- Perfil A Xunta de Rueda
- Política
Alfonso Rueda: de fillo e afiliado a presidente da Xunta
Nacido hai 53 anos nunha familia implicada con AP e formado nas Novas Xeracións, entrou na política institucional con Xesús Palmou, ao que sucedeu como número 2 do PP e home de confianza de Feijóo, do que o diferencia o seu trato persoal malia a súa imaxe de home duro do partido
Alfonso Rueda será o novo presidente da Xunta e do PPdeG tras ceder o coruñés Diego Calvo e sumarse a Ourense e Lugo
O presidente do PP da Coruña di agora que Rueda "é a persoa idónea para asumir a presidencia da Xunta e do partido" tras ser o último barón en respaldalo como novo líder no goberno e no partido nunha xeira que iniciou e decantou Baltar
16 anos despois outro Baltar volve decantar a presidencia do PPdeG e ratifica a da Xunta para Alfonso Rueda
O actual vicepresidente xa era o mellor situado para suceder a Feijóo á fronte do Goberno galego, pero a aposta do ourensán por un congreso no partido que evite bicefalias amplía a súa marxe de manobra, á espera de coñecer que cede a cambio aos baróns provinciais
- Gráficos
- Acontece
A chegada de peregrinos no comezo de 2022 volve ser como a do último ano antes da pandemia
Nos últimos seis meses as cifras foron aproximándose ás de anos anteriores e abril, cando habitualmente se disparan coa Semana Santa e a melloría do tempo, permitirá comprobar se volve a normalidade tamén ao Camiño
Baltar apoia a Rueda tamén como presidente do PPdeG
O líder ourensán, que nun ano volve ter en xogo a Deputación de Ourense, volve significarse cunha entrevista na que di preferir que non haxa bicefalias no partido e na Xunta e reclama aos seus compañeiros de formación que lancen unha “mensaxe de unidade” arredor de Rueda
"Unha xustiza lenta non é xustiza", din vítimas de Angrois, que lembran as persoas que faleceron antes de chegar a xuízo
“Esta demora non é casual, as diferentes institucións do Estado son as responsables”, di a plataforma de afectados tras coñecer que o xuízo rematará dez anos despois do accidente
A Xunta é condenada por tardar dous anos en resolver o acoso laboral que sufriu un traballador
O Tribunal Superior censura a “demora especialmente relevante” de Medio Rural malia os “indicios razoables de existencia de violencia no traballo” e obrígaa a indemnizar o afectado
O xuízo de Angrois comezará máis de nove anos despois do accidente e prevese que dure preto dun ano
O 20 de setembro está previsto que comecen as sesións, coas cuestións previas e as declaracións dos dous acusados, o maquinista e un ex-directivo de Adif, e a sentenza non chegará ata unha década despois do sinistro
- Documento O foco na transparencia
- Política
A Xunta non puido xustificar ante a xustiza por que acabou en 'spam' o correo que a fixo perder 293.000 euros nun preito
Os servizos informáticos fixeron un informe que se limita a dicir que “foi dirixido de forma automática” á carpeta de correo non desexado, sen indicar que se rexistrase ningún erro, e o tribunal respondeu que estaba na súa man configurar mellor o sistema
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
As novas boinas e birretes: Baltar e Calvo reclaman protagonismo nunha sucesión de Feijóo cos focos sobre Rueda
O líder ourensán foi a principal voz discordante no PPdeG na última década, pero o descabezamento do partido provocado pola marcha de Feijóo está a provocar movementos que lembran ás loitas hai dúas décadas
Feijóo admite que aínda non falou con algún dos catro presidentes provinciais do PPdeG sobre a súa sucesión
O líder popular di sobre a terceira condena do PP por corrupción no caso Gürtel que “son feitos de hai 20 anos” de “persoas que actuaban de forma paralegal”
Feijóo leva a Sánchez ao Constitucional para que as herdanzas en vida en Galicia paguen menos impostos
Hai dous anos a Xunta elevou de 400.000 a un millón o límite polo que non tributa unha herdanza, o que beneficiou a menos do 1% da poboación máis rica, e agora rexeita unha lei estatal que fai tributar máis se unha propiedade herdada en vida é vendida antes de cinco anos