A Xunta detecta unha infracción cada tres viaxes de bus que inspecciona e abre un expediente cada dous días
O Goberno galego cifra en 2,35 millóns os servizos que prestan cada ano os buses da súa titularidade, pero no que vai de 2022 só inspeccionou 1.173 expedicións e agora vai realizar outras 2.100
O técnico de Adif que deseñou a sinalización de Angrois confirma que non atendeu a curvas senón só ás velocidades que lle indicaron
O autor da modificación do proxecto para que a liña Ourense-Santiago entrase en servizo en ancho ibérico e non internacional, o que derivou en reducións de seguridade, considera que a decisión foi “correcta”
Rueda xustifica coa igualdade de xénero que a Xunta impulse a ampliación da cidade deportiva do Celta iniciada de xeito ilegal
O proxecto, argumenta o presidente, permitirá trasladar os equipos masculinos ás novas instalacións propiedade do club en Mos e empregar os vellos campos municipais da Madroa para as seccións femininas
"Que cada pau aguante a súa vela": unha testemuña clave de Adif di que o risco de despiste do maquinista de Angrois debía avalialo Renfe
O máximo responsable de enxeñaría da empresa pública xestora das liñas exculpa o seu compañeiro responsable da seguridade acusado polo accidente ao mesmo nivel que o condutor
Cola de parques eólicos mariños á espera da ordenación estatal para o sector, apremada pola UE
Os cinco proxectos feitos públicos ata agora para Galicia superan xa o obxectivo de 3.000 MW dese tipo de enerxía en 2030 en todo o Estado, que ano e medio despois da data fixada por Bruxelas aínda non aprobou as zonas de instalación
BNG e PSdeG piden que os orzamentos da Xunta apoien a cidadanía necesitada e Rueda responsabiliza deles ao funcionariado
O presidente di que as críticas da oposición ás contas do seu Goberno afectan “a todos os que participaron na súa elaboración, con intención de servizo público”
"A seguridade reduciuse un millón de veces", din dous expertos no sistema de control da velocidade desconectado en Angrois
Ratifican no xuízo que se o ERTMS estivese activo no tren, aínda que nas vías rematase antes de Angrois, frearía o convoi se o maquinista non confirma que é consciente de que pasa a controlar por completo a velocidade, o que o podía recuperar do seu despiste. Un terceiro experto asegura que os fallos do ERTMS que levaron a Renfe a apagalo non afectaban á súa seguridade, pero descoñece por que a empresa pública tomou esa decisión en lugar doutras medidas provisionais que o manterían activo
A empresa que instalou a seguridade en Angrois "exportou" a Adif o risco de erro humano sen saber que sucedeu despois
Un técnico responsable da sinalización convencional ASFA que non puido evitar o exceso de velocidade e unha técnica do sistema ERTMS que estaba desconectado coinciden en que actuaron segundo o que lles encargou Adif
Tras as 214 praias, agora a por máis dun cento de parques sen fume
Unha década despois de que Baiona copiase unha iniciativa de Nova York para os seus areais e de que se estendese por toda Galicia hai cinco anos, o Sergas quere ampliala aos parques urbanos e vén de encargar xa carteis para poñelos a disposición dos concellos
Medio Ambiente tomba a plantación de eucaliptos de 543 hectáreas prevista en terreos de Endesa nas Pontes
O proxecto “non é compatible cos valores naturais da contorna”, saltaría a moratoria de novas plantacións en vigor ata 2026 e facilitaría “a expansión do fogo en caso de incendio”
O temor a represalias chega ao xuízo de Angrois: declaran dous ex-cargos de Fomento que denunciaron "medo" a falar no sector
O martes comparecen cinco técnicos, entre eles tres expertos que coincidiron en que non había motivos para reducir a seguridade e elevar o risco dun accidente
- Crónica
- Política
Feijóo e o "respecto" ao poder xudicial: dos delitos que "quedan sen probar" ás resolucións que coinciden co "sentir maioritario"
O líder do PP reclama independencia e rexeita presións á xustiza pero ten na súa traxectoria múltiples reproches máis ou menos velados e opinións sobre todo tipo de resolucións xudiciais