O Constitucional rexeita o recurso da Xunta para que as concesións privadas de terreos públicos na costa duren máis de 75 anos
O tribunal desestima o recurso que presentou Feijóo e mantivo Rueda contra a lei estatal de cambio climático que o pasado ano restrinxiu o cómputo das prórrogas fronte ao desexo do PP de prolongar as ocupacións do litoral
- Documento Pola sanidade pública
- Política
A Xunta diagnostica ignorancia e "sobredemanda" da cidadanía na sanidade e aposta pola tecnoloxía e a xestión para mellorala
O Plan Estratéxico co que o Goberno galego pensa 2030 aposta no sanitario por mellorar a xestión para achegar a atención a cada doente e non fixa obxectivos de persoal senón de tempos, con reducións na especializada pero apenas na primaria
A Xunta cancela a axuda para alimentos que creou coa COVID mentres ve insuficientes as medidas de Sánchez contra a inflación
Rueda xustifica a supresión da denominada Tarxeta Básica de ata 300 euros mensuais por familia co argumento de que foi creada para unha “situación excepcional que agora mesmo non hai”
A ministra avanza "unha nova solución" para o desvío do tráfico na A-6 mentres o Parlamento reclama "celeridade" na reparación
PP, BNG e PSdeG apoian por unanimidade unha iniciativa dos populares na Cámara galega mentres no Congreso deputado do Bloque, Nestor Rego, vincula a construción da ponte coa corrupción e a titular de Transportes dille que se ten probas, vaia á Fiscalía
- Crónica
- Política
Rueda retoma a estratexia de Feijóo de culpar a Sánchez e o bipartito de hai 13 anos na súa terceira sesión de control
Pontón aféalle que non defenda os intereses de Galicia ante o Goberno de España e o PSdeG que non amplíe o persoal da sanidade e mellore as súas condicións
A Xunta rexeita un plan estatal para garantir o uso público da costa sen coñecer as actuacións que incluirá
A estratexia para a protección da costa fronte ao cambio climático que elabora o ministerio céntrase na erosión e a inundación, cun apartado sobre a ocupación do litoral aínda non definido máis alá de apostar por un “programa de revisión” das concesións
A Xunta advirte o Estado de efectos negativos de investir en turismo mentres Rueda nega risco de masificación en Galicia
Dous departamentos do Goberno galego alertan de posibles impactos sobre o patrimonio e espazos naturais nas súas alegacións a un programa de investimento de fondos europeos
Panxón amañece sen lixo: o 95% das 20 toneladas xeradas na noite de San Xoán foi depositado pola xente nos colectores
Fronte á imaxe de moitas praias de toda Galicia cheas de residuos tras unha noite de festa, en Nigrán a campaña para que cada persoa levase os seus desperdicios aos puntos habilitados permitiu que o areal quedase limpo ás nove da mañá
A Xunta autoriza dous parques eólicos fóra do seu plan para o sector co argumento de que aforrarán cartos a unha empresa
Tras rexeitar que o Goberno de España puidese tramitar parques á marxe dos emprazamentos previstos pola Xunta, agora o Goberno galego valida dous en Carballo e Tordoia que polo seu tamaño deben ser xestionados polo Estado
Inspeccións secretas certifican que a falta de puntualidade e de información son as principais eivas dos buses interurbanos da Xunta
A primeira memoria anual do novo sistema de transporte que o Goberno galego vén implantando desde 2016 indica que tamén para as persoas usuarias a falta de información é o principal problema e non identifica incidencias nos servizos escolares compartidos
Rueda publicita a FP "para situar o sector turístico e hostaleiro de Galicia como referente"
“A fonte de enerxía do sector turístico está aquí, nas vosas aulas”, di o presidente nunha visita a un centro de Formación Profesional na que tamén participaron representantes do sector turístico, segundo salienta o propio Goberno galego
Un dos funcionarios condenados no caso Retablo de corrupción con arte sacra pide o indulto para volver traballar nun museo
Tras facerse cunha casa reitoral que tentou vender por 680.000 euros, foi sentenciado a seis anos de inhabilitación dos que xa cumpriu cinco, e pide que lle perdoen o que resta, algo que rexeita a asociación de veciños prexudicada