A empresa que instalou a seguridade en Angrois "exportou" a Adif o risco de erro humano sen saber que sucedeu despois
Un técnico responsable da sinalización convencional ASFA que non puido evitar o exceso de velocidade e unha técnica do sistema ERTMS que estaba desconectado coinciden en que actuaron segundo o que lles encargou Adif
Tras as 214 praias, agora a por máis dun cento de parques sen fume
Unha década despois de que Baiona copiase unha iniciativa de Nova York para os seus areais e de que se estendese por toda Galicia hai cinco anos, o Sergas quere ampliala aos parques urbanos e vén de encargar xa carteis para poñelos a disposición dos concellos
Medio Ambiente tomba a plantación de eucaliptos de 543 hectáreas prevista en terreos de Endesa nas Pontes
O proxecto “non é compatible cos valores naturais da contorna”, saltaría a moratoria de novas plantacións en vigor ata 2026 e facilitaría “a expansión do fogo en caso de incendio”
O temor a represalias chega ao xuízo de Angrois: declaran dous ex-cargos de Fomento que denunciaron "medo" a falar no sector
O martes comparecen cinco técnicos, entre eles tres expertos que coincidiron en que non había motivos para reducir a seguridade e elevar o risco dun accidente
- Crónica
- Política
Feijóo e o "respecto" ao poder xudicial: dos delitos que "quedan sen probar" ás resolucións que coinciden co "sentir maioritario"
O líder do PP reclama independencia e rexeita presións á xustiza pero ten na súa traxectoria múltiples reproches máis ou menos velados e opinións sobre todo tipo de resolucións xudiciais
Portos de Galicia rebaixará taxas a Ence en Ribadeo ata 2024 e dragará todos os anos para facilitar as súas operacións
Co argumento de que a empresa levaría a súa produción de Navia en tren ao porto de Xixón, en 2011 a Xunta decidiu perdoarlle impostos ata 2020, pero malia que se parou a liña férrea que o permitiría, o acordo foi renovado outros catro anos
A XXXIII Cimeira Ibérica remata sen comprometer prazos para o AVE Porto-Vigo
España e Portugal apostan polo potencial enerxético da costa atlántica con Viana do Castelo como sede dunha “Zona Franca Tecnolóxica de enerxías renovables oceánicas”
O impacto paisaxístico “crítico” e “irreversible” tomba o segundo parque eólico previsto na serra da Groba
A Xunta, que declarara o proxecto como prioritario, rexéitao agora, mes e medio despois de facer o mesmo cunha primeira instalación que tamén tiña impacto ecolóxico
O parque acuático para Ourense que Feijóo prometeu en 2016 volve demorarse e non abrirá por completo ata nove anos despois
Hai un ano a Xunta prometeu abrir neste pasado verán a primeira fase de actuacións nas piscinas xa existentes en Monterrei, pero só está executado o 26% e agora Rueda vén de anunciar que contratará outra empresa
O PPdeG defende que baixa impostos aos bingos porque están "en franco declive" e "a piques de desaparecer"
O portavoz parlamentario nega que sexa contraditorio impulsar unha nova lei do xogo que a Xunta presenta como máis restritiva e ao tempo axudar fiscalmente aos bingos
A UE leva á xustiza a contaminación por nitratos en Galicia e a Xunta di agora que afecta ao 10% da terra agraria
A Comisión Europea fai oficial a súa denuncia contra España por incumprir a directiva que desde 1991 obriga a delimitar as zonas vulnerables, ningunha aínda en Galicia, mentres o Goberno galego estima en 60.000 as hectáreas afectadas
Tres meses sen cobrar a pensión de 421 euros por mudar de banco para evitar comisións
A Valedora do Pobo reclama á Xunta “mecanismos para evitar demoras no cobro” a quen mude de entidade bancaria e lembra que “a exclusión financeira é un dos problemas que sofren as persoas de economías precarias”