O orzamento da Xunta para turismo segue a distanciarse do de cultura e xa iguala o que esta tiña co bipartito
O Goberno galego incide na privatización das súas políticas turísticas a través da asociación Clúster de Turismo, á que vén encargando non só a posta en marcha de bonos e produtos turísticos senón mesmo o deseño das estratexias
15 anos despois a Xunta retoma as obras da Autovía Santiago-A Estrada, pero xa non chegará á Estrada
O 21 de novembro de 2008 inaugurábanse os primeiros 6 quilómetros da infraestrutura, pero dos 12 quilómetros máis que ía ter a Consellería de Infraestruturas só fará 7,5
A Xunta pediu ao Consello de Contas que eloxiase as súas novas liñas de bus e a resposta foi que non é o seu traballo
Antes de emitir o seu informe crítico sobre a reestruturación do transporte público os auditores consultárono co Goberno galego, que defendeu o que fixera como "un logro", pero Contas di que o seu cometido non é eloxiar senón propoñer melloras
"Galicia é referente en transporte público", di a conselleira tras as críticas do Consello de Contas á súa xestión
A oposición bota en cara á Xunta as eivas detectadas nas auditorías sobre autovías e buses públicos e o PP felicítaa e emprega a súa comparecencia no Parlamento polos orzamentos galegos para criticar ao Goberno de España
Obrigada polo Supremo, a Xunta inicia o expediente sancionador a Monbus e Alsa por repartirse o mercado dos buses
A Comisión Galega da Competencia, nomeada polo Goberno galego e presidida polo popular López-Chaves, incoou o expediente o pasado luns, e o venres decidiu sancionar tamén a varias construtoras por outro proceso demorado de hai cinco anos
A Xunta indemnizará ás industrias que tarde máis dun ano en tramitar e podería reclamar o pago ao funcionariado responsable
O Goberno galego está disposto a pagar ata medio millón de euros polos gastos de empresas "estratéxicas" ás que demore permisos e faino cun procedemento ligado á normativa estatal, que prevé esixir "de oficio" a responsabilidade ao persoal que vexa culpable
Rueda non fará "polo menos en 2024" o monumento ás vítimas da pandemia que Feijóo prometeu en 2021
"Non digo que se desbote, pero desde logo o ano que vén non hai previsión de facer ese monumento, o cal non quere dicir en absoluto que haxa unha desconsideración ás vítimas", di o presidente
Ilegalidades e mala xestión: sentenzas e auditorías oficiais invalidan as políticas de Feijóo en autovías e transporte
Os informes críticos do Consello de Contas feitos públicos este xoves súmanse a sentenzas do Supremo que veñen condenando aos gobernos de Feijóo por atentar contra o libre mercado no sector dos autobuses
- Interactivo
- Acontece
O Defensor del Pueblo localiza abusos sexuais na Igrexa por toda Galicia
Estima que o 1% das persoas sufriu abuso sexual infantil nun ámbito relixioso e identifica 42 lugares en Galicia nos que houbo polo menos un caso, indicando que a arquidiocese de Santiago foi das máis colaboradoras e a de Mondoñedo-Ferrol, das que menos.
A Xunta reordenou as liñas de bus sen ter en conta os medios de transporte de cada núcleo de poboación
O Consello de Contas revela que algunha concesionaria "non tiña intención" de pagar o canon fixado pola Xunta e que esta non verificara o cumprimento desa obriga ata que o ente fiscalizador iniciou a súa auditoría.
O Consello de Contas revela que a Xunta está a pagar de máis polas autovías de peaxe en sombra planificadas por Feijóo
O ente fiscalizador admite que era o xeito máis rápido de facelas, pero censura que o Goberno galego renegociase despois á alza as concesións e di que ata a creba das empresas era mellor para Galicia que o que se está a pagar, que pide deter
"Quédame probar cos programas deportivos", di Rueda ante as críticas da oposición ás súas aparicións na TVG
O presidente di que non pode contestar se vai seguir saíndo en máis programas dos medios públicos "porque non hai nada previsto", pero que si pode prever que "se volvo saír á oposición non lle vai gustar"