Rueda tenta atraer os focos tras un verán dominado por Feijóo e Sánchez a menos dun ano para as eleccións galegas
O presidente organiza unha arenga aos altos cargos da Xunta na que anuncia un novo bono, agora de 120 euros para a rapazada que practica deporte federado, e a conxelación por segundo ano das peaxes nas autoestradas do Val Miñor e Carballo
150 anos da chegada do tren a Galicia... e o que queda
O aniversario celébrase tras avances salientables na última década como a alta velocidade interna e coa Meseta, e con obras en marcha para a mellora do transporte de mercadorías, pero tamén con eivas persistentes nos servizos e determinadas liñas
Medio ano de cadea e de suspensión militar para un cabo da Comandancia Naval do Miño por tentar bicar unha subordinada
O condenado admitiu os feitos e asumiu un delito de abuso sexual polo que tamén terá pagar unha multa de 2.200 euros e unha indemnización de 200 por danos morais á vítima, á que non poderá achegarse durante un ano
O conselleiro de Sanidade non aclara ao Parlamento a falta de persoal e medios que o levan a subcontratar 800 abortos ao ano
O Sergas xustificou oficialmente o contrato, de medio millón ao ano, pola "falta de recursos, tanto materiais como humanos", pero o conselleiro evita explicalo á Cámara, na que BNG e PSdeG o acusan dunha decisión "ideolóxica"
"Miran cada 20 ou 30 días se morrín": A Valedora pide á Xunta máis tacto nas revisións de discapacidade
Política Social anota cada "consulta de defunción" que fai a outras administracións no expediente ao que ten acceso quen solicita un recoñecemento de discapacidade ou dependencia, o que para a defensora do pobo "non parece adecuado"
Rueda aprópiase da visita da raíña Letizia a un colexio de Oroso como aval das políticas educativas da Xunta
"De todos os centros que hai en España, alégrome de que fora aquí onde a Casa Real quixo dicir que a educación pública funciona", di o presidente ante as peticións do PSdeG de máis axudas para as familias e mellores condicións para o profesorado
Pontón pide máis competencias para Galicia cun novo status territorial e Rueda fai ver que está conforme coa situación actual
A portavoz do BNG di que a súa formación non vai investir a Feijóo por ser galego porque "tamén Franco o era e non o imos apoiar nunca" e o presidente retrúcalle que "tampouco Putin o é e vostedes o apoian"
O Parlamento insiste coa petición unánime do traspaso da AP-9 frustrado xa dúas veces pola lentitude do Congreso
O BNG salienta que sempre estivo á fronte da reinvidicación e PP e PSdeG poñen o foco en que a transferencia da titularidade do Estado á Xunta "non supoña unha carga económica" para Galicia
O PP deixa orfa a investigación das caixas unha década despois do seu inicio e tras anos de parálise
A marcha de Pedro Puy, home clave do PPdeG para redactar as conclusións, súmase a reiteradas paralizacións da comisión que BNG e PSdeG atribúen ao desexo dos populares de ocultar o que pasou coas caixas
O TSXG obriga a Medio Rural a facer indefinido un bombeiro forestal que levaba desde 1994 como interino
A Xunta teimou en que o tempo transcorrido sen cubrir a praza regulamentariamente non foi "excesivo nin inusualmente longo", pero o Tribunal Superior salienta que durou moito máis dos tres anos que vén fixando en multitude de sentenzas similares
12 anos despois de velos "obsoletos" a Xunta 'renova' os helicópteros de salvamento, que tamén loitarán contra incendios
En 2005 Fraga mercou dous aparatos que en 2011 Feijóo decidiu vender para conseguir outros "máis modernos", pero seguiu alugando os mesmos á mesma empresa operadora, que agora os substituirá por outros de 2009 e 2010
O Sergas dá por cumpridos o 83% dos seus obxectivos en 2022 pero oculta como obtén a cifra
Malia reclamalo a Valedora do Pobo, Sanidade esconde as avaliacións oficiais dos acordos de xestión que cada ano asina coas súas propias áreas sanitarias e só admite que Santiago é a peor en obxectivos sanitarios, Ourense nos económicos e A Coruña en recursos humanos