A Fiscalía retira a acusación contra o cargo de Adif e mantén a petición de catro anos de cadea para o maquinista de Angrois
O fiscal Mario Piñeiro di que o director de Seguridade "actuou de acordo cos procedementos", que ao seu ver non obrigaban a que a curva fose máis segura, mentres que a plataforma de vítimas mantén a súa petición de catro anos de cadea para os dous acusados
A Xunta di agora que a súa lei do litoral non vai ter "especial transcendencia económico-social"
O Goberno galego argumenta oficialmente que a norma coa que quere xestionar concesións na costa confrontando co Estado non terá tanta relevancia para así xustificar que non a consultou co Consello Económico e Social, como sería preceptivo
- Documento e vídeo Municipais 28M
- Política Ourense
O acordo PP-PSdeG e a promesa de Rueda que romperon os populares para volver pactar con Jácome
Hai menos de tres meses o presidente aseguraba que "este pacto non se vai producir", e dúas semanas máis tarde o partido aprobaba cos socialistas unha moción co seu "compromiso" en "rexeitar un futuro pacto de goberno con Jácome". Se hai catro anos o acordo con Jácome asinouno Baltar para garantirse a Deputación, desta volta é directamente a dirección do PPdeG a que asume o pacto, que implica un novo descabezamento do PP local
O maquinista, o cargo de Adif, ambos ou ningún: tras oito meses chega o remate do xuízo de Angrois coas conclusións
As intervencións finais das partes coas súas peticións de condena ou absolución comezan esta semana coa Fiscalía e as asociacións de afectados e rematarán dentro dun mes coas defensas dos dous acusados
O Sergas di que un infarto non é "urxencia vital" para non pagar a operación dunha galega de viaxe en Panamá e a xustiza corríxeo
A Xunta rexeitou reintegrar á muller os 16.800 euros que custou a intervención dunha obstrución coronaria no país centroamericano alegando que foi decisión súa, pero o TSXG avala que a atención que requiriu alí era "ineludible"
- Gráficos Municipais 28M
- Política
A esquerda consolida o seu poder urbano con Ferrol e Arteixo como únicos concellos do PP entre os 15 máis poboados
Nas localidades de máis de 30.000 habitantes tomaron posesión este sábado sete alcaldes e alcaldesas do PSdeG, tres do BNG, dous do PP e o resto doutras formacións
Lores encara o sétimo mandato na alcaldía de Pontevedra polo BNG "ilusionado como nunca"
O rexedor pontevedrés é reelixido cos votos do Bloque e dos socialistas para un mandato que o pode levar aos 28 anos á fronte da alcaldía. Todo apunta a que Lores seguirá gobernando en coalición co PSdeG, agora liderado por Iván Puentes, que xuntou os seus cinco votos cos nove do Bloque. O acordo, non obstante, aínda non está pechado e o alcalde sinala que toma o apoio obtido como "unha obriga de facelo mellor, unha asignación de deberes para mellorar as cousas en Pontevedra"
Goretti Sanmartín xa é a primeira alcaldesa de Santiago
A nacionalista, que liderará un goberno de coalición con Compostela Aberta, recibiu tamén o apoio do PSdeG e sumou 14 dos 25 votos da corporación municipal
A crise de goberno provocada por Feijóo na Xunta agranda con novas remudas derivadas das eleccións municipais
Os cambios esténdense ás delegacións da Xunta en Vigo e Pontevedra e aos departamentos de Turismo, Igualdade e Maiores e Discapacidade
Baltar tamén deixará a presidencia do PP de Ourense en cuestión de meses
Rueda asegura que o seu compañeiro de partido lle "transmitiu" que non se presentará á reelección no próximo congreso provincial, cuxa data está condicionada polas próximas convocatorias electorais
O PP fai que 16 persoas renuncien a ser edís en Rodeiro para que o delegado da Xunta en Pontevedra presida a Deputación
Luis López, décimo suplente popular nese concello, imponse á delegada da Xunta e candidata en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e faise coa Deputación, pero aboca a unha nova remuda na Xunta
Feijóo mete nas listas os seus asesores e leva de 2 por Madrid a lucense Rivera de la Cruz, ex de Ciudadanos
O ex-presidente coloca o 'núcleo duro' que levou de Galicia, con Mar Sánchez á cabeza, por diante de veteranas figuras do PP. Rivera de la Cruz foi deputada de C's pola Coruña, conselleira de Cultura co PP en Madrid e significouse en numerosas ocasións polas súas posturas contrarias ás medidas de normalización da lingua galega