A Xustiza revela unha nova morte nas obras do AVE, cando menos 14 desde o inicio dos traballos
A Audiencia de Ourense ratifica o arquivo da investigación penal polo falecemento por electrocución en 2017 dun traballador no interior do túnel do Corno porque "non se puido determinar a causa concreta de tal electrocución”
A Xunta aluga unha ducia de coches de alta gama doce anos despois da campaña do PP contra o “luxo” de PSdeG e BNG
O Goberno galego ultima un ‘leasing’ de 4 millóns de euros en catro anos por 191 vehículos de distinto tipo, entre eles varios de representación fabricados en China
Feijóo dá por completada a Cidade da Cultura 20 anos e 350 millóns despois e aínda quedan obras pendentes
O presidente di que o remate do Edifición Fontán é “a culminación dun soño”, que mudou a respecto do que soñaron Fraga e Eisenmann
Un lobby bo para un país que non acaba de crerse
David Reinero
Unha “valoración errónea” dun “escenario absolutamente adverso” causou o accidente de hai un ano en Lobios no que morreron dous pilotos
A investigación oficial conclúe que a tripulación non calculou ben “a capacidade ascensional da aeronave" para saír do val no que entraran, con terreo escarpado, vento desfavorable e elevada carga de auga
A Xunta atribúe ás prioridades da sociedade que unha ex-alcaldesa do PP reciba 180.000 euros europeos para un negocio hoteleiro
O Goberno galego di que é o Grupo de Desenvolvemento Rural do que forma parte a ex-rexedora de Melide e diversas entidades sociais quen fixa os seus criterios e que a Xunta só supervisa que os proxectos seleccionados cumpren a normativa
- Obituario
- Política
Morre no seu despacho o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez
Home de confianza de Feijóo desde hai dúas décadas, alto cargo con Fraga e funcionario do corpo superior desde 1985, o Goberno galego despídeo como “un traballador público que sempre estivo ao servizo do pobo de Galicia”
O Banco Europeo de Investimento analiza unha reclamación galega contra os proxectos eólicos que financia a Endesa
O órgano financeiro da UE admitiu a trámite a queixa e estuda xa os intereses enfrontados sobre o impacto ambiental e social das actuacións que a enerxética quere acometer cun préstamo de 700 millóns de euros que lle concedeu
Alumeado, vehículos, rozas ou gastos de persoal: os destinos dunha década de impostos polo impacto da eólica
Todo tipo de actuacións xustificadas como “ambientais” son o destino dos 22 millóns de euros que a Xunta obtén do canon eólico, a metade do cal o reparte aos concellos, cuxa xestión ambiental é posta en dúbida polo Consello de Contas
O Parlamento pide descontos na AP-53, a única autoestrada sen eles e que o Estado non quería facer ata que a Xunta puxo cartos
A aposta dos gobernos de Fraga polo eixo Santiago-Ourense ten as contas públicas galegas hipotecadas en 450 millóns de euros pendentes de pagar durante as próximas décadas
Unha ducia de plataformas cidadás críticas co modelo eólico piden formar parte do clúster que impulsan a Xunta e o sector
As entidades salientan que a Unión Europea apoia a participación social e reclaman documentación sobre a iniciativa esgrimindo a lei de transparencia e un convenio internacional sobre información ambiental
Feijóo quéixase de que as manifestacións se achegan máis a el que a membros do Goberno de España
“Sorpréndeme a facilidade para determinadas manifestacións e a dificultade para outras, e soe coincidir con se hai representantes estatais ou non os hai”, di o presidente preguntado polos obstáculos ás protestas de varios colectivos ante o foro que se celebra na Toxa