Galicia érguese contra o machismo no fútbol
O discurso contra "a lacra do falso feminismo" do presidente da federación española tras os seus comportamentos machistas no Mundial provoca críticas desde diversos sectores da sociedade galega
Nin as concesións "a perpetuidade" na costa son tal: a xustiza avala que Rajoy rematase unha na Coruña outorgada na República
En plenas reclamacións de Xunta e PPdeG de ocupacións privadas máis duradeiras en zonas públicas do litoral, a Audiencia Nacional rexeita que se manteña a dun terreo da ría do Burgo desecado hai un século para "sanealo"
O turismo estranxeiro aumenta as noites que fai en Galicia, o 28% do total no que vai de ano
O sector hoteleiro aumentou un 4% as súas tarifas a respecto do pasado ano e un 17% sobre 2019, segundo a Xunta
Sanidade xustifica subcontratar abortos voluntarios porque "non son complexos" e así aproveita quirófanos para outros casos
A Xunta reduce a un cambio na "fórmula de contratación" o concurso agora convocado para subcontratar 800 interrupcións voluntarias do embarazo ao ano por 460.000 euros
O Sergas di non ter persoal para 800 interrupcións voluntarias do embarazo ao ano e subcontrátaas por 460.000 euros
Sanidade saca a concurso parte dos abortos sen risco ata as 14 semanas co argumento de que a obxección de conciencia do seu persoal impídelle garantir os prazos de atención necesarios
A Xunta perdoou 5,4 millóns de euros en impostos a empresas de xogo en 2021 tras calcular que serían só 3,7 millóns
O Consello de Contas revela que a rebaixa de impostos a varios xogos de azar tivo no seu primeiro ano un impacto nos ingresos un 45% superior ao comunicado polo Goberno galego, que mantén a medida neste 2023 para os bingos
O PSOE estatal apraza as primarias do PSdeG para elixir candidato á Xunta ata que se renove o Goberno de España
A dirección galega envía un comunicado á militancia informando da decisión da dirección federal
A central térmica das Pontes debe desmantelarse antes de agosto de 2027
Tras a petición de Endesa e a paralización cautelar pola guerra en Ucraína o Goberno de España vén de establecer que a instalación debe pechar antes dun ano, e a partir dese momento a empresa terá como máximo tres anos para desmantelala
Van 28 sentenzas: 15 anos despois o TSXG segue dicindo que as construcións de Barreiros paradas polo bipartito eran ilegais
Nunha nova sentenza que volve constatar as irregularidades do que se pretendía construír o Tribunal Superior rexeita de novo que a Xunta indemnice a promotores afectados pola paralización do urbanismo de 2007
Esta fin de semana remataría a peaxe da AP-9 se Aznar non a prorrogase ata 2048
A Comisión Europea mantén "en curso" desde hai dous anos un procedemento de infracción contra España pola decisión de 2000 de ampliar a concesión sen un novo concurso público a cambio de que a autoestrada chegase ata Ferrol
A Audiencia de Pontevedra insta a mellorar a autoestrada Vigo-Baiona tras un choque con dous xabarís
O tribunal condena a Autoestradas de Galicia, concesionaria da Xunta, por non implantar mellores sistemas para canalizar a fauna que tenta cruzar a infraestrutura ante a "evidente" fragmentación dos hábitats polos que pasa
Barreiros pide axuda á Xunta para dar auga á poboación que atraeu a explosión urbanística apoiada polo PP
A alcaldesa, Ana Ermida, do BNG, salienta que a vila pasa en verán de 3.000 a 12.000 habitantes e lembra a Rueda por carta que o propio Goberno galego propuxo hai unha década un investimento de 14 millóns que nunca se executou