O "esaxerado rigor" da Xunta por non tramitar un escrito que xa tiña no seu poder antes do prazo de presentación
Un cidadán que podía recorrer unha decisión no prazo dun mes "a partir do día seguinte" fíxoo na mesma xornada e a Xunta nin o tramitou, pero o TSXG di que foi un erro arranxable co simple paso do tempo e censura dar "o mesmo trato á persoa dilixente que á neglixente"
Un millón ao ano para depurar a auga dunha autovía de Fraga e que non mate a vida no Eume
A incompleta avaliación ambiental da autovía Ferrol-Vilalba realizada pola Xunta hai dúas décadas obriga desde aquela a constantes actuacións para evitar que o arrastre das terras con pirita que deixou ao aire faga demasiado ácida a auga do río
Rueda pide "facer moi pouca política" co 'caso Rubiales' e Louzán
O presidente da Xunta di que hai "poucas dúbidas" de que o presidente da federación galega, o popular Rafael Louzán, tamén pide agora a dimisión do presidente da federación estatal tras minimizar inicialmente o seu comportamento
O Tribunal Superior volve censurar as axudas ao emprego da Xunta, agora por mudar as bases dunha convocatoria xa en marcha
Un mes despois de fixar no DOG que tamén os empregos a tempo parcial se poderían beneficiar de axudas para transformar contratos temporais en indefinidos a Consellería de Emprego mudou os requisitos cunha "simple nota aclaratoria" á que o TSXG nega validez
- Documento Xogos de azar
- Economía
Empresas que permitiron xogo de azar a menores pediron á Xunta mudar a lei para multar á infancia e non a elas
Algunhas firmas foron multadas en varias ocasións na última década por esa infracción moi grave pero o Goberno galego sempre ditou a multa mínima, 18.001 euros, sen aplicar ao importe a agravante de reincidencia
Anatomía dos 18.000 millóns que a Xunta ten comprometidos goberne quen goberne
O Consello de Contas vén criticando que o uso de fórmulas de pago aprazado, empregadas de xeito recorrente polos gobernos de Feijóo, "xera incerteza canto á sustentabilidade das finanzas e traslada a carga dos investimentos presentes a xeracións futuras"
A demora do Sergas en pagar 2.335 facturas condénao a abonar medio millón de euros en xuros
A Xunta vén recibindo condenas similares por tardar en asumir as súas obrigas con provedores malia os discursos dos presidentes Feijóo e Rueda asegurando que Galicia paga en tempo e forma
Cuarta sentenza xudicial contra os intentos da Deputación de Ourense de pagar ao xornal La Región 2,7 millóns polo seu arquivo
O TSXG cualifica de "burda" e "anómala" a tramitación empregada polo ente provincial para insistir no seu obxectivo
Louzán centra as críticas en Galicia da mobilización contra o machismo no fútbol
O presidente da federación galega está pendente de que o Supremo revise a súa condena por prevaricación cando presidía a Deputación de Pontevedra, e se a fai firme deberá deixar a dirección do fútbol galego
A Xunta admite que tarda un ano en resolver os conflitos de transporte entre empresas ou con particulares
O goberno galego, superado pola tramitación de 550 expedientes ao ano, subcontrata un servizo de apoio para as súas arbitraxes en materia de transportes
- Crónica Xerais 23X
- Política
Soutomaior como placebo, ou por que a Deputación de Pontevedra non é a Moncloa
Feijóo recupera oito anos despois o acto de inicio do curso político do PP no castelo pontevedrés grazas ao sistema de elección das deputacións e láiase de "os que tentan gañar perdendo e bloquear desde a derrota"
Feijóo relativiza o machismo de Rubiales e di que hai que falar "tamén" das reducións de condena pola lei do 'só si é si'
O líder do PP retomou o seu costume de condicionar reclamacións do feminismo a que "tamén" se teñan en conta cuestións que vén defendendo o seu partido