que eloxiase as súas novas liñas de bus e a resposta foi que non é o seu traballo
Antes de emitir o seu informe crítico sobre a reestruturación do transporte público os auditores consultárono co Goberno galego, que defendeu o que fixera como "un logro", pero Contas di que o seu cometido non é eloxiar senón propoñer melloras