O Tribunal Superior condena á Xunta por discriminar municipios que non se sumaron á súa iniciativa 'Concellos Emprendedores'
O Goberno galego primou en subvencións para formación de desempregados a concellos que facilitan a implantación de empresas, cuestións que o TSXG desvincula a instancias do Concello de Vigo. Agora a Xunta impulsa unha lei para amparar a súa actuación
Condenados catro gardas civís de Noia por abuso de autoridade sobre un compañeiro con insultos homófobos e vexacións
“Prefiro un fillo morto ou drogadicto que maricón”, “arriba España e morte aos maricóns” ou “a muller do posto” son expresións que segundo a sentenza dirixían ao axente, cuxo caso foi denunciado polo hospital de Santiago que o atendeu cunha crise de ansiedade
Varios departamentos da Xunta eluden responder do "grave dano ao erario" por considerar "spam" un aviso xudicial polo Gaiás
O Goberno galego non aclara se adoptou algunha medida nos seus servizos xurídicos ou informáticos para evitar que se volva obviar un correo interno, o que agora obriga a pagar un millón de euros por sobrecustos na Cidade da Cultura
Helicópteros, barcos, autobuses: a Xunta prorroga contratos e obstaculiza a entrada de novas empresas nos seus medios de transporte
O Consello de Contas e Competencia veñen advertindo contra unha práctica contraria ao libre mercado e habitual do Goberno galego en contratos e concesións de servizos de todo tipo pero especialmente reiterada na xestión de vehículos
A Xunta fixa en 2024 o remate do parque acuático prometido por Feijóo para Ourense nas eleccións de 2016
O Goberno galego comeza agora, máis de cinco anos despois da promesa electoral, a construción de catro tobogáns e deixa para seguintes anos o que denomina “río lento” e zonas “de adrenalina e multiaventura”
Feijóo lanza a súa cuarta lei para “impulsar o desenvolvemento empresarial”
O Goberno galego quere axilizar o solo empresarial e reducir trámites, obxectivos tamén de normas similares de 2013, 2017 e do pasado febreiro que agora corrixe ou di complementar
A pesca do noroeste peninsular únese en Burela contra a eólica mariña: "Non queremos ser zonas costeiras baleiradas"
Confrarías e organizacións de produtores desde Pontevedra a Guipúscoa salientan que as características do seu litoral difiren das do norte de Europa e decantan a balanza en favor da pesca fronte aos aeroxeradores
A Xunta dedica 20 millóns a un novo centro informático de datos que duplique por seguridade o que xa ten no Gaiás
Feijóo anuncia que comezará a funcionar en 2024 no polígono compostelán da Sionlla ante a imposibilidade de ampliar os sistemas de apoio que continuaban na sede central de San Caetano
Audasa bosquexa unha indemnización "significativamente superior" aos mil millóns se a UE cancela a prórroga que lle deu Aznar
A concesionaria da AP-9 tamén reclama outros 11,5 millóns adicionais aos 13,8 que recibirá pola rebaixa ilegal de Rande e A Barcala decidida polo Goberno de Rajoy en 2017
A Xunta prorroga o contrato de salvamento operado con helicópteros alugados que vendeu en 2012 por "obsoletos"
O presidente Feijóo defendeu a venda dos aparellos pola metade de prezo a que os mercara Fraga sete anos antes co argumento de que poderían obterse outros “máis modernos” en sucesivos concursos como o que agora desbota
A Xunta confirma que Feijóo e os conselleiros mudarán de coche oficial por vehículos DS, de alta gama
O Goberno galego pon o foco en que “a renovación do parque móbil afecta non só a altos cargos” e di que agora hai un 89% menos con “coche e condutor en exclusiva” que durante a coalición de PSdeG e BNG
Edificio de ciberseguridade, sotos de uso cultural, accesos: o que aínda falta no Gaiás, con 5,8 millóns en obras en 2022
Tras dar Feijóo por “completada” a Cidade da Cultura hai tres semanas os seus orzamentos prevén un novo edificio de 1.500 metros cadrados e diversos traballos de construción cando menos ata 2024