O PP emenda os Orzamentos cun aumento "temporal" do imposto de patrimonio para que o de grandes fortunas non se aplique en Galicia
O imposto estatal de solidariedade só se cobra nas comunidades que rebaixaron o imposto do patrimonio, polo que agora a Xunta rectificará parcialmente a súa bonificación do tributo galego para que o estatal non teña efecto
A Xunta anuncia descontos tamén en cruceiros para maiores e mozos
A conselleira de Política Social di que a medida "fai posible que a aventura de ver mundo a bordo dos barcos de Costa Cruceros estea ao alcance de dúas xeracións" de galegos
Na TVG, na emigración, de cervexas nas vilas... e agora tamén coas elites madrileñas: Rueda diversifica a súa precampaña
O presidente protagoniza un almorzo informativo presentado por Mariano Rajoy e centrado en criticar ao Goberno de Pedro Sánchez no que deixa entrever argumentos para un adianto electoral en Galicia
- 📺
- Política
Os bombeiros comarcais endurecen a protesta contra Xunta e deputacións
Persoal contra incendios, que suma cinco meses en folga, leva as súas protestas a Santiago e advirte de que recruará as mobilizacións se as administracións non buscan xa solucións a un conflito enquistado.
O Tribunal de Contas da UE censura que en 15 anos a Xunta non convocase concursos para concesións de bateas
En 2017 o PP ampliou de 30 a 50 anos as concesións de bateas e agora o ente fiscalizador europeo pon a ausencia de novas convocatorias como exemplo de "barreira administrativa" que contribúe ao "estancamento" da acuicultura
A Xunta estende á mocidade de todo o Estado o bono de 200 euros para que fagan o Camiño
A subvención creada en xuño para gastar en establecementos galegos ligados á peregrinación amplía tamén a idade das persoas beneficiarias, de entre 12 e 30 anos
Outro parque eólico declarado inviable na serra da Groba polo seu impacto sobre a saúde, as aves, o patrimonio e a paisaxe
Se no primeiro parque invalidado nesta zona hai un ano sinalábanse eivas ambientais e no segundo paisaxísticas, neste terceiro esténdense os efectos negativos a múltiples eidos
O caso de presunta corrupción no Goberno de Portugal estende os seus efectos políticos malia reducirse os xudiciais
António Costa, que segue á fronte do executivo ata as eleccións de marzo, asume a carteira de Infraestruturas tras dimitir o ata agora titular e o xuíz que supervisa a investigación da Fiscalía reduce os presuntos delitos a tráfico de influencias
O helicóptero de salvamento que a Xunta presentou como "novo" para Celeiro leva anos sendo o suplente desa base
Tras revelar o BNG a operación, o Goberno galego xustifica que o aparato, fabricado en 2010, ten máis prestacións que o anterior helicóptero titular, que prorrogou hai dous anos como prioritario
A Xunta promove as compras en Ikea coa Tarxeta Benvida
A conselleira de Política Social publicita en persoa na tenda da Coruña a incorporación da multinacional sueca á listaxe de establecementos nas que se poden gastar as axudas da Xunta para as familias con nenos pequenos
A Xunta reduce ao 30% a participación na empresa coa que quere explotar recursos naturais, na que están Abanca ou Ence
Rueda lanza a sociedade público-privada Recursos de Galicia antes de ter a lei que regulará o seu "beneficio social" e comprométese a achegar 30 millóns de euros ata 2027
A Xunta incorpora a Ence a un pacto polo clima que aposta pola "integridade" do mar e "a protección da biodiversidade"
A empresa que ocupa terreos gañados á ría e impulsa o monocultivo do eucalipto é presentada pola conselleira de Medio Ambiente como "exemplo" de "compromiso" coa sostibilidade