O ministerio dáse dous anos para estudar a recuperación do tren da Ruta da Prata que comunicaría co sur sen pasar por Madrid
O estudo de viabilidade para reactivar a liña pechada hai 40 anos entre León e Plasencia deberá analizar expresamente "a posible captación de tráficos" de corredores como o Madrid-Galicia
- Documento
- Política
Feijóo afronta a súa 'quinta' investidura, abocada ao fracaso, lonxe do "Deus fratresque Gallaecia" irmandiño da de 2009
No seu primeiro debate de investidura na Xunta o popular prometeu que non chegaba "a restaurar ningún pasado, nin a derrubar o que fixeron ben os nosos antecesores", mentres agora basea o seu programa na "derrogación do sanchismo"
- Documento Casal de Armán
- Política
Casal de Armán incumpriu unha subvención de Medio Rural cando o agora conselleiro era socio desa adega familiar
O TSXG ratifica que a sociedade na que participaba José González Vázquez cando era deputado do PP xusto antes de entrar na Xunta tiña "licenza de colleiteiro", non para a "produción industrial" que realizaba, e non xustificou ben os gastos da axuda
Xuízo á directiva dos hostaleiros de Santiago de hai unha década por fraude de axudas públicas
A Fiscalía pide varios anos de cadea e multa millonaria a cinco dirixentes da entidade e outros cinco empresarios que facilitaron facturas falsas coas que xustificar as subvencións
Sen actas, sen probas: a crecente lista de comités da Xunta dos que non queda constancia oficial malia as súas relevantes decisións
O comité clínico da pandemia, o que renovou as residencias de maiores, o que vén de repartir subvencións de Ence ou o que supervisa os fondos da UE son algúns dos órganos nos que se apoia o Goberno galego dos que resulta imposible certificar o seu traballo
Máis trens a Madrid e mudanzas moi puntuais de buses, as respostas de Renfe e Xunta á insuficiencia do transporte interurbano
A demanda vén superando a oferta desde hai tempo sen que as administracións implicadas tomen máis que medidas conxunturais
A Fiscalía pide seis anos de cadea para dous empresarios por delito ambiental nun vertedoiro veciño do de Sogama
Entre 2012 e 2016 provocaron en Cerceda "unha severa contaminación do chan e dos acuíferos" para "aforrar custos á empresa e maximizar os seus beneficios" e serán xulgados o luns na Audiencia da Coruña
A Xunta xustifica a fin da xestión presencial das fianzas de alugueiros en que grandes propietarios abusaban do sistema
Hai un mes que as oficinas nas sete cidades do Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS) deixaron de tramitar o obrigatorio depósito ou devolución de fianzas, o que para o BNG só beneficiará a xestorías privadas
Consultas que tardan o triplo e triaxes que non se cumpren: o servizo de traumatoloxía da Mariña non dá abasto
A Valedora do Pobo fai públicas varias queixas nas que censura a "diferenza no acceso á asistencia sanitaria" no hospital de Burela e pide ao Sergas que non demore as consultas "sine die" e respecte os tempos previstos nas urxencias
Rueda abre a porta a que os deputados do PPdeG usen o galego no Congreso
Tras rexeitar o uso de todas as linguas oficiais e respaldar a Feijóo, o presidente da Xunta, criticado desde diversos eidos, di agora que "a medida está en vigor, se os galegos deciden utilizala están no seu dereito, tamén os do PP"
- Documento ENCE 2073
- Política Pontevedra
A Xunta non levanta actas do comité que supervisa como Ence subvenciona con 3 millóns ao ano a 300 entidades de Pontevedra
Medio Ambiente xa admitira que carece dos informes anuais de seguimento do 'pacto ambiental' asinado en 2016 coa empresa, que o PP deu por incumprido hai un ano, e agora di que tamén son "inexistentes" as actas das reunións
A Xunta revela que as concesionarias de bus poden ser inspeccionadas 'en secreto' nas próximas sete semanas
Nos dous anos anteriores a campaña de supervisión desenvolveuse en datas distintas da primavera ou o verán, reflectindo un empeoramento do transporte público interurbano. Un día antes de revelar as datas das inspeccións a propia Xunta admitía que nas últimas xornadas está habendo "situacións de saturación" no transporte público pola falta de previsión das concesionarias.