Portos de Galicia rebaixará taxas a Ence en Ribadeo ata 2024 e dragará todos os anos para facilitar as súas operacións
Co argumento de que a empresa levaría a súa produción de Navia en tren ao porto de Xixón, en 2011 a Xunta decidiu perdoarlle impostos ata 2020, pero malia que se parou a liña férrea que o permitiría, o acordo foi renovado outros catro anos
A XXXIII Cimeira Ibérica remata sen comprometer prazos para o AVE Porto-Vigo
España e Portugal apostan polo potencial enerxético da costa atlántica con Viana do Castelo como sede dunha “Zona Franca Tecnolóxica de enerxías renovables oceánicas”
O impacto paisaxístico “crítico” e “irreversible” tomba o segundo parque eólico previsto na serra da Groba
A Xunta, que declarara o proxecto como prioritario, rexéitao agora, mes e medio despois de facer o mesmo cunha primeira instalación que tamén tiña impacto ecolóxico
O parque acuático para Ourense que Feijóo prometeu en 2016 volve demorarse e non abrirá por completo ata nove anos despois
Hai un ano a Xunta prometeu abrir neste pasado verán a primeira fase de actuacións nas piscinas xa existentes en Monterrei, pero só está executado o 26% e agora Rueda vén de anunciar que contratará outra empresa
O PPdeG defende que baixa impostos aos bingos porque están "en franco declive" e "a piques de desaparecer"
O portavoz parlamentario nega que sexa contraditorio impulsar unha nova lei do xogo que a Xunta presenta como máis restritiva e ao tempo axudar fiscalmente aos bingos
A UE leva á xustiza a contaminación por nitratos en Galicia e a Xunta di agora que afecta ao 10% da terra agraria
A Comisión Europea fai oficial a súa denuncia contra España por incumprir a directiva que desde 1991 obriga a delimitar as zonas vulnerables, ningunha aínda en Galicia, mentres o Goberno galego estima en 60.000 as hectáreas afectadas
Tres meses sen cobrar a pensión de 421 euros por mudar de banco para evitar comisións
A Valedora do Pobo reclama á Xunta “mecanismos para evitar demoras no cobro” a quen mude de entidade bancaria e lembra que “a exclusión financeira é un dos problemas que sofren as persoas de economías precarias”
A policía certifica no xuízo de Angrois unha das tres atenuantes que poden beneficiar o maquinista: confesou decontado
O avogado do condutor confía en demostrar que a súa falta de actuación por despiste non ten relevancia penal, pero en caso de condena o seu comportamento, moi diferente do outro acusado, pode rebaixarlle a pena
A Xunta é condenada a indemnizar un traballador temporal ao que negou a excedencia tras perder dous preitos contra el
O Tribunal Superior ratifica que o Goberno galego vulnerou os seus dereitos fundamentais e lembra que o persoal temporal “ten iguais dereitos” que o fixo
"Aumentouse a velocidade en toda España sen aumentar a sinalización", di o maquinista que alertou do risco de Angrois
O formador de condutores lembra que a resposta que obtivo á súa advertencia foi que a falta de sinalización da curva do accidente “estaba amparada normativamente”, e salienta que despois do sinistro foi modificada esa normativa
"Calquera dos que pasamos por alí inventamos un punto para frear": un maquinista reitera a falta de sinalización da curva de Angrois
Un condutor que ía como pasaxeiro no Alvia lembra que a formación sobre a liña, na que cada maquinista decidía o seu propio punto de referencia para frear, a recibiron cun tren distinto máis lento e que requiría menos tempo para frear
O interventor cuxa chamada despistou o maquinista de Angrois di que a fixo porque "nese momento non tiña nada que facer"
Antonio Martín Marugán xustifica que ao chegar a Santiago tería outras tarefas, que a chamada era de traballo e o maquinista tiña que atendela, e que non recibiu ningunha instrución de como usar o teléfono corporativo