BNG e PSdeG urxen a Rueda solucións para Galicia ante un Feijóo xa en Madrid "que segue cobrando dos galegos"
Ana Pontón cualifica os 13 anos do popular á fronte da Xunta como “o goberno do non” aos intereses de Galicia, e Valentín González Formoso considera que “renunciou a todo aquelo que puidera supor un conflito”
A Xunta admite que aínda non corrixiu todas as eivas do psiquiátrico de Conxo que lle vén indicando o Defensor del Pueblo desde 2017
A Consellería de Sanidade evita agora comprometerse no Parlamento á auditoría externa do psiquiátrico de Conxo que esixiu ata o PP e que mudou por unha inspección interna que aínda así seguiu detectando eivas
Feijóo culmina en Vigo, a cidade que máis se lle resistiu, a súa xira de despedida da Xunta con promesas que xa non executará el
O aínda presidente, que segue sen concretar a súa marcha máis alá de que será en maio, tres meses despois de iniciarse a crise no PP, celebrou neste tempo reunións do seu Goberno nas principais cidades, nas que publicitou actuacións non aprobadas formalmente neses consellos
De monte con "interese natural" a "parcelas lucrativas": os feitos consumados da Xunta impóñense a unha sentenza do Supremo
A Consellería de Medio Ambiente “autoriza o inicio dos traballos” para volver incluír na Plataforma Loxística Salvaterra - As Neves (Plisan), o maior polígono de Galicia, un millón de metros cadrados que o alto tribunal obrigara a deixar fóra por unhas características naturais xa arrasadas pola propia Xunta
A Audiencia confirma o arquivo do accidente de tren do Porriño, que quedará como “exceso de velocidade do maquinista falecido”
Tras o sinistro no que morreron catro persoas, entre elas o condutor, Adif mellorou en toda a rede ferroviaria o dispositivo de sinalización a outro co que a instrutora do caso admitiu que “a gravidade do accidente sería menor”
A rebaixa de taxas á pesca que anunciou Feijóo hai un mes segue en trámite mentres o Estado xa a ten en vigor polo triplo de tempo
O 17 de marzo o aínda presidente anunciou unha subvención para compensar un mínimo de dous meses as taxas que cobra Portos de Galicia, que as paralizou á espera de concretar a medida, mentres o Goberno central xa eximiu o pago nos seus portos desde hai 20 días e durante 6 meses
Os catro días grandes de Semana Santa rexistraron un terzo dos peregrinos do que vai de ano
Só entre o xoves e o domingo emitíronse unhas 9.000 compostelas das arredor de 29.000 deste ano, cifra que a Xunta contrasta coas 20.000 rexistradas a esta altura tanto en 2019 como no Xacobeo de 2010
O PPdeG inicia o formalismo para que Rueda suceda a Feijóo no partido, decisión á que supeditou a remuda na Xunta
Dous meses despois de que Feijóo avivase a crise entre e Casado e Ayuso que lle deu a presidencia do PP a xunta directiva dos populares galegos pon data ao congreso extraordinario que ratificará o acordo dos baróns provinciais para liderar o PPdeG e a Xunta
Feijóo fai 13 anos no “traballo máis honroso ao que un galego pode aspirar”, que vai deixar en data aínda indefinida
O 18 de abril de 2009 o aínda presidente xuraba o cargo disposto a reformar o Estatuto, co obxectivo de converxer en renda co resto do Estado e cunha cita de Cunqueiro: “No tocante ao que unha patria pide aos seus, ou se é ou non se é. Eu quero ser”
De 10 concellos a 32 países en 25 anos: o Fondo Galego de Cooperación celebra o seu aniversario tras 170 proxectos en todo o mundo
A entidade na que se pon en común a cooperación municipalista agrupa hoxe cen concellos e tres deputacións
- Reportaxe
- Acontece
Areas, estradas, pandemia, avarías e agora peregrinos: o declive sen fin do último transbordador do Miño
A Xunta impulsa un barco eléctrico de 12 pasaxeiros orientado ao Camiño Portugués da Costa ante a indefinición de reparacións pendentes no embarcadoiro da súa propiedade e da rendibilidade do ‘ferryboat’ propiedade de Caminha
A TVG encarga un estudo sobre o grao de cumprimento da súa misión de servizo público
A corporación quere medir mensualmente “como a sociedade galega percibe de xeito positivo ou negativo o valor social da TVG, así como a influencia da súa mensaxe”