- Documentos
- Política
A Xunta prevé un 5% de beneficio privado no concurso para xestionar as residencias doadas por Amancio Ortega
O Goberno galego argumenta que non ten persoal para xestionar os centros e obriga ás entidades sen ánimo de lucro que aspiren ao contrato a destinar os beneficios á "consecución do seu obxecto social", aínda que poderán subcontratar parte do servizo
Sánchez apalabra 179 votos para a súa investidura, 7 máis dos que logrou Feijóo
Sumar, ERC, Junts, Bildu, PNV, BNG e Coalición Canaria comprometen o seu apoio á investidura do socialista fronte ao voto en contra de PP, VOX e UPN
Duascentas persoas tentan influír no TSXG cunha manifestación para que permita a mina de Penouta, en Viana do Bolo
O tribunal paralizou cautelarmente a explotación autorizada pola Xunta mentres analiza se os seus permisos son legais, pero a empresa critica que a decisión xudicial "non está fundamentada" e di que afecta a "129 familias e empresas auxiliares"
Seis anos despois da ampliación de Rande o ministerio e Audasa inician aínda agora as reparacións pendentes en Chapela
Os novos carrís abertos o 30 de decembro de 2017 permitiron á concesionaria ingresar máis peaxes, pero despois houbo que trasladar un colexio e agora chega a reposición das rúas e estradas locais afectadas
A Xunta non recoñeceu como méritos dun profesor dous premios que ela mesma lle outorgara e agora é condenada
"É difícil de entender que se conceda un premio de innovación e ao mesmo tempo se negue o carácter innovador da actividade", di o TSXG
O presidente da República convoca eleccións en Portugal o 10 de marzo
Marcelo Rebelo de Sousa di querer que antes sexan aprobados os orzamentos do Estado para 2024
A Xunta privatiza por 10,9 millóns en dous anos a xestión das dúas primeiras residencias doadas por Amancio Ortega
Rueda non aclara por que o Goberno galego vai entregar a xestión a entidades privadas sen ánimo de lucro en lugar de asumir a xestión directa como fai noutros centros
75 sancións o pasado curso e 181 "incidencias puntuais" no que vai deste: a Xunta cifra o incumprimento dos buses escolares
Os conselleiros de Educación e Mobilidade indígnanse ante a acusación de BNG e PSdeG de trato de favor a Monbus e o primeiro culpa da maior parte dos incumprimentos á mala xestión do tráfico nas cidades e vilas gobernadas pola esquerda
BNG e PSdeG atribúense os logros do acordo de investidura e Rueda di que rachan "unha España de iguais"
O presidente fai os nacionalistas responsables de que a Xunta teña pendentes de iniciar infraestruturas que prometeu hai máis dunha década
A renovación dos helicópteros de salvamento queda a medias por un incumprimento da concesionaria que a Xunta di que sancionará
A empresa que presta o servizo desde hai dúas décadas e que renovara o contrato co compromiso de mudar de aparatos só o fixo co de Celeiro e mantén en Vigo os dous antigos que o Goberno galego vía obsoletos hai unha década
O Constitucional avala o imposto ás grandes fortunas contra o que recorreu a Xunta en defensa dos máis ricos
O tribunal resolve en favor do Goberno de España, que creou o tributo hai un ano, e desbota un recurso da Comunidad de Madrid similar ao galego, que agora deberá analizar "aplicando a doutrina sentada"
A paralización irregular das obras do AVE en 2016 custa outros 325.000 euros, agora por unha condena da Audiencia Nacional
A xestión de Adif e Fomento cos populares Ana Pastor e Íñigo de la Serna como ministros foi censurada polo Tribunal de Cuentas hai catro anos e agora unha nova condena obriga a máis indemnizacións a unha construtora pola paralización